A raia como marco

A 7ª etapa da Liga da Inverneira lévanos ata un escenario na beira do río Miño, fronteira natural cos nosos irmáns lusos. Cequeliños, moi preto da Ponte Internacional vai ser o plató onde se desenvolvan as actividades desta fin de semana de competición. A priori non semella un lugar moi chuvioso, nen frío nin caloroso e onde o vento non adoita ser forte, pero iso non significa que sexa doado predicir o clima desta parte do país e iso é o que reflicten os pronósticos.

As temperaturas máximas están representadas dende os 16 ata os 21º C. Polo que atinxe ás mínimas, temos valores entre os 10 e os 14º C. Nas apostas de pluviosidade temos media ducia de apostas sobre seco, o resto entre 1 e 5 litros e unha aposta de 8 litros. No que respecta ós refachos de vento, as apostas van dende os 6 ata os 28 km/h.

A partires destes datos temos ante nós unha etapa moi axustada, onde o vencedor pódese decidir por pequenos detalles. Non deberías deixar de seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:40 horas desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o fin da xornada. A ver quén pesca a lamprea!!

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *