Sen trocos decisivos

Tendo por diante unha xornada meteorolóxica coma a de Windsor, semellaba que non sería doado acadar unha vitoria en soidade. E tampouco é normal que nunha xornada da Liga dos Terremotos se comparta o trunfo. Sen embargo, iso foi o que ocorreu. Gañadora única en Windsor e trio de vencedores na OjeteQuake 2022.

A xornada meteo en Windsor comezou marcando unha temperatura mínima de 4º C., valor que somentes 2 xogadores apostaron o venres. A temperatura máxima tamén acadou cifras que ninguén augurou no día de aposta, chegando ata os 18º C. no mediodía. A chuvia non fixo aparición e o refacho de vento marcou 32 km/h. Este derradeiro dato de refacho non se reflexou no histórico diario, polo que tivemos que extraelo do acontecido na etapa ao vivo.

Con estes valores temos unha gañadora que estrea o seu marcador de vitorias na sua primeira tempada de competición. Belenchis sumou 56 puntazos, deixando dous puntos na temperatura e outros dous no refacho de vento. Gran puntuación que pode remedar un chisco a xornada perdida que ten ao lombo. Navega máis aló do posto 30.

Ata 6 participantes acadaron a segunda mellor marca da xornada. 55 puntos para Verducido, Sarabia, Michi, Oscar, Mina e Budainca, con diferentes zonas de flotación dentro da clasificación xeral.

54 puntos acadaron 7 meteoludópatas. Botikas, Víbora, Lukas, Breogán77, Balboa, Lume e Iru. Tamén este grupo circula espallado na xeral.

Se queres coñecer o acontecido na 5ª etapa da Liga de Primaveira en Ontario, pica no enlace que ofertamos baixo este párrafo.

Na 5ª etapa da OjeteQuake 2022 tivemos unha xornada de igualadas. Tivemos que decidir entre dous sismos de igual intensidade, 5,5 Mg. O primeiro producíuse na Illas Virxes Americanas e deixaba a vitoria sobre Oscar. O segundo, xa no final da xornada, producíuse en Tobelo, Indonesia, emplazamento clásico con alta sismicidade. Segundo o Regulamento Sísmico o escollido é o que máis preto se atope de calqueira competidor. E ese foi o de Indonesia, e a marca definíuna Sarabia, que tivo que compartir o trunfo co líder Kaltxon e con Balboa, que entra no Top-5. Este sismo producíuse nun lugar con moitas apostas acumuladas, polo que a gran maioría das puntuacións superan os 400 puntos.

Para acadar máis datos do sucedido na 5ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón que colocamos baixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *