Pechando a Inverneira

Esta semana está adicada ó peche da VIII Liga da Inverneira. Este primeiro post presenta as estadísticas resultado da competición máis longa das ofrecidas por eltiempoentuojete. De momento as estadísticas expostas se refiren ó Caporal de Marzo, os mellores e os piores xogadores neste derradeiro mes de competición. E tamén exhibimos os datos espremidos da segunda parte da liga, a correspondente á estación de inverno. O título de Mariscal de Inverno xa ten dono. Xa podes consultar os dous informes picando nos enlaces correspondentes baixo estas letras.

No fin de semana temos prevista a publicación da estadística xeral da VIII Liga da Inverneira, completando o peche definitivo do certame.

Quizáis ainda non sabedes onde serán as próximas competicións meteorolóxicas de eltiempoentuojete. Podemos adiantar que a IX Liga de Primaveira váise desputar no Canadá, no territorio de Ontario, na contorna dos Grandes Lagos do Norte de América. Os detalles desta nova competición verán a luz entre o domingo e o luns. E case temos pechada a negociación para xogar o IX Torneo de Vran na zona noreste da India, un dos lugares máis húmidos do planeta, a desputar en pleno monzón.

E por suposto, seguro que hai xente agardando pola nova edición da Liga dos Terremotos, nesta ocasión coa presentación da V OjeteQuake World Globe, que coincidirá no tempo coas competicións meteorolóxicas de primaveira e vran do 2022. O luns será con probabilidade a data de descubrimento desta nova competición sísmica.

Non perdades fío nestas próximas datas, pois os acontecimentos han de ir sobrepoñéndose no remate dunha competición ás novas citas meteorolóxicas e sísmicas de eltiempoentuojete.

  • Coma sempre, precisamos de tí para seguir a facer historia (da maneira que sexa).

Saudos e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *