A xornada de Yamba semella non ter esperanzas de ver a chuvia. Pode ser outra desas etapas con posibilidade de ascenso directo o Olimpo meteorolóxico por medio dun Pleno. A posibilidade é real conforme ás prediccións de vento baixo, carencia de auga e temperaturas estables,
Polo tanto temos ante nós unha xornada moi competida onde as apostas son moi semellantes, con opcións reais de vitoria.
As apostas de temperatura máxima oscilan entre os 24 e os 29º C. As mínimas, dende 14 ata 20º C. A pluviosidade é unánime en 0 litros e os refachos de vento van dende 12 ata os 44 km/h. Moita semellanza en xeral que permitirá unha dura loita ata o derradeiro minuto (e máis alá, ata a confirmación).
Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 16:30 horas de hoxe.