O regreso da chuvia non colleu desprevidos @s meteoludópatas de eltiempoentuojete na súa parada e fonda en A Gándara, no concello de Vimianzo. Ata 8 participantes mallaron a cantidade de auga recollida: 9 litros. Denantes, na madrugada, a temperatura mínima non baixou dos 7º C., A máxima chegou ata os 11º C. no mediodía, un valor dentro da maioría das apostas. Pouco despóis de marcar a temperatura máxima rexistróuse o refacho máximo do día, con 57 km/h., cifras dentro do agardado polas prediccións.
De todas estas circunstancias asoma a cacheira un antigo vencedor da Liga da Inverneira. Víbora acadou 59 puntazos para unha etapa sobre mollado. Afitou a temperatura e a chuvia, somentes deixou un punto no refacho de vento. Entra no Top-10 compartindo posición para o asalto ao grupo principal.
Julio achegou 58 puntos, perdendo un deles na temperatura mínima e outro no refacho, parámetro que segue a dominar con destreza. Sitúase ás portas do Top-10 cando estamos a piques de comezar as xornadas de montaña, moi ventosas noutras ocasións.
57 puntos engaden Alucarda e Juanito Caminante. O líder volve demostrar que a chuvia é o seu mellor escenario, onde se desenvolve coma troita na poza. Rouba 5 puntos á segunda praza e somentes o gañador de etapa restóulle algún punto no Top-10. Semella que vai pasar o que resta de Liga no santuario da Virxe da Cova. Alucarda tamén desprende confianza no tempo húmido. Volta á 4ª praza compartida e a tiro de pedra dos adiantados.
Con 56 puntos atopamos a Nanuq, Beocha, Botikas, Modesto e Aki, tod@s inmersos en loitas no Top-10. Semella que calqueira pode optar ó título se continúan nesta xeira de resultados. Kaltxon, Landrán e Budainca acadan a mesma cifra pero, máis aló do posto 30, teñen moito por mellorar.
Juanito Caminante segue no liderato, con 9 puntos sobre Xowi, que ten 3 máis que Nanuq e 4 máis que Alucarda, Beocha e Verducido. A seguir e moi de preto, Botikas e Modesto. Pelexando polo Top-10, compartindo puntuación, Sarabia, Víbora e Aki pechan os 11 mellores da Clasificación xeral.
Se queres coñecer todo o acontecido na 10ª etapa da Liga da Inverneira, en A Gándara, pica no enlace embaixo exposto.
- Nos próximos días publicaremos as estadísticas relativas ó mes de novembro