Corrubedo acolle coma sempre o inicio de competición da VIII Liga de Inverneira de eltiempoentuojete. Ata 36 participantes apostaron nesta xornada inaugural, que ainda podería ampliarse antes das 16:00 horas. Se esqueciches apostar, estás a tempo. Damos a benvida a tod@s os apostantes nesta nova edición, e acollemos formalmente a Mjölnir, novato de primeiro ano con grandes padriños. Agardamos que desfrutes e atoparte entre os primeir@s clasificad@s en próximas datas.
A partires das apostas podemos agardar unha xornada húmida. Somentes dous apostantes deixaron baleiro o parámetro da pluviosidade. Entre as prediccións atopamos ata 27 litros, con varias apostas que superan os 10 litros. En temperatura, as máximas van dende os 18 e os 25º C. As mínimas, establecidas entre os 13 e os 17º C. En canto os refachos de vento, van dende os 22 ata os 62 km/h.
Polo tanto estamos ante unha etapa inaugural con moitos matices. Non podes deixar de seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 desta mesma madrugada.
Grazas a tod@s por participar neste experimento meteorolóxico amateur. Agardamos diversión, xogo e moita competencia para desenrolar unha actividade ainda única no mundo. Un grupo salvaxe na procura do título máis recoñecido entre as competicións de eltiempoentuojete.
eltiempoentuojete volta á o lugar onde retorna cada ano a tropa de meteoludópatas amateurs. Esta tempada ainda quente levóunos ata terras de inspirado corte anglosaxón, nunha diáspora na que exploramos o sur e o norte dos USA e Escocia, no norte do Reino Unido. Pero xa botabamos a faltar o cheiro das castañas no tizón de carozo, o son do andar inseguro do porco cara o banco, a visión do fume das chemineas mezclado coa néboa, o tacto pulido das uvas dun racimo poallento de albariño ou o sabor desas mesmas uvas que sabes que non vas comer, pero que dentro duns meses saciará a sede que deixa o sal máis o pimentón.
Por todo iso regresamos do Gran Sol, para sacar da boca o sabor a bacallau e pescada. E a arribada, coma sempre, vai ser en Corrubedo, onde contamos co polbo e o marisco para entrar en competición co paladar apropiado para a inauguración da VIII Liga da Inverneira, como non, en Galicia.
Pica na foto para saber máis
As etapas son case as mesmas da edición anterior, incluidas as datas. Temos pena pola sustitución da etapa raíña da competición, Cabeza de Manzaneda, pero os contínuos faios do anemómetro fai que optemos por non alineala no Calendario, ainda que a mantemos coma suplente por calqueira faio nas etapas de montaña. Vai ser sustituida por Calvos, que se estreou na 7ª edición con record de temperatura mínima. Poucos trocos máis vas atopar nesta edición.
O que sí semella que vai estar presente é a competencia. Os tres gañadores en activo da Liga da Inverneira serán os inimigos a batir, con Botikas tratando de recuperar o seu cetro, Verducido tentando revalidalo e Víbora na busca do seu segundo título. Agardamos moito dos gañadores das competicións no exilio, Sarabia, Nanuq e Julio, que xa están maduros. Entre @s derradeir@s novat@s, Landrán, Kaltxon, Aki, Marius, Modesto ou Zalamera poden loitar por estar nos postos de honra. E as vellas vacas sagradas, Punteiro, Lume, Xowi, Mina ou Beocha deberían dar un paso adiante e demostrar algo máis que experiencia. Jose Lopez superou os problemas de puntualidade, Michi segue a gañar etapas sen máis premio, Balboa e Compoñente Sur van subindo o nivel moi a modiño. O resto de aspirantes poden dar a sorpresa se acadan a regularidade precisa para confrontar 26 xornadas e poderían poñer a tremer ó resto de participantes. Obríganos a falar ben de tí cando chegue o momento de rendir contas!!!
Por suposto contamos contigo para seguir facendo realidade a tolemia meteorolóxica por excelencia no lugar onde a chuvia é arte pero molla coma en calqueira outro sitio. O domingo 26 de septembro tes unha cita en Corrubedo, pero recorda apostar antes das 24:00 horas do venres 24.
Todo semella preparado, as etapas, os enlaces e os textos renovados de cada xornada, que nesta edición pertencen a Breogán77, o que lle estamos eternamente agradecid@s polo traballo feito por este licenciado en Historia del Arte que co a sua prosa renovadora explicaranos semana a semana os detalles de cada localización.
Coma sempre, grazas por xogar con nós nesta nova aventura meteoludópata de carácter educativo e científico. De todo isto pode dar conta a sección de Estadísticas, posta o día salvo os datos por Tempada, que en breve tamén estará dispoñible. Pasádevos e botade un ollo. Pode ser que aparezas entre os mellores ainda que non o pareza…
Rematou a 8ª tempada de competicións meteorolóxicas de eltiempoentuojete e estamos no tempo de botar contas. Dous novos paises engrosan o listado das competicións xogadas no extranxeiro.
O inicio da tempada foi na casa, en Galicia. Verducido, Botikas e Beocha pronto puxeron terra de por medio co resto de competidores. Máis tarde Beocha cedía ante o pulo dos compañeiros de viaxe pero asegurando o terceiro posto e deixando unha derradeira xornada a vida ou morte na que houbemos de chegar ó desempate por vitorias. Verducido gañou a etapa e o campionato, deixando a Botikas sen o seu cuarto título consecutivo na Liga da Inverneira. O cuarto posto foi para o novato Modesto, que no seu desfloramento meteorolóxico amateur deixou pegada. O novato de segundo ano, Julio obtivo a 5ª mellor marca.
A 8ª Liga de Primaveira viaxou ata o sur dos Estados Unidos para ver como Sarabia levantaba o trofeo na derradeira xornada, na que comezaba no 6º posto e adiantaba o cúmulo de aspirantes que a precedían. Xowi acadou o segundo posto e Breogán77 tivo que se conformar coa medalla de bronce. Compoñente Sur 4º, conseguíu unha das mellores clasificacións dunha traxectoria da que sempre agardamos máis. Nanuq, outro de segundo ano e con aspiracións, quedou na 5ª praza. Ningún destes participantes aparece no Top-5 da Liga da Inverneira.
O Torneo de Vran mantivo o país anfitrión, USA, pero viaxou ata a outra punta da nación, ata as frías terras de Alaska. Alí, ademáis dun campión buscabamos os 16 mellores que xogarían a Ojete’s Cup, o torneo de un-contra.un. Nanuq alzaba o trofeo despois de ocupar durante as derradeiras xornadas o liderato ainda que moi presionado por Botikas, que volvía ser o despiadado oráculo ó que nos ten acostumados. Jose Lopez confirmaba a sua mellora nos últimos tempos e melloraba a sexta praza de Primaveira cun podio no Vran. Víbora fora 6º na Inverneira, 14º en Primaveira e lograba o 4º posto no Vran. Xowi acadou o seu terceiro Top-10 da 8ª tempada de eltiempoentuojete.
A Ojete´s Cup 2021 levóunos ata Escocia para desputar o torneo por eliminatorias. Julio derrotou nas 2 primeiras roldas a dous excampións desta mesma competición, Botikas e Oscar. Na semifinal superou a Lukas e na gran final houbo de gañar o desempate ante Xowi, posiblemente o xogador máis regular da historia de eltiempoentuojete. E o xogador que acada o título co coeficiente máis baixo, pois chegou ata Escocia co posto 15 dos 16 mellores de Alaska. E o camiño non foi sinxelo. Xowi engade un podio máis á sua carreira, ainda que o seu mellor posto na Ojete’s Cup era un 6º lugar. Lukas comezou a tempada frouxo e con moitas penalizacións. Entrou 33 e 29 na Inverneira e Primaveira respectivamente. Mellorou en Alaska chegando 6º e acadou o 3º lugar en Escocia despois de gañarlle a partida a Nanuq, ó gañador do Torneo de Vran e cacheira de serie número 1 na Ojete’s Cup. Oscar levou o 5º posto ante Víbora e segue a colleitar ós seus resultados máis óptimos na competición do K.O.
En relación á tempada completa podemos ver na gráfica de acerto en temperatura cómo un novato coma Modesto comanda a lista por porcentaxe. Tanto él coma Punteiro, que ten varias incomparecencias, non clasificaron para a Ojete’s Cup polo que a porcentaxe está feita nas outras 3 competicións. Botikas, Sarabia e Víbora completaron as 45 etapas que conformaron a 8ª tempada e están por riba do 87% de acerto.
O acerto en pluviosidade ten a Punteiro coma mellor apostante (cando o fai) cunha porcentaxe de máis do 91%. Nanuq, Lukas, Botikas e Jose Lopez estiveron nas 4 competicións e todos eles acadaron podio nesta tempada.
No que respecta ó refacho de vento, Botikas lidera a táboa con máis dun 92% de acerto, unha das suas mellores marcas por tempada. Xowi e Beocha superan o 90% e Verducido e Mingos, con menor número de etapas, pouco por baixo do 89%.
O acerto xeral da tempada ten o seu máximo expoñente en Botikas, con máis do 89% de acerto xeral. Un punto por baixo Xowi e Víbora, Punteiro e Beocha superando o 87%.
O Top-7 de vitorias nesta tempada está liderada por Botikas con 6. Julio, Modesto e Xowi lograron 5, ben aproveitadas para as posicións finais. Landrán e Lukas, con 4 vitorias, semella que deberían estar máis por riba do que fixeron e Verducido, tamén con catro, valéulle para gañar a Liga da Inverneira.
O promedio de posición da a Xowi a mellor posición media das 4 competicións, 4,5. Botikas ten unha 5ª posición media. Nanuq preto de 7, Víbora 7 e media e Sarabia un 9.
Botikas ten as mellores marcas nas derradeiras 5 tempadas, nas que non baixa dunha 7ª posición media.
Outra gráfica a vixiar é a de Xowi. 8 tempadas nas que a sua pior posición media foi 10. Con moi boas primeiras tempadas e unha lixeira fochanca na 6ª e 7ª, semella recuperarse nesta recén rematada. Gran resultado para o noso canadiano.
A ter enconta tamén a mellora experimentada por Jose Lopez nas derradeiras duas tempadas, tendo en conta que cada unha consta de 4 competicións.
Aparte de estes xogadores estudados tamén temos que ter en conta a Verducido, derradeiro gañador da Liga da Inverneira. Julio semella maduro para entrar na élite, como amosa a sua vitoria na Ojete’s Cup. Sarabia e Nanuq tamén experimentaron melloras nas suas prestacións e poderían dar o salto de nivel despois de gañar cadanseu torneo. Landrán, Compoñente Sur e Kaltxon tamén deberían codearse cos mellores se controlan o parámetro que non é parámetro: a puntualidade. Modesto e Zalamera deron moi boas sensacións e, axustando a sua puntualidade, pódense converter nas novas estrelas do universo meteorolóxico amateur. Beocha e Xowi deben aproveitar a sua regularidade para deixar os chanzos baixos do podio e sumar torneos. Punteiro e Lume, con problemas de comparecencia nas etapas claves, estarán nos postos de honra se se acordan do horario de apostas.
Se non estás entre @s nominad@s, pensa que nos podes pechar a boca meténdote no Top-10, gañando etapas, podios ou mesmo campionatos. Pon as pilas e obríganos a falar ben detí. Estaremos encantados de facelo…
A próxima cita, o domindo 26 de septembro con aposta o venres 24, inicio da VIII Liga da Inverneira de Galicia. Agardamos poder continuar este experimento meteorolóxico amateur e facelo contigo. A inauguración, coma sempre, en Corrubedo.
Fin de tempada en eltiempoentuojete con dous novos heróes abrindo a porta de cadanseu Olimpo. Julio venceu a Xowi nunha desputa que tivo que chegar ata o desempate por refacho. Namentras, Jose Lopez acada o seu primeiro título na Liga dos Terremotos, mantendo a posición ante os ataques dos seus contrincantes máis diretos.
A Ojete’s Cup tivo un desenlace sobre seco, o que fixo que os resultados foran moi parellos, con duas eliminatorias que chegaron ó desmpate por refacho de vento. A temperatura máxima estivo por baixo da maioría das apostas e a mínima entre o agardado. A chuvia non fixo aparición e o refacho foi baixo. Con estes parámetros a xornada foi moi apertada, deixando estes resultados.
A gran final entre Xowi e Julio foi unha batalla entre a experiencia e o empuxe novato, decidido o final cara Julio á conta da mellor aposta sobre vento. Na sua segunda aparición no torneo de un-contra-un acada trono no Olimpo Meteorolóxico, que o pode impulsar de cara a competición máxima de eltiempoentuojete, a Liga da Inverneira en Galiza. Xowi, despois de 7 edicións xogadas, mellora a 6ª plaza histórica e queda ás portas de gañar o torneo do K.O.
A terceira plaza foi para Lukas, que derrotou a Nanuq cunha mellor aposta na temperatura mínima. Gran resultado para os dous, que presentan optimismo cara a nova tempada.
Oscar arrincóulle a 5ª praza a Víbora, na que é a sua competición fetiche e onde consegue os resultados máis óptimos. Gañou tódolos parámetros, acadando a puntuación maior da xornada.
Sarabia tamén mellorou as apostas de Jose Lopez levando para a casa o 7º lugar, nunha tempada na que os dous melloraron con moito as suas expectativas.
Botikas e Kaltxon chegaron ó desempate, pero a aposta eólica de Botikas permitíulle primeiro remontar a diferenza nas temperaturas e despois levar a 9ª plaza no desempate.
Zalamera non se apresentou ó desafío e “regalou” a Beocha a praza 11 da competición. Semella que ten que mellorar no parámetro da puntualidade. Beocha remata no mesmo posto no que comezou o torneo.
Aki gañou sobradamente a Michi, sobre todo pola aposta en vento, que o deixa no 13º posto final.
Ocandepavlov pasou por riba de Breogán77, mellorando tódolos parámetros e eludindo a poza do purín. Breogán77 pasa de gañar todo na derradeira edición a perder os catro enfrontamentos neste 2021.
Para coñecer tódolos detalles da derradeira xornada da Ojete’s Cup en Escocia 2021 preme no enlace embaixo estas letras.
Na OjeteQuake 2021 mantivo o Top-5 como quedara na anterior xornada. Durante a maioría da etapa o maior quake estivo localizado en Tonga, que daba a prata a Rasta76 sobre Víbora. Pero o sismo definitivo nas Illas Sandwich, xa cara o final do día. devolvía a xeral o seu estado anterior.
Jose Lopez acada a vitoria por primeira vez nesta categoría, despois da competición sísmica con máis xornadas entre as desputadas ata agora. Foi o único competidor en superar os 400 puntos de media por xornada. Víbora mantivo a segunda praza con dificultades ante Rasta76, que logrou o terceiro chanzo do podio. Por tras, Balboa, Breogán77 e Lukas, por esta orde, con menos de 100 puntos de burato. Botikas chega a sétima praza superando a Mina e Beocha nesta derradeira xornada. A décima praza vai para Budainca, que fixo a mellor marca da etapa e chega ás 7 vitorias en soidade. Empatou a puntos con Julio, pero as vitorias de etapa volcaron a posición para Budainca.
Se queres indagar no acontecido na derradeira xornada da OjeteQuake 2021, clica no botón baixo este texto.
Ó longo desta semana faremos un resumo do acontecido na 8ª tempada de eltiempoentuojete, con comentarios e estadísticas, ademáis de adiantar cousas sobre a seguinte tempada, a 9ª de competicións meteorolóxicas. Namentras, podedes descansar ata o final de septembro, no inicio da 8ª Liga da Inverneira de Galiza. Nos traballaremos para ter preparado todo para a batalla meteorolóxica amateur única no universo coñecido. En breve, o resumo da tempada.
Este fin de semana remata a 8ª tempada de eltiempoentuojete. Chega ó seu fin co desenlace da competición meteorolóxica, a Ojete’s Cup 2021 en Escocia, e a sísmica, a OjeteQuake 2021. A Ojete’s Cup vai ter un gañador a primeiras, con dous xogadores inéditos nunha final do torneo de un-contra-un. A OjeteQuake ainda está por decidir, pero un xogador ten moitas papeletas para inaugurar o seu marcador abrindo as portas do Olimpo sísmico.
A gran final entre Xowi e Julio está moi parella, con pluviosidade e temperatura mínima empatada. A diferenza atopámola nun grado na temperatura máxima e no refacho de vento, que podería ser decisivo. A continuación presentamos unha comparativa dos finalistas ó longo da historia da Ojete’s Cup.
A loita polo 3º caixón do podio, entre Nanuq e Lukas ten denominador común na temperatura máxima e a pluviosidade. Moita diferenza na mínima e no vento, onde Lukas dobla a aposta de Nanuq.
Polo 5º posto, Víbora e Oscar teñen unha das eliminatorias máis parellas, cun único punto de distancia na temperatura mínima e un soitario kilómetro no vento, sendo un factor diferencial que pode marcar o rumbo do enfrontamento.
Sarabia e Jose Lopez loitan polo 7º lugar con apostas apertadas. Un punto de disparidade en cada un dos parámetros de temperatura e 5 kilómetros no vento son as diferenzas nunha rolda seca para ámbolos dous participantes.
A final B, pola parte mala do cadro van disputala Botikas e Kaltxon. Grandes discrepancias na temperatura máxima e no refacho de vento, mínimas moi semellantes e auga clavadiña, ningunha.
Polo lugar 11 na xeral, Beocha segue agardando a aposta de Zalamera. Perderá 10 puntos se consegue apostar antes das 16:00 horas.
Michi e Aki, na batalla polo 13º posto, teñen apostas similares en tódolos campos agás no refacho, no que Michi cuadriplica a aposta de Aki. O factor decisivo no caso de empate, moi aberto.
E na loita por evitar a vergoña, Breogán77 pode pasar de heróe do ano pasado, a vilán nesta edición onde ainda non acadou vitoria. O seu contrincante, Ocandepavlov, adoita vivir na poza do purín, pero é unha experiencia que non da vantaxe neste caso. Como de costume nesta rolda, diferenzas en tódolos campos, coa única aposta en auga de toda a tropa de eltiempoentuojete.
Na OjeteQuake 2021 os principais aspirantes ó título alinéanse dende as Illas Kuriles, na fosa das Marianas, Filipinas, Indonesia e ata Samoa. Fora dos aspirantes e do Anel de Fogo temos avisos sísmicos nas Illas Sandwich, Letonia, Irán, Afganistán e no sur de Hanga Roa, nas aforas da costa chilena.
Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com
Esta xornada, derradeira da OjeteQuake2021 comeza ás 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace. De origatorio seguimento se estás o Top-10.