Antes de nada debemos pedir desculpas pola derruba da páxina principal durante o día de hoxe. Unha actualización fixo estragos no blog, onde se deberían amosar as apostas da penúltima xornada, a desputar este fin de semana en Roberton. Semella todo arranxado, pero se advertides algún erro de calqueira tipo, sexa estructural ou de estilo, rogamos avisedes ó noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com
Esta semana, pola parte superior do cadro, decidiremos quén vai desputar o título na final da Ojete’s Cup 2021 en Escocia. Tamén quén accede á final B, a dos que perderon a primeira xornada. Da máis traballo quedar no posto 9, gañando os tres derradeiros enfrontamentos, que gañar o posto 8, gañando a primeira e perdendo o resto de loitas. O cadro traballa así e seica vai pola lóxica olímpica…
Nanuq e Xowi xóganse o pase á final con apostas similares, discuten na temperatura mínima, difiren nun litro de auga e pouco marxe no vento, que pode decidir no caso de empate.
Julio e Lukas teñen diferenzas amplias na temperatura, coinciden nunha xornada seca e o maior abismo atopámolo no vento, onde Julio case dobra a Lukas.
Sarabia e Víbora loitan polo 5º posto con pequenas diferenzas en tódolos campos que prometen un enfrontamento aberto pero similar.
Oscar e Jose Lopez, cunha pequena diferenza na máxima, dous litros os separan, e no vento son dos que menor refacho apostaron.
Zalamera e Kaltxon clonan as apostas en chuvia e vento, con temperaturas separadas, pero co lastre de 10 puntos pola impuntualidade de Zalamera inclina a romana cara Kaltxon.
Batalla de ilustres polo posto 13, con dous competidores con máis podios que Atenas. Botikas e Beocha teñen apostas moi parellas en temperaturas e chuvia, con alta separación no vento. Promete igualdade máxima.
Michi e Ocandepavlov tentan evitar o purín con apostas moi semellantes, sendo a temperatura onde se atopan máis diferenzas.
Aki e Breogán77 non acostuman a loitar por salvar o orgullo, pero despois de duas derrotas atópanse coa diferenza máis destacable na pluviosidade. Será o factor decisivo?
A etapa comezará cara as 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.
A OjeteQuake 2021, tamén na penúltima xornada, semella espallada coma a herba seca baixo o nordés. A zona occidental do Anel de Fogo está tan chea coma sempre, de norte a sur. A maiores, apostas en China, Rusia, África central, Alaska, Canadá ou Chile. Unha aposta ao sur do continente africano e tres nas Illas Sandwich, onde atopamos a un dos que se van xogar o título, cunha aposta lonxe dos seus competidores. Esta semana a magnitude máxima chega ata os 7,2 Mg.
- Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com
Esta xornada, penúltima da OjeteQuake 2021 comeza ás 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.