Penúltima etapa da xeira do Torneo de Vran en Bengala e desta vez ascendemos ata os cumios preto do Himalaya para visitar o berce dun dos tés máis famosos e distinguidos do mundo, Darjeeling, ao norte do estado de West Bengala e preto da fronteira co Nepal. Condicións de monzón a estas altitudes aseguran unha xornada con resultados dispares atendendo ás apostas realizadas o venres.
As apostas sobre temperatura máxima acadan valores de entre 20 e 25º C. As mínimas están encadradas entre os 15 e os 21º C. As cantidades de chuvia oscilan entre os 2 e os 50 litros, con moitas variables intermedias. Polo que atinxe ós refachos de vento, estes fluctúan entre os 8 e os 35 km/h.
A tenor das apostas a xornada do domingo en Darjeeling pode ser determinante para o resultado final do torneo. Deberías seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario contínuo ata o remate do día. A vitoria e as prazas para a Ojete’s Cup están en xogo!!