Rematando o 2020

Xa estamos a rematar o ano 2020 e en eltiempoetuojete aproveitamos para recordar que o día de nadal, o 25 de decembro temos aposta. Recordámolo porque as festas, ainda que en modo COVID van ser menos festas, os efectos dos “dulces” fan que a cachola perda o norte con facilidade. Recorda facer a tua aposta. Non é a primeira vez que incluso a organización esquece enviar a mensaxe de aviso. Por iso, e por máis, cabeciña.

Por outra banda, a petición de vari@s meteoludópatas, creouse unha páxina que acolle todas as clasificacións xerais por xornada. Podes examinar a tua evolución na Liga, ou a de calqueira outr@ participante. Para atopala, navega ao menú de Resultados VII Liga da Inverneira.

Estreamos tamén un artigo en galego sobre unha persoaxe polémica de principios do século XX, Charles Fort é o responsable principal de que Canal de Historia emita programas coma “Alienígenas” e similares. Precursor de Jiménez de Oso e Chicho Ibáñez Serrador, presentou en 1919 o “Libro de los Condenados”. Un listado con centos de informes sobre chuvias estranas de todo tipo. Inclúe lúas de varios cores, fenómenos atmosféricos sen explicación ou caidas de meteoritos. Pero o mellor é a sua maneira de criticar os grandes cerebros da época, cunha elocuencia irónica que te vai facer rir a cachón. Non che conto máis porque o artigo adxunta un enlace ó libro en castelán. Sen medo, que ten status de Dominio Público. Recorda que está escrito en 1919 e as ciencias non estaban tan adiantadas coma hoxe en día. Ainda así, letura altamente recomendable. Pica na foto…

E coma remate, unha alarma social de tódalas festas de Nadal, da que nos facemos eco dende eltiempoentuojete. Evita a estes perigosos suxeitos e desfruta dunhas celebracións sen sobresaltos.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *