Gran remate de tempada

Este fin de semana remata a 8ª tempada de eltiempoentuojete. Chega ó seu fin co desenlace da competición meteorolóxica, a Ojete’s Cup 2021 en Escocia, e a sísmica, a OjeteQuake 2021. A Ojete’s Cup vai ter un gañador a primeiras, con dous xogadores inéditos nunha final do torneo de un-contra-un. A OjeteQuake ainda está por decidir, pero un xogador ten moitas papeletas para inaugurar o seu marcador abrindo as portas do Olimpo sísmico.

A gran final entre Xowi e Julio está moi parella, con pluviosidade e temperatura mínima empatada. A diferenza atopámola nun grado na temperatura máxima e no refacho de vento, que podería ser decisivo. A continuación presentamos unha comparativa dos finalistas ó longo da historia da Ojete’s Cup.

A loita polo 3º caixón do podio, entre Nanuq e Lukas ten denominador común na temperatura máxima e a pluviosidade. Moita diferenza na mínima e no vento, onde Lukas dobla a aposta de Nanuq.

Polo 5º posto, Víbora e Oscar teñen unha das eliminatorias máis parellas, cun único punto de distancia na temperatura mínima e un soitario kilómetro no vento, sendo un factor diferencial que pode marcar o rumbo do enfrontamento.

Sarabia e Jose Lopez loitan polo 7º lugar con apostas apertadas. Un punto de disparidade en cada un dos parámetros de temperatura e 5 kilómetros no vento son as diferenzas nunha rolda seca para ámbolos dous participantes.

A final B, pola parte mala do cadro van disputala Botikas e Kaltxon. Grandes discrepancias na temperatura máxima e no refacho de vento, mínimas moi semellantes e auga clavadiña, ningunha.

Polo lugar 11 na xeral, Beocha segue agardando a aposta de Zalamera. Perderá 10 puntos se consegue apostar antes das 16:00 horas.

Michi e Aki, na batalla polo 13º posto, teñen apostas similares en tódolos campos agás no refacho, no que Michi cuadriplica a aposta de Aki. O factor decisivo no caso de empate, moi aberto.

E na loita por evitar a vergoña, Breogán77 pode pasar de heróe do ano pasado, a vilán nesta edición onde ainda non acadou vitoria. O seu contrincante, Ocandepavlov, adoita vivir na poza do purín, pero é unha experiencia que non da vantaxe neste caso. Como de costume nesta rolda, diferenzas en tódolos campos, coa única aposta en auga de toda a tropa de eltiempoentuojete.

A etapa de Cherry Cottage comezará cara as 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.

Na OjeteQuake 2021 os principais aspirantes ó título alinéanse dende as Illas Kuriles, na fosa das Marianas, Filipinas, Indonesia e ata Samoa. Fora dos aspirantes e do Anel de Fogo temos avisos sísmicos nas Illas Sandwich, Letonia, Irán, Afganistán e no sur de Hanga Roa, nas aforas da costa chilena.

Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Esta xornada, derradeira da OjeteQuake 2021 comeza ás 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace. De origatorio seguimento se estás o Top-10.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Gran remate de tempada Ler máis »

Troco de estación

aviso de troco

Dende eltiempoentuojete queremos dar conta do mal funcionamento da estación meteorolóxica de Lagganlia, derradeira xornada da Ojete’s Cup 2021 en Escocia.

Trocamos o lugar de xogo cara a estación máis cercana á xa establecida e que non da síntomas de erro. A nova estación é Cherry Cottage, no mesmo concello das Highlands.

Os enlaces novos xa están actualizados e podedes atopar toda a información tanto no Calendario coma na Etapa en curso.

Atención!! Recomendamos pasar pola páxina nai da Xornada en curso, dado que o nome da estación pode levar a engano. Pasa pola páxina de Cherry Cottage para localizar eficientemente o lugar do xogo. Alí podes atopar todo o necesario para ubicar adecuadamente esta estación.

Saúdos e sorte!!!

Troco de estación Ler máis »

Cara a loita final

Gran xornada a desputada no concello de Lanarkshire, ounde a estación de Roberton decidiu a sorte dos participantes e a derradeira loita por unha posición orgullosa ou de decepción.

A xornada comezaba con unha tímida chuvia que amenazaba con coller corpo. Pero foi a derradeira noticia húmida que recibiu a estación en todo o día. As temperaturas foron superiores ás agardadas polo grupo de apostantes, quedando a mínima nos 14º e chegando a 21º xa no mediodía. O vento mudaba a decisivo ainda que se mantivo dentro das expectativas agardadas, 23 km/h. Houbo de desempatar algunha das eliminatorias…

Na batalla por acadar un posto na final, Xowi e Nanuq compartían moito nos seus pronósticos e así se chegou o desempate pola cercanía ao vento, que por dous kilómetros Xowi desputará por primeira vez a final da Ojete’s Cup.

Lukas e Julio compartían a idea de etapa seca. A grande diferencia de refacho quedou en nada, pero o acerto nas temperaturas de Julio arrincóulle 3 puntos que dan acceso á gran final do torneo.

O enfrontamento entre Víbora e Sarabia tiña diferencias na chuvia e na temperatura e cada unha delas beneficiou a un dos apostantes. O empate decidíuse de novo no vento, con pleno para Víbora, que pelexará pola 5ª praza.

A competencia por ese 5º lugar ven da man de Oscar, quen co seu negacionismo á chuvia desfixo a igualdade do resto de parámetros e deixou fora a Jose Lopez.

A diferencia entre Zalamera e Kaltxon estivo na puntualidade. Zalamera condenóuse o venres, ainda que Kaltxon acada unha das mellores puntuacións da xornada.

Un punto na temperatura e outro na auga decantaron o xarro cara Botikas, nunha batalla moi igualada con Beocha.

E un punto na temperatura decidíu pola mínima o enfrontamento entre Michi e Ocandepavlov, que terá a derradeira oportunidade de gañar un cacheira-a-cacheira.

Na mesma situación de evitar a vergoña está Breogán77, vencido por Aki á conta das apostas feitas en pluviosidade. O ainda posuidor do título, en apuros.

Deste xeito chegaremos á derradeira xornada do torneo e da tempada. A final será cousa de Xowi e Julio. Nanuq e Lukas van loitar polo derradeiro caixón do podio. Víbora e Oscar, polo 5º lugar. Sarabia e Jose Lopez, polo 7º. Botikas e Kaltxon buscarán a vitoria na final B, a dos derrotados na 1ª rolda. Zalamera e Beocha discutirán o posto 11. Polo 13 pelexarán Michi e Aki. Por evitar a vergoña de perder tódolos enfrontamentos, Ocandepavlov e Breogán77.

Se queres indagar no sucedido na 3ª rolda da Ojete’s Cup 2021 en Escocia, preme no enlace abaixo exposto.

Na OjeteQuake 2021 esta xornada chegóuse ata os 7.1 Mg. Poucos pronosticaron tal intensidade, pero ata 3 participantes agardaban na zona de fricción. Os tres levaban unha magnitude de 5.8 Mg. A vitoria levóuna Marius por mellor localización e 472 puntos, que o coloca no posto 16. Por tras, con dous puntos menos, 470, chegou Landrán, que acada o lugar 21 na xeral. O terceiro en desputa foi o líder, Jose Lopez, que saíu da zona de influencia do Anel de Fogo para deixar case decidida a competición. Aventaxou a todo o Top-10 en 200 puntos de media. A osadía tivo premio nesta ocasión e obrigará ós seus máis directos competidores a sair da zona de confort na que se atopaban.

Ainda que resta unha xornada por diante, semella que somentes Jose Lopez pode perder o posto de privilexio, ainda que o acaecido nesta xornada podería suceder para outro ousado. Pero para iso hai que poñer toda a carne na churrasqueira.

Para coñecer tódolos detalles da 20ª etapa da OjeteQuake 2021, fai clic no botón embaixo estas letras.

Esta semana é a derradeira da tempada, con finais nas duas competicións en activo, a Ojete’s Cup en Escocia e a OjeteQuake 2021. Tenta rematar con honor e comeza a pensar nunha nova tempada, que voltará a Galiza no final de septembro.

Saúde e sorte!!!

Cara a loita final Ler máis »

Penúltima da tempada

Antes de nada debemos pedir desculpas pola derruba da páxina principal durante o día de hoxe. Unha actualización fixo estragos no blog, onde se deberían amosar as apostas da penúltima xornada, a desputar este fin de semana en Roberton. Semella todo arranxado, pero se advertides algún erro de calqueira tipo, sexa estructural ou de estilo, rogamos avisedes ó noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Esta semana, pola parte superior do cadro, decidiremos quén vai desputar o título na final da Ojete’s Cup 2021 en Escocia. Tamén quén accede á final B, a dos que perderon a primeira xornada. Da máis traballo quedar no posto 9, gañando os tres derradeiros enfrontamentos, que gañar o posto 8, gañando a primeira e perdendo o resto de loitas. O cadro traballa así e seica vai pola lóxica olímpica…

Nanuq e Xowi xóganse o pase á final con apostas similares, discuten na temperatura mínima, difiren nun litro de auga e pouco marxe no vento, que pode decidir no caso de empate.

Julio e Lukas teñen diferenzas amplias na temperatura, coinciden nunha xornada seca e o maior abismo atopámolo no vento, onde Julio case dobra a Lukas.

Sarabia e Víbora loitan polo 5º posto con pequenas diferenzas en tódolos campos que prometen un enfrontamento aberto pero similar.

Oscar e Jose Lopez, cunha pequena diferenza na máxima, dous litros os separan, e no vento son dos que menor refacho apostaron.

Zalamera e Kaltxon clonan as apostas en chuvia e vento, con temperaturas separadas, pero co lastre de 10 puntos pola impuntualidade de Zalamera inclina a romana cara Kaltxon.

Batalla de ilustres polo posto 13, con dous competidores con máis podios que Atenas. Botikas e Beocha teñen apostas moi parellas en temperaturas e chuvia, con alta separación no vento. Promete igualdade máxima.

Michi e Ocandepavlov tentan evitar o purín con apostas moi semellantes, sendo a temperatura onde se atopan máis diferenzas.

Aki e Breogán77 non acostuman a loitar por salvar o orgullo, pero despois de duas derrotas atópanse coa diferenza máis destacable na pluviosidade. Será o factor decisivo?

A etapa comezará cara as 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.

A OjeteQuake 2021, tamén na penúltima xornada, semella espallada coma a herba seca baixo o nordés. A zona occidental do Anel de Fogo está tan chea coma sempre, de norte a sur. A maiores, apostas en China, Rusia, África central, Alaska, Canadá ou Chile. Unha aposta ao sur do continente africano e tres nas Illas Sandwich, onde atopamos a un dos que se van xogar o título, cunha aposta lonxe dos seus competidores. Esta semana a magnitude máxima chega ata os 7,2 Mg.

  • Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Esta xornada, penúltima da OjeteQuake 2021 comeza ás 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Penúltima da tempada Ler máis »