A 5ª etapa da X Liga de Primaveira, en Roveredo in Piano, desenrolóuse tal como se agardaba, con temperaturas altas, vento frouxo e ausencia de chuvia. As puntuacións foron altas para a maioría dos participantes e a clasificación xeral, salvo casos illados foron poucos ou insignificantes.
Na madrugada do inicio da xornada xa quedaron fixados varios dos parámetros en xogo. A temperatura mínima establecéuse en 13º redondeados, alta para as previsións. O vento tamén marcou o máximo de refacho antes do mediodía cunha velocidade de 13 km/h., en concordancia de moitas das apostas. En toda a xornada non se rexistrou chuvia e despois do xantar a temperatura ascendeu ata os 23º que xa foron definitivos.
A vitoria con 57 puntos repartíuse entre tres meteoludópatas, dous dos cales estaban no alto da clasificación e alí continúan. Landrán e Botikas tiñan exactamente a mesma predicción, mallaron a temperatura máxima, perderon dous puntos na mínima e quedaron a un km/h. do refacho ideal. Landrán, que acadou a segunda vitoria consecutiva, segue a comandar a xeral cun punto sobre Botikas e amplían a diferenza cos persecutores máis cercanos. Tamén repite vitoria Lume, agora no final do Top-10 compartisdo puntuación con outros dous xogadores. Gran xornada para eles cun alto rendemento.
Con 56 puntos atopamos a outros 3 competidores. Beocha ascende un posto ata o 5º en soidade,con 8 puntos de desvantaxe sobre o líder. Por diante, cun punto máis está Julio, con boas sensacións en Roveredo. 4ª praza a 7 puntos do liderato. Bar Pequeno volve ós bos resultados despois dunha xornada desgraciada e outra en ausencia. Pena dela porque hoxe estaría ben situado. Pero os retrasos e ausencias tamén contan. Ocupa a penúltima praza.
Coa terceira mellor puntuación da xornada, 55 puntos, outro trio. Verducido alónxase ca cacheira da xeral e queda a 3 puntos do liderato. Kaltxon sube dende o 9º posto ata o 6º, recuperado dun inicio frouxo. Rasdgar tamén ascende dende o 19º ata o 16º posto.
Estes foron os 9 mellores clasificados en Roveredo, a segunda etapa italiana da X Liga de Primaveira. Cara acadar tódolos datos do acontecido na 5ª xornada pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.