A cabessa non para
Ainda celebrando o final do Torneo de Vran en Alaska, con Nanuq recén aposentado no trono do estío 2021 e xa temos que comezar a pensar na Ojete’s Cup, con inicio de competición esta mesma fin de semana. Escollemos 4 localizacións na primeira competición localizada en Europa sen ser España nin Galicia. As terras altas escocesas acollen a Ojete’s Cup 2021 en Escocia.

A clasificación no Torneo de Vran serve de padrón para elaborar o Cadro de Competición para a Ojete’s Cup. @s 8 primeir@s clasificad@s son cacheiras de serie, e enfrentaranse por orde de máximo a mínimo. O 1º contra o 16º, o 2º contra o 15º e así sucesivamente. Podes consultar o Regulamento específico neste enlace. O Cadro de Competición apresentámolo de seguido.
Estamos a trocar os enlaces nos menús para amosar tódala información referente á Ojete’s Cup 2021 en Escocia. Por tanto, desaparecerán a maioría de referencias ó Torneo de Vran en Alaska 2021. Podes atopar os resumos do torneo en Ligas no Tempo ou neste enlace directo ó Resumo para calqueira consulta. Tamén están preparadas as estadísticas que nos deixou a competición en Alaska en Estadísticas do Torneo de Vran.
Ó longo desta tardiña imos ir trocando os enlaces e menús, adaptando o mecanismo á desputa da derradeira competición da nosa tempada meteorolóxica. Os participantes clasificad@s recibirán hoxe un mail de aviso de inicio de competición e outro de recordo de aposta este mesmo venres.
Recordamos que a competición sísmica continúa o seu camiño, que rematará á par da competición meteorolóxica, aló por o 29 de agosto. Por tanto, non esquezas a tua aposta para a OjeteQuake 2021. Podes facelo ainda que non compitas na Ojete’s Cup, sempre dentro dos términos de tempo adecuados. Ou sexa, antes das 24:00 horas do venres.
Novos valores
Xornada espectacular a desputada en Juneau para esclarecer o resultado final do VIII Torneo de Vran en Alaska. A maioría dos participantes deron o máximo de si mesmos para acadar os seus obxetivos. Nalgúns casos o lograron e noutros non.
A xornada comezaba con temperaturas altas, con mínimas moi altas que foron atenuándose na madrugada. A máxima chegou ata os 25º C. na sobremesa, superando calqueira predicción dos meteoludópatas. A chuvia non fixo aparición e o refacho estivo todo o día en 20. Os resultados definitivos da NOAA baixaron a temperatura mínima ata os 13º C. e reaxustaron o refacho de vento ata os 24 km/h.
Botikas levou unha etapa compricada de gañar en soidade con 56 pts., pero os derradeiros trocos de NOAA beneficiaron ós seus intereses e trepa na clasificación de vitorias históricas.
Por tras un trio con 55 pts, con Jose Lopez, Modesto e Verducido. Con 54 Lukas, Rasta76, Nanuq e Aki. E con 53 puntos chegaron Denodeno, Víbora, Iru, Kaltxon e Marius.
Deste xeito abrimos por segunda vez esta tempada, para engalanar un novo gañador de competicións. Nanuq ascende de nivel e amilana ás vacas sagradas de eltiempoentuojete. Gañou o Torneo de Vran 2021 cunha puntuación axustada. Botikas fixo todo o que estivo na sua man, incluindo a vitoria de etapa. No terceiro chanzo do podio, Jose Lopez, atacando dende o 5º posto e relega a Víbora e Xowi fora dos postos de máxima honra. Lukas perde o desempate e acada o posto 6. Aki, Zalamera, Sarabia e Oscar, nesta orde, completan o Top-10 final.
Se queres coñecer tódolos detalles e revisar o Top-16 que pelexará en Escocia pola Ojete’s Cup, clica no enlace embaixo estas letras.
A OjeteQuake volveu rexistrar un sismo nunha zona do mundo abandonada polos apostantes da Liga dos Terremotos. Coma sempre, a xornada estivo moi activa na madrugada do domingo, con varios sismos con epicentro en Islandia, Colombia e Guam. Preto das 04:00 horas rexistróuse o que sería o sismo definitivo con sede en Europa. Sismo de 5,7 Mg. en Mandráki, no Mar de Creta, deixando a sua pegada en Grecia.
Quen estaba máis preto localizara o seu epicentro en Birmania. Sarabia foi a única que superou os 400 puntos nesta 17ª etapa e acada a súa terceira vitoria nesta edición, ainda que segue perdida máis aló do posto 15. Pero ninguén lle quita que todas as súas vitorias símicas foron conseguidas nesta 4ª edición da OjeteQuake. Por tras, Breogán77 egade 381 puntos e mantén a posición de podio. Coa mesma puntuación entrou Ocandepavlov, que segue afundido máis aló do posto 20.
A xeral volve estar comandada por Víbora, con Jose Lopez na sua caza. Mina cae do podio coa entrada de Breogán77 e Balboa cede ante o empuxe de Rasta76, agora no 5º posto. As diferenzas son mínimas a falta de 4 xornadas e nada está decidido polo momento.
Para acadar tódolos datos da 17ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no botón embaixo exposto.
Os clasificados para a Ojete’s Cup xogan esta mesma semana a primeira das confrontacións preparadas para Escocia. Recibiredes un mail en breve e a partires de mañán toda a información sobre as etapas, calendario e cadro de competición nos menús da web. Este ano non hai xornada de descanso.
Para o resto, vacacións ata finais de septembro, cando se inicie unha nova tempada meteorolóxica de eltiempoentuojete.
Saúde e sorte!!!
Un final repousado
As previsións para a derradeira xornada do Torneo de Vran en Alaska semellan moi quedas. A auga promete pouco movimento, o refacho de vento aparenta frouxo e as temperaturas, con bastante amplitude térmica, quizais sexa o parámetro a seguir. Pouca marxe de movimento para quen quere entrar no clube do Top-16, tamén para aquel@s que tentan mellorar a súa posición e incluso para gañar a competición.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 14 e os 22º C. As mínimas, con menor amplitude, van dende os 10 ata os 15º C. As apostas sobre pluviosidade están baleiras na súa maioría, con 4 apostas na mínima e unha aposta que chega ata os 4 litros. Nos refachos de vento atopamos prediccións dende os 9 ata os 36 km/h.
Con estas apostas temos por diante unha derradeira xornada con moita emoción por coller praza no Top-16, mellorar a que xa tes ou incluso gañar unha competición. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 10:00 horas da mañanciña do domingo.
Na OjeteQuake 2021 as apostas seguen a concentrarse no lugar de sempre, no noroeste do Anel de Fogo. Atopamos apostas tamén en China, Alaska, a costa de Estados Unidos e a zona noroeste de Sudamérica e duas apostas con epicentro nas Illas Sandwich. Coma dato curioso, a zona de Fiji e Nova Zelanda aparece baleira de apostas, sendo un lugar onde, sen ir máis lonxe, a semana pasada deixou alí a sua marca, a maiores da grande cantidade de sismos que rexistra.
- Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com
Se queres seguir a xornada de preto, deixamos este enlace ao vivo, que comezará o seu funcionamento cara as 02:00 horas da madrugada de hoxe mesmo.






