A chuvia con antollos

Semella que este ano non estamos finos no rego da chuvia. Despóis de 4 xornadas as desfeitas hídricas foron maioría. E non foi moi distinto no concello de Meis, onde se desputaba a xornada na estación de A Armenteira. Preveíase unha parte de chuvia a primeira hora da madrugada, pero cara as 23:50 o pluviómetro quedou estancado e non se acadou nada de chuvia ata a tardiña do domingo, no segundo turno de chuvia que se agardaba coa entrada dunha fronte atlántica. Pois ata 16 litros recollemos ata o final da xornada, con cantidades dezminutais importantes. A entrada destas frontes dende o sur deixaron unha sensación de calmuza que se traduciu en temperaturas máximas moi mornas, acadando un valor de 20º C., o mesmo que nas mínimas, que non baixaron dos 16º C. O vento deixou pegada na primeira parte do día, chegando ós 27 km/h. Ó final do día reactivárose os refachos pero sen superar os valores anteriores.

Moitos foron os trocos o longo da xornada meteorolóxica, pero ó remate atopamos a dous destacados sobre o pelotón principal. Modesto e M. B. Joaquín eran os máis ousados entre as apostas de chuvia e foi esa afouteza aque tivo premio. Obtiveron 45 puntos, a puntuación de vitoria máis feble ata o de agora. M. B. Joaquín acadou boa puntuación nas temperaturas e Modesto clavou o refacho.

Con 44 puntos entraron Mingos, Nanuq e Belenchis, que a punto estivo de sumar a primeira vitoria na sua competición inaugural. Con 43 puntos temos ó líder, Juanito Caminante, un dos seus principais persecutores, Xowi, máis un dos favoritos, Víbora e a outra novata, Zalamera. Este é o Top-9 en A Armenteira.

Na xeral segue a comandar Juanito Caminante, con somentes 5 puntos sobre M. B. Joaquín, que “anda na llama” neste inicio de Liga. 4 puntos por tras está Xowi, un máis que o novato Mjölnir, que mantén o 4º posto, a 10 puntos do liderato. Mingos chega ata a 5ª praza no seu mellor inicio na Liga da Inverneira. Julio e Alucarda van pouco por tras, nunha xornada que non lles foi beneficiosa. Cos mesmos puntos aguanta Jose Lopez. Sarabia tampouco sacou proveito en Meis e queda no 9º lugar. Pecha o Top-10 Nanuq, cunha xornada que o fai soñar con cotas altas.

Entre o 10º e o 20º lugar atopamos a moit@s dos favoritos á vitoria final, con moito camiño por percorrer a máis de 20 puntos da cacheira da xeral. Veremos o que poden facer para estar máis preto e cómo se defenderán a plétora de “estran@s” que ocupan os postos de privilexio.

Se queres acceder a tódolos datos recollidos na 4ª etapa da Liga da Inverneira, preme no botón abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

A chuvia con antollos Ler máis »

Incertidume en Meis

A 4ª etapa da VIII Liga da Inverneira visita o concello de Meis, con un ambiente moi semellante ás duas primeiras etapas da competición. Pero desta vez as apostas en pluviosidade están bastante acobardadas en comparación ás primeiras xornadas. Seica fomos aprendendo… Ou quizáis A Armenteira nos corrixa de novo…?

Agárdase a chegada de duas frontes, unha na madrugada do domingo e outra nas derradeiras horas da noitiña. Non se esperan temperaturas extremas nin ventos furacanados.

Deste xeito temos apostas en temperatura máxima que van dende os 17 ata os 23º C. As mínimas, no rango entre os 8 e os 17º C., moitas diferenzas que se traduciran en puntos gañados ou perdidos. As apostas en pluviosidade acadan os 5 litros no seu máximo e seca total no baremo máis baixo. Os refachos de vento están establecidos dende os 18 ata os 50 km/h. Nas catro edicións anteriores non repetiu nengún dos vencedores. Veremos gañador@ nov@ ou teremos reincidente?

Para seguir a xornada en directo podes facelo dende este enlace ao vivo, a partires das 02:30 desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e clima!!!

Incertidume en Meis Ler máis »

Máis que transición

Castro Vicaludo prometía relax e sosego despois das duas primeiras etapas con moitas diferenzas que conformou unha clasificación xeral con puntuacións moi dispares.

Pero non foi así. Chegar ós 50 puntos foi unha odisea, resultado que non acadou case a metade da tropa de eltiempoentuojete.

A temperatura mínima dóuse de madrugada e marcou un valor de 14º C., un pouco por baixo da media do apostado. No mediodía o mercurio elevóuse ata os 24º C., por riba da maioría das apostas recibidas. A chuvia non fixo acto de presenza pero o refacho de vento pasou por riba de tódalas prediccións, chegando ata os 56 km/h xa entre lusco e fusco do domingo.

A pesares de que se agardaban múltiples gañadores debido a grande cantidade de apostas similares e a unha xornada achanzada, a vitoria foi en soidade. Compoñente Sur conqueriu a máxima puntuación no concello de Oia, con 56 puntos. Mallou as temperaturas e a chuvia, deixando somentes 4 puntos no refacho, nunha xornada onde se perderon moitos puntos nese parámetro.

Por tras, Popolo chegou ata os 55 puntos, resultado que pode motivar o seu relanzamento. Julio foi o mellor no vaticinio do vento e, con estes 55 puntos, ameaza á cacheira da xeral, posicionándose no Top-5.

54 puntos acadaron vari@s meteoludópatas, con Jose Lopez, Iago, Budainca, Zalamera, Nanuq e Modesto. Xogaron ben e trepan na xeral cara unha mellor posición.

Ocandepavlov engadíu 53 puntos no seu marcador, pechando o Top-10 da xornada de Castro Vicaludo.

Na Clasificación Xeral pinchou o líder máis o segundo, incapaces de acadar os 50 puntos. Xowi perde a segunda praza, mentras Juanito Caminante segue cunha renda de 7 puntos sobre M. B. Joaquín, que semella atoparse no seu mellor momento e comanda o grupo de persecutores. Mjölnir segue na cachola da táboa e pode ser o mellor inicio dun novato nesta competición. Julio xa está 5º, 11 puntos por tras do líder. Alucarda e Sarabia tampouco afróuxan, mantendo o Top-10 na xeral. Michi ven a seguir, empatado con Jose Lopez que entra no Top-10 nesta xornada. Iru pinchou por baixo dos 50 puntos, que aproveita Mingos para achegarse ata os 10 primeiros da Clasificación.

Perseguindo ó Top-10 xa comezamos a verlle as orellas ao lobo, cun grupo onde xa atopamos algún dos favorit@s á vitoria final. Botikas, Verducido, Nanuq, Beocha, Marius e demáis xogador@s perigos@s xa asoman a cachola e intimidan os meteoludópatas en postos superiores.

Para acadar tódolos detalles da xornada de Castro Vicaludo, pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Máis que transición Ler máis »

Falsa transición

Semella que a de Castro Vicaludo, en Oia, vai ser a típica etapa de transición, sen chuvia, con vento baixo e temperaturas solleiras. Quizáis non vaias gañar a liga este domingo, pero sí poderías perdela se non atinas. As grandes diferenzas en puntos non se van solventar en Castro Vicaludo, pero se acumulas máis perdas pódese convertir na túa sentencia de morte.

As temperaturas máximas oscilan entre os 18 e os 25º C. As mínimas van dende os 9 ata os 17º C. A casiña da auga está baleira e a do vento amosa valores entre os 15 e os 55 km/h.

Con estas apostas temos ante nós unha xornada moi apertada, con apostas moi similares. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 2:30 desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Falsa transición Ler máis »