Somentes lle quedan 2 xornadas á tempada 2021-22 e unha delas despútase esta semana, coas semifinais da 3ª rolda da Ojete’s Cup 2022, localizada na costa oeste da India, ó carón dos Western Ghats. Os profesionais da predicción sinalan chuvia ó longo de todo o día, con cantidades altas, temperaturas con pouca oscilación térmica. Imos ver o que os meteoludópatas amateurs de eltiempoentuojete opinan sobre o tema e cales son os datos clave nos seus enfrontamentos.
As temperaturas máximas oscilan entre os 27 e os 34º C. Menos variedade atopamos nas temperaturas mínimas, con valores de 24 e 25º C. e unha aposta illada de 27º C. As cantidades de auga agardadas van dende os 12 ós 16 litros na sua maioría, unha aposta á alza de 24 litros, 2 apostas baixas de 5 e 7 litros e unha aposta con seca absoluta. Os refachos de vento marcan valores dende os 18 ata os 40 km/h.
A primeira semifinal para o título enfronta ó cacheira número 1, Landrán, con Xowi. As diferenzas están na pluviosidade, con 5 litros de Landrán que fan tremer ó resto de apostantes pola sua puntería neste parámetro na India. Xowi pide chuvia a moreas.
A outra semifinal semella moi parella, con Popolo e Verducido con poucas diferenzas, sendo a chuvia e o refacho sensiblemente maior no marcador de Popolo. Resultado incerto pase o que pase.
Punteiro e Mina xogan polo 5º posto. Os datos de Mina son semellantes á segunda semifinal. Punteiro apostou no OjeteQuake e parece que esqueceu a Ojete’s Cup. Agardaremos por él ata as 18:00 de hoxe. Eso sí, con penalización.
Beocha e Modesto apenas meten un fío entre ás suas apostas. Temperaturas afíns, dous litros e dous kilómetros os separan e serán determinantes para o resultado final.
Buscando praza para a final B, Botikas e Lume tamén teñen poucas diferenzas. 1 grado en temperaturas, dous litros en chuvia e 6 km/h. serán os factores para a competencia.
Kaltxon e Marius teñen parámetros similares para as temperaturas e o vento, pero grandes diferenzas no que atingue á pluviosidade. Pode que Marius esté máis tranquilo despois de ver a aposta de Landrán, gran gurú da chuvia na India.
Por evitar a vergoña pelexan Sarabia e Compoñente Sur, con pequenas disparidades en temperatura e chuvia e un máis foldado refacho de vento, que podería decidir a contenda.
Michi e Bar Pequeno tamén buscan a sua primeira vitoria nesta edición da Ojete’s Cup. Pode ser a batalla máis aberta, ainda tendo similar refacho. As apostas en temperatura e auga semellan de lugares distintos. Destaca a aposta á seca de Bar Pequeno.
Se queres estar informado do que aconteza na estación de Madgaon, en Goa, podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 03:00 horas desta madrugada (pode ser que chegue tarde).
Penúltima xornada tamén na OjeteQuake 2022. Cos marcadores moi apertados, esta semana volven amorearse as apostas no este de Asia, dende o noreste de Rusia e as illas Aleuterias ata as estribacións das Illas Salomón. Fora dese ámbito atopamos epicentros no Golfo de Bengala, norte de Chile, nas Illas Georgias e Sandwich, Sudáfrica e no Atlántico na latitude de Angola, na fronteira de Irak con Turquía e incluso un sismo localizado en Galicia. A magnitude máxima apostada é de 6,8 Mg.
A xornada sísmica tamén a podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 03:00 horas desta madrugada (según mercado).