Temos que irnos acostumbrando a recibir os resultados meteorolóxicos da xornada. Non serán visibles ata máis aló das 15:00 horas do luns, polo que estamos a ver.
A xornada deixou unha temperatura mínima que ninguén esperaba. Quedou fixada nos 14º C. nos que se iniciou a xornada. A temperatura máxima acadou os 17º C. xa na tardiña. No que respecta a pluviosidade, todo o día rexistróse a marca de “Little rain” ou chuvia miúda, pero no pluviómetro somentes se recolleu pouco máis de 1 litro. O refacho tamén estivo por baixo da maioría das apostas recibidas, deixando unha marca de 14 km/h.
Desta maneira obtivemos un gañador en soidade con 58 puntos. Michi foi o participante con mellor rexistro, que o coloca a somentes 2 puntos do corte dos 16 escollidos para participar da Ojete’s Cup. Xowi entra segundo, con 57 puntos e obtén a 7ª praza momentánea. 57 tamén aporta Botikas para manter o segundo chanzo do podia, empatado no liderato. Nanuq conserva o posto de honor, a costa dos 56 puntos en Sitka. Jose Lopez achega 55 puntos na xornada para manterse no Top-10 da xeral. Con 54 puntos, Víbora, Lukas, Aki, Breogán77, Popolo e Compoñente Sur están situados na zona de confort, mantendo as posibilidades para a Ojete’s Cup. Verducido tamén ten 54 puntos, pero sitúase a 5 puntos do corte.
Nanuq e Botikas manteñen o liderato na xeral, cun burato de 4 puntos sobre Víbora e 6 sobre Lukas. Xowi, Jose Lopez e Aki están igualados dentro do Top-8 que pecha Ocandepavlov. 3 puntos por tras, Zalamera e Sarabia clausuran o Top-10. Breogán77, Beocha, Oscar, Kaltxon, Popolo e Compoñente Sur teñen praza oficiosa para a Ojete’s Cup. Este último empatado a puntos con Julio, coas vitoria do lado de Compoñente Sur.
Para coñecer tódolos detalles do acaecido na 3ª etapa do Torneo de Vran en Alaska, pica no enlace baixo estas verbas.
Polo que atingue á OjeteQuake 2021, seguimos a sacar o “gordo” moi cedo. Desta volta, apenas pasaba media hora do comezo da xornada cando un tremor de 5,4 Mg. sentíase ao norte da illa de Tonga, no sudoeste do Océano Pacífico. Ainda que se rexistraron grande cantidade de tremores con magnitude 5 ou superior, ningún superou ó de Tonga. Incluso tivemos un sismo de igual intensidade, localizado en Irán, pero descartóuse debido á distancia con algún participante, segundo o que recolle a Regulamentación Sísmica.
Botikas erixíuse coma gañador único cunha puntuación de 479 puntos, na que a localización foi excelente, con somentes 3 puntos de perda nas coordenadas. A magnitude recolleu o resto de perda de puntos. Na mesma zona atopábase Compoñente Sur, que apañou 467 puntos. Miúda foi a cantidade de apostantes por riba dos 400 puntos, apenas 12 privilexiad@s.
Pouco se moveu a xeral sísmica nesta xornada, pero atopamos pequenos trocos. Podes comprobalo por ti mesmo premendo o botón que atoparás embaixo este texto.