Nova xornada baixo a chuvia, desta vez en territorio monfortino e na que a xeral movéuse de acordo a variedade de apostas recibidas. A chuvia caeu durante todo o día, acadando os 27 litros recollidos. As temperaturas estiveron moi preto das prediccións, da mesma maneira que o refacho de vento, preto dos 50 km/h.
Nos resultados atopamos a primeira vitoria en terras de Lemos aque agora toma as rendas da clasificación xeral. Vitoria en soidade que lle permite tomar o primeiro posto na histórica de vitorias. 56 puntos, gran resultado para unha xornada coma ésta e deixando a cabeza da xeral moi apertada cando estamos a piques de subir os cumios máis altos da comunidade.
Se queres indagar no sucedido na xornada do domingo, en Marroxo, preme no botón abaixo exposto.