A 14ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo marcada polas altas temperaturas acadadas na estación de Serra do Eixo, en A Veiga.
O domingo foi un día primaveral en A Veiga, con temperaturas máximas pouco coñecidas nesta zona e nesta época do ano. Pero ademáis as mínimas non baixaron dos 9º C., a pesares da carencia de precipitacións e do baixo refacho de vento, que auguraba unhas xiadas que non se produciron.
O gañador en soidade leva unha traxectoria irregular. Cando non gaña é por retrasos na entrega das apostas. Sen penalizacións ocuparía postos no Top-10.
Por tras do vencedor, unha recua de xente que agarda entrar no Top-10, e que reducen as distancias cos de enriba. A xeral volta a estar moi apertada e sen buratos insalvables. A montaña está a rexuntar ó pelotón de novo, dando lugar a loitas por posición que antes semellaban perdidas. De novo sorprende o novato do ano, nesta xornada no Top-3 da Clasificación xeral.
- Apunte: Esta xornada o formulario non achegou as apostas de dous membros de eltiempoentuojete. Son os que non aparecen no horario de apostas. Pero afortunadamente os dous tiñan o resgardo que fai o formulario. Os dous en tempo. É a primeira vez que acontece, pero distingue a importancia de pedir un resgardo ó compretar o formulario. Por iso non aparecen no horario pero si na távoa final. Recomendamos pedir o resgardo ante casos coma éste.
Se queres indagar no acontecido na 14ª xornada da Liga da Inverneira, na Serra do Eixo, preme no botón abaixo exposto.