Estamos na hora de seleccionar ós 4 mellores xogadores en Belice. Semella que, a diferenza da 1ª xornada, as apostas están moito máis apertadas, sobre todo no parámetro da pluviosidade.
Bar Pequeno e Compoñente Sur marcan distancias no refacho e un pouco na temperatura mínima, con auga case semellante.
Oscar e Michi difiren pouco en tódolos parámetros. Decidirá a temperatura mínima, con refacho e auga na mesma onda.
As apostas de Beocha e Jose Lopez son case idénticas. Pode decidir os 2 litros de discrepancia en auga.
Breogan77 e Marius marcan diferenzas nas temperaturas, pero co resto dos parámetros moi similares.
Pola banda dos perdedores en 1ª rolda, Botikas e Alucarda comparten criterio na temperatura e na auga. Poden marcar distancias no refacho.
Víbora e Xowi alonxan o seu camiño na auga e no refacho, decisivos neste enfrontamento.
Julio e Lukas igualan na pluviosidade, pero no resto marcan grandes diferenzas. A penalización de Lukas pode ser definitiva.
No enfrontamento Verducido-Iago ainda agardamos por Iago que, de apostar antes das 18:00 horas, xogará penalizado.
Moi moi apertada esta segunda rolda, que podes seguir ao vivo dende eiquí, a partires das 08:00 da madrugada do domingo.
No tocante á OjeteQuake, a metade das apostas están no lugar de sempre, entre Indonesia e Filipinas. O resto, bastante espallado, ubícanse cara o Océano Pacífico, en Fiji e Xapón, con Canadá, Chile e México na banda americana. 2 apostas no Golfo de Bengala, con China e Mongolia en Asia continental. Tamén unha aposta en África, entre Mozambique e Madagascar.
Polo tanto, xornada con grandes oportunidades en moitos lugares do globo. Podes seguir a 8ª xornada da OjeteQuake dende eiqui, a partires das 02:00 horas da madrugada.