Seica nestes dous últimos anos o outono volta ofrecer a cara máis coñecida do país galego. Chuvia e vento achegados polas borrascas que surcan o Océano Atlántico fan das xornadas de eltiempoentuojete unha incógnita constante neste inicio de tempada.
Landrán foi o máis acertado en Cequeliños con 54 pts., axustando a chuvia ó límite e perdendo 3 puntos en cadanseu parámetro. Un derradeiro litro déulle a vitoria por diante de Xowi.
Xowi, con 53, achégase ó Top-10 compartindo posición con Botikas, tamén no segundo caixón do podio. Budainca sitúase pouco por tras de Xowi, e, na mesma zona atopamos ó novato, Modesto, recuperando o terreo perdido no inicio da competición.
A seguir a este grupo están Verducido, que conserva o liderato con 2 puntos de adianto, e Kaltxón, que trata de sair do pozo do purín. Acadaron os 52 pts.
Con marca e 51 está Michi e Punteiro, metidos na loita interna do Top-10. Marius sube con obxetivo no Top-10 e M. B. Juaquín demostra que cando se chega sen retraso o resultado é mellor.
Con 50, Beocha comparte agora a segunda praza da xeral. Oscar tamén mellora, pero moi afundido no esterco.
Estes 13 nombrad@s son os únicos que acadaron os 50 puntos nunha xornada moi compricada, pero que non afecta en demasía á clasificación xeral.
Na zona séptica afogaron Mingos e Kalandrakas, perdendo posicións importantes, Denodeno simplemente botou máis chumbo no lastre e semella cómodo fondeado na piscina do xurro. Un saudo agarimoso para Mutombo, que marchou de farra con Jean Reno, facendo cine no sur do noso país. Vaia excusa… a ver se apañas un Goya!!
Para acceder a toda a información correspondente a Cequeliños, 7ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete, pica no botón embaixo estas liñas.