Novas xornada de altas puntuacións en Cequeliños, onde finalmente choveu unhas migallas, desvelando o único segredo importante que se agachaba no concello de Arbo. Outro suceso relevante foi o acaecido na clasificación xeral, onde o segundo e terceiro clasificado trataron de acoitelar ó líder, deixándoo malferido no orgullo pero sen necesidade de cadaleito. As puntuacións rexistradas non deron marxe a outros trocos significativos na xeral, que semella máis apertada que antes.
A chuvia caeu mainiño dende o inicio da madrugada chegando a acumular no mediodía os 2 litros. Na sobremesa acadáronse os 18º C., mentras que para a mínima tivemos que agardar ata o derradeiro suspiro da etapa, onde se marcaron os 13º C. definitivos. O vento xa entre o lusco e fusco quedou nuns miserentos 19 km/h.
O borde do pleno quedaron os protagonistas da insurrección, levando a vitoria con 59 puntos. Landrán e Verducido pasaron a zoar pola perfección, faiando no refacho e na temperatura máxima respectivamente. Para Landrán significa o retorno o liderato e para Verducido o ascenso ó segundo posto da xeral, separados por un punto. Gran puntería para os dous!!
Por tras con 58 puntos un trio formado por Rasta, Beocha e Compoñente Sur. Para Rasta supón entrar no Top-20 e achegarse á parte media da clasificación. Beocha trepa ata o 5º posto tratando de arrimarse á cacheira da xeral. Compoñente Sur da unha de cal e unha de area e está situado nunha posición por baixo do que se agarda. Gran resultado para os tres.
Con 57 temos a Magor, que segue a ser a sorpresa desta edición, na 4ª praza e achegándose ó podio. Rasdgar está na 8ª e ameaza ós de diante con pasarlles por riba. Balboa, cunha traxectoria irregular navega pola praza 22 mentras que Bar Pequeno, con 2 xornadas perdidas ocupa a penúltima praza na xeral.
Estes foron os mellores 9 marcadores en Cequeliños. Para máis información, preme no botón baixo estas letras.