Segue o seu curso o VIII Torneo de Vran, desta vez en Alaska, e seguen a buscar o seu espazo @s meteoludópatas de eltiempoentuojete. De novo a xornada pode deixar precipitacións, polo que a xeral pode mudar e modificar a actual orde establecida na táboa. Ademáis, atopamos ausencias e penalizacións incluso dentro do Top-16. Poderá alguén aproveitar esta situación?
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 13 e os 18º C. As mínimas, máis parellas, van dende os 10 ata os 13º C. As apostas en pluviosidade arrincan en vacío, 0 litros ata unha cota superior de 8 litros. Nos refachos de vento, as apostas encádranse entre os 12 e os 35 km/h., cunha apostas punta de 48 km/h.
Moita igualdade pero con marxe suficiente para axitar a clasificación xeral e, máis en profundidade, o Top-16 que determina a participación na Ojete’s Cup 2021. Non perdas a oportunidade de seguila ao vivo dende este enlace, a partires da mañanciña do domingo.
Na OjeteQuake World Globe 2021, a zona occidental do Anel de Fogo segue a ser o destino principal dos sismoludópatas. Dende o norte de Xapón ata Papua atopamos o groso das apostas. Fora desa ubicación atopamos apostas varias na costa sudamericana, na costa de Estados Unidos, en Kirguistán, no surleste de China, norleste de Rusia, Alaska, Fiji e no mar ao sur de Sudáfrica.
Recorda que podes modificar o signo positivo-negativo da tua aposta no caso de non estar no lugar axeitado. Nese caso, envía un mail o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com antes das 20:00 horas deste sábado.
Podes seguir a xornada sísmica ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada.