- Antes de nada pedir desculpas polos faios ocorridos nesta xornada de estrea das novas competicións. Agardamos corrixilos nas datas vindeiras e causar osmínimos problemas. Contamos coa vosa colaboración e sinceridade para mellorar e facer máis cómodo o viaxe pola web.
Primeira xornada do éxodo migratorio de eltiempoentuojete e semella que todo continúa como rematara as anteriores competicións. A primeira xornada meteorolóxica en Ontario (Canadá) comeza cos dous mellores clasificados na Inverneira copando os lugares de honra na xeral do certame de Primaveira. A xornada inaugural da V OjeteQuake (a Liga dos Terremotos) volve a ver coma líder a un dos aventaxados nesta competición con moito por diante e a facilidade de trocos neste tipo de liga.
A xornada en Thunder Bay comezou cunha madrugada fría na que se acadou a temperatura mínima de -4º C. A máxima chegou no mediodía ata os 5º C. A chuvia non apareceu ata despois do remate da etapa, polo que o marcador quedou a 0. Os refachos de vento aumentaron despois da sobremesa e recolléuse o dato máximo en 41 km/h.
Beocha mallou as temperaturas e a pluviosidade, quedando a un só kilómetro do pleno en Thunder Bay. O que fixo pleno en vento foi Verducido, o que lle permitiu contrarrestar o punto perdido en temperatura e igualar con Beocha a 59 puntazos.
58 puntos acadaron Michi e Oscar, clásicos das inauguracións. Reparten o podio e, coma sempre, postúlanse coma aspirantes ó título.
Con 57 puntos atopamos un grupo ilustre, con xente que xa ven forte dende a competición en Galicia. Kaltxon, Julio, Sarabia, Víbora e Botikas seguen na liña amosada no final da Inverneira e colócanse a tiro de pedra da cachola da clasificación xeral.
Éstes son o 9 mellores clasificados na xornada inaugural en Ontario, Canadá. Se queres coñecer tódolos detalles do acontecido en Thunder Bay, pica no enlace embaixo exposto.
E na presentación da Liga dos Terremotos, a primeira xornada deixou un sismo de grao medio, 5,4 Mg. nunha zona con moitas apostas acubilladas, o sureste asiático. A mellor por cercanía foi a de Popolo, pero pasóuse de freada na magnitude. Lume presentóu a mellor combinación de distancia e magnitude e lava a primeira etapa nesta edición. Marius, Balboa, Xowi, Iago, Kaltxon, Belenchis, Oscar, Jose Lopez e Compoñente Sur están separados por 15 míseros puntos. Son o Top-10 na xeral.
Se queres indagar nos resultados extraidos da 1º etapa da V OjeteQuake (2022) preme o botón situado embaixo deste texto.
- No que atingue ó plano persoal, eltiempoentuojete despide a Ocandepavlov con grande pena e cariño. Formarás parte de nós para sempre. Boa viaxe Goyo.