Semella que non atinamos cando escollemos New South Wales para celebrar a VII Liga de Primaveira. Ainda que chove, non o fai no día de autos, o domingo. Nesta ocasión probamos o interior de Illawarra, a preto de 700 m. de altitude, pero non temos sorte… Se o soubera de antemán, QUEDABA NA CASA…
Pero iso quere dicir que imos ter outra xornada de infarto, con puntuacións moi semellantes, onde cada punto pode valer varias posición na távoa xeral.
As apostas de temperatura van dende os 9 ata os 16º C., cun pico en 18º. As mínimas están entre 1 e 5º C., con picos entre 7 e 10. As apostas de auga están valeiras e o vento móvese entre os 23 e os 64 km/h.
Moi emocionante xornada que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 16:30 de hoxe mesmo.