Nova xornada baixo a influencia das borrascas formadas no Atlántico. Para nós, reflíctese nunha nova etapa sobre mollado na VII Liga da Inverneira. Agora recordo as prediccións que para Galicia dedicou a axencia estatal de meteoroloxía, Aemet. Eiquí deixo un enlace a La Voz de Galicia onde se recollen estas declaracións: “Galicia tendrá un otoño cálido y seco”.
Para os competidores na porra meteorolóxica de eltiempoentuojete significa un novo domingo de emoción ata o derradeiro minuto. Desta vez na comarca da Paradanta, tanto as nosas prediccións coma os das axencias PRO indican tempo revolto, con chuvia, vento e pouca amplitude térmica. Outra ocasión para reivindicarse e tratar de escalar na clasificación xeral.
Nas apostas sobre temperatura máxima, os valores van dende os 13 ata os 17º C. As mínimas, entre os 9 e os 15º C. No que atingue á chuvia, as apostas están entre os 6 e os 24 litros, cunha única e arriscada aposta sobre seco. Os refachos de vento oscilan entre os 15 e os 74 km/h.
Deste xeito agardamos unha axustada e emocionante competición, que comezaremos a emitir ao vivo dende as 02:00 h. da madrugada do domingo e que podes seguir dende este enlace ao vivo.