Non é normal que chegados a estas datas de febreiro non chova en Fontecada. Pero menos ainda é que o día sea solleiro de principio a fin. O interior da Costa da Morte é territorio húmido, con estacións que acadan o Top-5 de precipitación do país. Pero seica a primaveira asomóuse ó concello de Santa Comba.
Ainda así non defraudou a etapa desputada no domingo. Comezaba a xornada a 6º C., que predicía unha mañanciña xearenta. Cumplíuse o pronóstico cando o mercurio marcou a mínima de 3,4º C. cara as 07:30 horas, xa amencendo. Volveu cair ata esa mesma marca a piques de chegar ó final da xornada. Pero mentras tanto alcanzóuse a temperatura na hora prevista, no mediodía. Dende a alborada medrou lixeira ata os 14º, pero despois foi paseniño paseniño ata acadar os 15º C. definitivos. A chuvia pedira a baixa por anticiclón o mércores e non se presentou na data e lugar escollidos. O vento comezou batendo “con forza” para os augurios dos meteoludópatas, pero mantívose por baixo do 15 km/h. ata o abrente do día, momento no que iniciaba o seu ascenso moi amodiño. Neste punto a rede de Meteogalicia quedou en branco, ou sexa, sen actualizar datos de nengunha das estacións da sua propiedade. Adoita pasar, pero queda nun baleiro de unha ou duas horas antes de amosar a actualización con tódolos datos. Desta vez levamos un susto á conta do tempo sen noticias. Levaban recollidos datos por un tempo de 16 h. e 20 m., lonxe das 18 horas de datos para non anular a xornada. Non foi o caso e a actualización trouxo un refacho de 25 km/h., que no reconto final foi definitivo.
E levamos unha sorpresa cando os resultados amosaron un gañador en soidade. Máis asombro cando advertimos que o nome branco sobre fondo vermello era M. B. Juaquín. Etapa para enmarcar, con so 0.3 km/h. de marxe cun pleno que faría chorar sangue a moit@s apostantes de eltiempoentuojete. O pleno en temperatura non ten competencia, foi o único con esa combinación. O refacho, con mínima diferenza, é unha anécdota dunha xornada cuasi perfecta. Parabéns ó mellor xogador das 2 derradeiras xornadas. Muy bien, Joaquín…!!
A etapa era para Víbora antes da subida de temperatura a 15º C., pero non merma a excelente segunda parte da Liga da Inverneira. Firma unha remontada épica chegando ata o 5º posto na xeral. O troco de refacho fixo que perdese a 4ª praza provisional, pero sen desmerecer o ascenso dende o posto 20. Recórdanos a tod@s que ten este trofeo na alacena do baño. Tivo que compartir o segundo posto na etapa con Verducido, que rouba 2 puntos ó lider e segue a presionar para ter opcións ó seu segundo título de Inverneira. O terceiro en discordia foi Marius, que segue a papar xente e chega ata o 7º lugar e a apenas 3 puntos do 4ª praza. Igual que Víbora, impresionante segunda parte da liga. E máis, sabendo que ten unha penalización que lle resta 10 puntos. Bota contas, onde andarías…
Coas terceiras mellores puntuacións, Beocha, que permanece impasible ós movimentos por riba e por baixo dela e a única preocupación que a enfastidia e unha vitoria que acompañe o terceiro chanzo do podio . Á sua beira, Lume mantén a situación intermedia, que tamén se reflicte na pobre marca de vitorias, por baixo do acostumado. Kaltxon volve estar na vangarda, despois da desfeita de Cedeira. Posto 14, un por diante de Lume.
Xa con 56 puntos asoma Botikas, ainda líder, pero apachocado por Verducido. Estando diante, menos problemas. Podemos ver unha loita pechada polo título desta edición. Xowi semella que recupera boas sensacións e toma distancia co 10º posto que o precede. No Top-10 e con duas vitorias, pode estar tranquilo, pero non fachendoso. Landrán comparte puntuación e achégase o posto 11 despois de dar conta de Michi. Sarabia fai parte doutro grupo soicida que vai dende o posto 14 ata o 22, con mínimas diferencias entre xogadores.
Cun nivel altísimo de predicción, só podemos falar dunha aposta con resultado menor a 50 puntos. Mingos semella atopou unha “Fontecada” na comarca do Salnés, con temperatura mínima na que perdeu ata 9 dos 10 pts. posibles. As decepcións no Top-10 veñen da man de reincidentes. Punteiro e Julio perden unha posición e continúan coa xeira de resultados mediocres. Agardamos que volten ó seu nivel. No mesmo camiño, Balboa mantén a posición pero perde terreo coa 9º praza. Quizais sexan os 10 puntos cos persecutores o que fixo que se relaxara…
Ata eiquí os 11 mellores apostantes da xornada de Fontecada e os que defraudaron un pouco (polo que se agarda deles). Se queres coñecer tódolos pormenores do acontecido no concello de Santa Comba, preme no botón embaixo exposto e accede a toda a información.