Remate imprevisto

Preciosa e moi emocionante xornada en Ventosa para despedir un outono do que non nos podemos queixar. E grande resposta da maioría d@s meteoludópatas apostantes, por riba dos 50 puntos e con poucas diferenzas en xeral.

O primeiro parámetro que quedou fondeado foi o da temperatura mínima, que na madrugada do domingo chegou a baixar ata os 6º C. (5.6, preto do 5). Cara o mediodía acadábanse 10.2º C. e comezaba a baixar. Semellaba definitiva. Tamén nese horario o refacho acadaba os 40 km/h., ainda que se agardaba un incremento cara a noitiña. Pero a sorpresa dóunola a chuvia, que pouco despóis das 5 da tarde facía unha aparición que as prediccións non contemplaban ata a noitiña. Ás 11 marcaba 3 litros e deixaba de chover. Pero o asombroso estaba por chegar cando na derradeira medición da estación meteorolóxica o refacho alcanzou os 49 km/h. definitivos. E por riba, a temperatura máxima toleaba ó superar o limiar dos 10.5º C. e redondear a 11º C.

Este final de xornada apaixoante deixou coma gañador en soidade a Iru con 57 puntos, que ainda que non o saca da poza, permite escribir o seu nome coma gañador nesta edición. Por tras con 56 está Beocha, que mantén a terceira praza, resta un punto cos de enriba e engade 7 puntos ó seu persecutor máis cercano. Tamén con 56, Mina empata no derradeiro lugar do Top-10.

Un punto por baixo, 55 atopamos ós líderes, Botikas e Verducido, beneficiados polos trocos do final do día. Marius, Balboa e Víbora manteñen o Top-10 e achéganse ás prazas de honor. Oscar comparte puntos pero segue a afogar na fosa sética. Estes son os 9 primeiros en Ventosa. O Top-10 comprétano ata 8 meteoludópatas, e iso é moito citar…

Na cachola da clasificación todo segue igual, ainda que o trio do podio volta a coller puntos ós persecutores. Algún deles seica xogou “pexado“, coma os cabalos, no caso de Nanuq, cunha mala predicción xeral que o enviou ata o posto 13 e Julio, que perdía 5 puntos somentes no vento. De único “acosador” a xefe de grupo de caza con Punteiro e Xowi. Michi lidera o grupo que loita por achegarse o grupo de Julio.

Para afondar nos resultados deixados nesta derradeira xornada de outono, pica no enlace a Ventosa, embaixo este texto.

Esta semana deixamos o outono, entramos no Nadal e presentaremos algunha novidade, ademáis de despedir este ano coma se merece. Que vaia tomar polo cú…

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *