Ás ordes do anticiclón

De novo manda o anticiclón nesta 14ª etapa da Liga da Inverneira e iso vai dar como resultado unha mera xornada de transición… ou non? Moitos son os puntos onde os xogadores colisionan e buscan unha oportunidade de mellora na súa clasificación xeral. Un punto por riba ou por baixo pode marcar o devir para o desenvolvemento final da competición e tes que estar na mellor posición posible. Non semella que en Serra do Eixo vaiamos ter moitos trocos, pero mellor se veñen de cara.

As apostas en temperatura mínima van dende os -2 ata os 3º C. Os valores para as temperaturas máximas oscilan entre os 8 e os 16º C. As casiñas de pluviosidade volven estar baleiras unha semana máis mentras os refachos de vento amosan bafaradas entre os 10 e os 49 km/h.

Con estes datos é inevitable seguir a etapa ao vivo dende este enlace, dende esta mesma madrugada a partires das 01:30 horas e dende a mañanciña do domingo en horario intensivo ata o remate da xornada.

E non esquezades que o luns cara o mediodía podedes ter unha vitoria baixo da árbore de Nadal. Felices festas a tod@s e que todo vos veña de cara. Desfrutade!!

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *