Arribando na terriña

Video promocional, aporte de Jose Lopez

eltiempoentuojete volta á o lugar onde retorna cada ano a tropa de meteoludópatas amateurs. Esta tempada ainda quente levóunos ata terras de inspirado corte anglosaxón, nunha diáspora na que exploramos o sur e o norte dos USA e Escocia, no norte do Reino Unido. Pero xa botabamos a faltar o cheiro das castañas no tizón de carozo, o son do andar inseguro do porco cara o banco, a visión do fume das chemineas mezclado coa néboa, o tacto pulido das uvas dun racimo poallento de albariño ou o sabor desas mesmas uvas que sabes que non vas comer, pero que dentro duns meses saciará a sede que deixa o sal máis o pimentón.

Por todo iso regresamos do Gran Sol, para sacar da boca o sabor a bacallau e pescada. E a arribada, coma sempre, vai ser en Corrubedo, onde contamos co polbo e o marisco para entrar en competición co paladar apropiado para a inauguración da VIII Liga da Inverneira, como non, en Galicia.

Pica na foto para saber máis

As etapas son case as mesmas da edición anterior, incluidas as datas. Temos pena pola sustitución da etapa raíña da competición, Cabeza de Manzaneda, pero os contínuos faios do anemómetro fai que optemos por non alineala no Calendario, ainda que a mantemos coma suplente por calqueira faio nas etapas de montaña. Vai ser sustituida por Calvos, que se estreou na 7ª edición con record de temperatura mínima. Poucos trocos máis vas atopar nesta edición.

O que sí semella que vai estar presente é a competencia. Os tres gañadores en activo da Liga da Inverneira serán os inimigos a batir, con Botikas tratando de recuperar o seu cetro, Verducido tentando revalidalo e Víbora na busca do seu segundo título. Agardamos moito dos gañadores das competicións no exilio, Sarabia, Nanuq e Julio, que xa están maduros. Entre @s derradeir@s novat@s, Landrán, Kaltxon, Aki, Marius, Modesto ou Zalamera poden loitar por estar nos postos de honra. E as vellas vacas sagradas, Punteiro, Lume, Xowi, Mina ou Beocha deberían dar un paso adiante e demostrar algo máis que experiencia. Jose Lopez superou os problemas de puntualidade, Michi segue a gañar etapas sen máis premio, Balboa e Compoñente Sur van subindo o nivel moi a modiño. O resto de aspirantes poden dar a sorpresa se acadan a regularidade precisa para confrontar 26 xornadas e poderían poñer a tremer ó resto de participantes. Obríganos a falar ben de tí cando chegue o momento de rendir contas!!!

Por suposto contamos contigo para seguir facendo realidade a tolemia meteorolóxica por excelencia no lugar onde a chuvia é arte pero molla coma en calqueira outro sitio. O domingo 26 de septembro tes unha cita en Corrubedo, pero recorda apostar antes das 24:00 horas do venres 24.

Todo semella preparado, as etapas, os enlaces e os textos renovados de cada xornada, que nesta edición pertencen a Breogán77, o que lle estamos eternamente agradecid@s polo traballo feito por este licenciado en Historia del Arte que co a sua prosa renovadora explicaranos semana a semana os detalles de cada localización.

Coma sempre, grazas por xogar con nós nesta nova aventura meteoludópata de carácter educativo e científico. De todo isto pode dar conta a sección de Estadísticas, posta o día salvo os datos por Tempada, que en breve tamén estará dispoñible. Pasádevos e botade un ollo. Pode ser que aparezas entre os mellores ainda que non o pareza…

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *