Chuvia insuficiente

A 4ª xornada do Torneo de Vran en Alaska quedou sen marcas de auga a pesares das prediccións das axencias e d@s nos@s apostantes. As temperaturas estiveron dentro do rango apostado ainda que as mínimas foron baixas. Sen chuvia suficiente para encher unha litrona, o vento subíu a súa intensidade na prórroga, no axuste final de parámetros, acadando os 27 km/h.

Daquela atopamos dous gañadores ó unísono con 56 puntos. Oscar mantén e incluso mellora a súa clasificación dentro do Top-16, cunha marxe de 6 puntos sobre o precipicio. Bar Pequeno anota unha vitoria no taboleiro de vitorias de etapa e pouco máis, tendo unha xornada de incomparecencia que impedirá a clasificación para a Ojete’s Cup.

Xowi e Zalamera achegan 55 puntos no marcador e conservan as posicións de privilexio no Top-16. Iago e Michi, coa mesma puntuación, presionan na antesala dos postos de inmunidade. O regulamento fai que Iago entre no Top, sacando pola mínima a Julio do empate polo derradeiro lugar. Tamén con 55 puntos, Modesto e Landrán agardarán en segunda fila o faio dos seus predecesores combinado cunha derradeira xornada maxistral para poder coller sitio na Ojete’s Cup.

O Top-16 segue a ser o mesmo da semana pasada, coa única diferenza de Iago dentro e Julio fora. Toda unha manda de lobos persecutores agarda ao rececho, un faio de calqueira dos seus superiores, o que fará da derradeira xornada en Juneau unha loita a vida ou morte por un posto na Ojete’s Cup.

Para coñecer todo o sucedido na 4ª xornada do Torneo de Vran en Alaska, preme no botón embaixo exposto.

A OjeteQuake viviu unha estrana xornada cun terremoto máximo de 5,8 Mg. con epicentro nas Illas Kermadec, zona xa moi repetida nos terremotos máximos de esta edición. Pois esta semana esa parte do Océano Pacífico estaba baleira de apostas. A vitoria foi para Zalamera, cunha aposta nun lugar indeterminado do Océano Pacífico. 459 puntos que non a sacan do pozo da xeral, pero que inaugura a sua casiña de vitorias no contador sísmico. Por tras, con 441, Beocha colle o posto 10 da clasificación. Jose Lopez e Balboa engaden 436 puntos. Jose Lopez toma un liderato que non soltaba Víbora dende moitas xornadas atrás. Balboa chega ata a 4ª praza e ameaza o podio que segue a manter Mina.

Se queres coñecer tódolos detalles acaecidos na 16ª xornada da OjeteQuake 2021, pica no enlace abaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *