
O anticiclón gaña a partida e imos ter unha xornada primaveral, sen precipitación nunha das estacións, Fontecada, que máis auga recolle no país. É a etapa perfecta para Xinzo ou Ponteareas, pero o clima é un espírito libre e a desputa da vitoria de etapa vai estar máis axustada que nunca. Cando apenas restan 4 datas, e coa clasificación xeral a ferver, non existen xornadas de transición. Imos de festa a Santa Comba…
As apostas reflicten unha grande igualdade, con apostas moi parellas entre tódol@s contendentes. As máximas están definidas entre os 11 e os 19º C. As mínimas van dende os 3 ata os 7º C., cunha aposta soicida de 12º C. As apostas de pluviosidade están baleiras e as apostas de refacho máximo oscilan entre os 10 e os 53 km/h.
Estas prediccións abren un abanico de vitoria extenso, con oportunidades para tod@s. Moita emoción ata o derradeiro minuto nunha xornada que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partir das 01:30 horas desta madrugada.