Semella que esta semana a etapa de Windsor vai ser de transición. Pero na altura na que estamos, na fase intermedia da competición, é mellor que te colla ben situado de cara á segunda parte da liga. A aparente falta de precipitación non é impedimento para ter unha xornada emocionante e competida. Ademáis, non temos que nos preocupar pola actualización da chuvia no luns (ou iso pensamos). Agardamos non ter unha sorpresa…
As apostas en temperatura máxima están moi apertadas, con valores que van dende os 14 ata os 17º C. No que atingue ás mínimas, recollemos apostas entre 4 e 8º C. Nengún atrevid@ osou engadir chuvia na sua aposta, mentras os refachos de vento oscilan entre os 26 e os 53 km/h.
Con estas apostas temos ante nós unha xornada que dificilmente poderá gañar ninguén en soidade, pero que pode modificar á clasificación xeral de cara á segunda parte da competencia en Ontario. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 06:00 horas desta madrugada.
Na 5ª etapa da OjeteQuake World Globe 2022, as apostas seguen a estar concentradas no este de Asia, con prediccións entre o Mar de Bering e o norte de Nova Zelanda. Ademáis, algunhas apostas espalladas na costa de Chile, nos arredores das Illas Sandwich do Sur, no Golfo de Bengala, no norte e no sur de Pakistán e no noroeste de Irán. A magnitude máxima apostada é de 6,1 Mg., ainda que vari@s participantes exhiben marcas de 6 Mg.
Esta etapa tamén podes seguila ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada.