Gran xornada a desputada no concello de Lanarkshire, ounde a estación de Roberton decidiu a sorte dos participantes e a derradeira loita por unha posición orgullosa ou de decepción.
A xornada comezaba con unha tímida chuvia que amenazaba con coller corpo. Pero foi a derradeira noticia húmida que recibiu a estación en todo o día. As temperaturas foron superiores ás agardadas polo grupo de apostantes, quedando a mínima nos 14º e chegando a 21º xa no mediodía. O vento mudaba a decisivo ainda que se mantivo dentro das expectativas agardadas, 23 km/h. Houbo de desempatar algunha das eliminatorias…
Na batalla por acadar un posto na final, Xowi e Nanuq compartían moito nos seus pronósticos e así se chegou o desempate pola cercanía ao vento, que por dous kilómetros Xowi desputará por primeira vez a final da Ojete’s Cup.
Lukas e Julio compartían a idea de etapa seca. A grande diferencia de refacho quedou en nada, pero o acerto nas temperaturas de Julio arrincóulle 3 puntos que dan acceso á gran final do torneo.
O enfrontamento entre Víbora e Sarabia tiña diferencias na chuvia e na temperatura e cada unha delas beneficiou a un dos apostantes. O empate decidíuse de novo no vento, con pleno para Víbora, que pelexará pola 5ª praza.
A competencia por ese 5º lugar ven da man de Oscar, quen co seu negacionismo á chuvia desfixo a igualdade do resto de parámetros e deixou fora a Jose Lopez.
A diferencia entre Zalamera e Kaltxon estivo na puntualidade. Zalamera condenóuse o venres, ainda que Kaltxon acada unha das mellores puntuacións da xornada.
Un punto na temperatura e outro na auga decantaron o xarro cara Botikas, nunha batalla moi igualada con Beocha.
E un punto na temperatura decidíu pola mínima o enfrontamento entre Michi e Ocandepavlov, que terá a derradeira oportunidade de gañar un cacheira-a-cacheira.
Na mesma situación de evitar a vergoña está Breogán77, vencido por Aki á conta das apostas feitas en pluviosidade. O ainda posuidor do título, en apuros.
Deste xeito chegaremos á derradeira xornada do torneo e da tempada. A final será cousa de Xowi e Julio. Nanuq e Lukas van loitar polo derradeiro caixón do podio. Víbora e Oscar, polo 5º lugar. Sarabia e Jose Lopez, polo 7º. Botikas e Kaltxon buscarán a vitoria na final B, a dos derrotados na 1ª rolda. Zalamera e Beocha discutirán o posto 11. Polo 13 pelexarán Michi e Aki. Por evitar a vergoña de perder tódolos enfrontamentos, Ocandepavlov e Breogán77.
Se queres indagar no sucedido na 3ª rolda da Ojete’s Cup 2021 en Escocia, preme no enlace abaixo exposto.
Na OjeteQuake 2021 esta xornada chegóuse ata os 7.1 Mg. Poucos pronosticaron tal intensidade, pero ata 3 participantes agardaban na zona de fricción. Os tres levaban unha magnitude de 5.8 Mg. A vitoria levóuna Marius por mellor localización e 472 puntos, que o coloca no posto 16. Por tras, con dous puntos menos, 470, chegou Landrán, que acada o lugar 21 na xeral. O terceiro en desputa foi o líder, Jose Lopez, que saíu da zona de influencia do Anel de Fogo para deixar case decidida a competición. Aventaxou a todo o Top-10 en 200 puntos de media. A osadía tivo premio nesta ocasión e obrigará ós seus máis directos competidores a sair da zona de confort na que se atopaban.
Ainda que resta unha xornada por diante, semella que somentes Jose Lopez pode perder o posto de privilexio, ainda que o acaecido nesta xornada podería suceder para outro ousado. Pero para iso hai que poñer toda a carne na churrasqueira.
Para coñecer tódolos detalles da 20ª etapa da OjeteQuake 2021, fai clic no botón embaixo estas letras.
Esta semana é a derradeira da tempada, con finais nas duas competicións en activo, a Ojete’s Cup en Escocia e a OjeteQuake 2021. Tenta rematar con honor e comeza a pensar nunha nova tempada, que voltará a Galiza no final de septembro.