Frescura en Gulberwick

Rematou a segunda rolda da Ojete’s Cup en Escocia e xa temos semifinais para o título. As temperaturas foron baixas, coma corresponde á sua situación. Rexistráronse 12º C. no mediodía e xa na tardiña acadóuse a mínima en 8ºC. Choveu miúdo e por tramos, para meter 4 litros no pluviómetro. Os refachos foron de gama media, quedando finalmente nos 33 km/h. Tivemos que acudir á páxina web da propia estación para poder recabar os datos, dado que a rede de estacións véuse abaixo dende primeira hora da xornada.

O enfrontamento entre Nanuq e Sarabia decidíuse pola cantidade de chuvia. Nanuq pasa de fase con 4 puntos de vantaxe sobre Sarabia. Tiñan 5 pts. de diferenza na pluviosidade.

Xowi e Víbora empataron a puntos na auga e todo se decidiu na temperatura e no refacho de vento. O final, 3 puntos a favor de Xowi, que accede os postos de honra.

Oscar e Julio viviron unha xornada moi apertada que se decidiu en pequenos detalles. Un punto de diferencia clasifica a Julio para semifinais.

O derradeiro posto en semifinais foi para Lukas, que cunha mellor aposta en temperatura e chuvia doblegou a Jose Lopez, que loitará polo 5º posto.

Na cara occidental do cadro, Zalamera obtivo mellores resultados en tódolos campos e xogará polos postos altos do lado dos derrotados na primeira xornada, deixando a Michi a loita por evitar a vergoña.

Ocandepavlov arrasou na temperatura a Kaltxon, pero o refacho de vento arrimou a vitoria para este último. Verase cara a cara con Zalamera.

Aki arriscou na auga e Botikas non deixou escapar a vitoria con mellores datos nos tres parámetros requeridos. Buscará gañar a final B.

O rival de Botikas será Beocha, que derrotou ó vixente campión da Ojete’s Cup por unha marxe mínima que acadou no refacho de vento.

Se queres adentrarte no acontecido na segunda xornada da Ojete’s Cup en Escocia, pica no botón de enlace embaixo este texto.

A xornada da OjeteQuake resultou nunha loita pechada entre o acontecido en Haití e os múltiples sismos nas Illas Sandwich. Finalmente unha réplica sismo de 7,2 de Haiti levou o maior terremoto da xornada, con 5,8 Mg.

A vitoria levóuna Rasta76 cun sismo apostado no norte de Perú, que lle deixa 472 puntos que o elevan ata a terceira praza da xeral sísmica, supoñendo unha ameaza tanto ós dous líderes senlleiros coma os persecutores, case sempre @s mesm@s.

Para acadar tódolos datos da 19ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no enlace abaixo exposto.

En breve estará dispoñible o Cadro do Torneo, ainda que podes ver os seguintes enfrontamentos na táboa de clasificación.

E permanecede atentos, as estacións meteorolóxicas da WOW Met Office non traballan coma deberían. Se o problema é global non poderemos facer moito. Se o problema se focaliza na estación en curso para esta semana, é probable que a troquemos por unha máis fiable. Permanece vixiante…

Saúde e sorte!!!

Frescura en Gulberwick Ler máis »

Traballando no Gran Sol

A segunda rolda da Ojete’s Cup en Escocia 2021 lévanos ata o territorio do Mar do Norte, concretamente ata as Illas Shetland. Alí, en Gulberwick vaise dilucidar quen loitará polos mellores postos e que terá que loitar pola vergoña propia. Agardamos unha xornada semellante á da pasada semana, con chuvia e refachos de grao medio e unha temperatura fría para o mes no que nos atopamos.

Este é un pequeno resumo dos enfrontamentos da xornada.

Nanuq e Sarabia comparten temperatura. Ainda que algún punto se xoga no vento, a chuvia será factor determinante para a resolución deste combate.

Víbora e Xowi se atopan nunha situación similar, con temperaturas parellas, espazo medio no refacho e unhas apostas en mollado que poden decidir a competencia.

Oscar e Julio teñen tamén semellanzas na temperatura, pouco espazo no refacho e, de novo, a loita na pluviosidade pode decidir este enfrontamento.

Jose Lopez e Lukas teñen o coeficiente conxunto de vento máis alto desta segunda rolda. As diferenzas na temperatura e a cantidade de auga serán decisivas.

Na parte oscura do cadro, Michi e Zalamera teñen a eliminatoria máis seca desta rolda. Vento similar e temperaturas que poden decantar este emparellamento.

Entre Ocandepavlov e Kaltxon a auga non será decisiva ó cen por cento, dadas as diferenzas na temperatura máxima e no refacho de vento.

Aki e Botikas buscan a mellora a través de pequenas diferenzas en tódolos parámetros. Quizáis por iso semella tan igualada.

Tamén Breogán77 e Beocha, con apostas semellantes en tódolos campos, van ter que agardar ata o derradeiro momento para dirimir as desavenecias meteorolóxicas.

Apostas moi diferentes para a mesma localización e tempo, que promete emoción dende o primeiro momento. A etapa comezará cara as 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.

Polo que atingue á OjeteQuake 2021. A maioría das apostas están concentradas no rango habitual, entre Xapón e as Illas Fiji. Fora da cadencia normal atopamos apostas en China, Myanmar, o Golfo de Bengala, tres apostas na costa pacífica de Sudamérica, un par nas Illas Sandwich e incluso unha aposta en Galicia. E coidado, ten unha magnitude de 6.0 e foi feita pola participante con máis vitorias na Liga dos Terremotos.

Esta xornada ven condicionada por unha semana onde se rexistraron tres sismos de máis de 7 na escala de magnitude. Dous deles nas Illas Sandwich e outro en Filipinas. O outro detalle foi o sismo rexistrado en Granada cunha magnitude de 4.6.

  • Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Esta xornada, antepenúltima da OjeteQuake 2021 comeza ás 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Traballando no Gran Sol Ler máis »

Segundo asalto

Xa temos o cadro de competición desta segunda rolda da Ojete’s Cup. En verde, @s clasificad@s para loitar polas oito mellores plazas da xeral. Quen pase esta fase estará entre os 4 mellores e loitará polas medallas. En vermello, na batalla polas posicións dende o 9 ata o 16.

Na parte superior do cadro, dos 4 cacheiras de serie somentes Zalamera perdeu esa condición, certo é que era a 8ª contra 9ª praza. Pouca vantaxe…

Nanuq ten enfronte a Sarabia, verdugo de Zalamera, que pelexará con Michi por acadar o 9º lugar.

Víbora e Xowi competirán nunha das grandes eliminatorias. 4º e 5º buscan o pase e son ben experimentados. Eliminaron a Ocandepavlov e a Kaltxon, con coeficiente semellante, 13º e 14º cun cara a cara inédito na Ojete’s Cup.

Na parte inferior do cadro, tanto Julio coma Oscar venceron a rivais con pedigrí. Julio ven de gañar a Botikas e Oscar ten un ouro e unha prata neste torneo. Botikas e Aki semella unha batalla a seguir de preto, ainda que a experiencia tamén conta.

Jose Lopez e Lukas fixeron bo o seu posicionamento coma cacheiras destacadas para enviar ó lado oscuro a Beocha e Breogán77 a resarcirse entre eles. Outro dos a priori mellores combates e un desafío para ambos.

Saudos e sorte!!!

Segundo asalto Ler máis »

Pura Escocia

Primeira xornada de competición para @s 16 escollid@s para a desputa da Ojete’s Cup 2021 en Escocia. E semella que estaba agardando por nós… A chuvia fixo aparición na etapa inaugural en Croftgarrow, deixando 11 litros e algúns cadáveres no camiño. As temperaturas estiveron mornas no inicio, frescas ó final, pero a temperatura mínima estancou en 13º C. Despois dun mediodía tormentoso, a temperatura máxima acadou os 20º C. peladiños. O vento, frouxo, foi medrando cara a metade do día, chegou ata os 22 km/h. e despois voltou esvaecerse por baixo dos 10 km/h. As máximas puntuacións foron marcadas por Julio e Lukas, con 55 puntos. Somentes 6 participantes do total de 16 superaron os 50 puntos, dando conta da dificultade da etapa.

Este é un pequeno resumo do acontecido en cada un dos enfrontamentos.

Nanuq, o cacheira de serie número 1 venceu no seu enfrontamento ante Michi. Unha eliminatoria seca que se decidiu no vento, despois de empatar a temperatura e cun único punto de diferenza na chuvia.

Ainda que as diferenzas na auga semellaban o punto de inflexión da eliminatoria de Zalamera e Sarabia, foi a temperatura a que lle deu a vitoria a Sarabia, onde arrincou a Zalamera 6 puntos e a clasificación para a mellora.

Á de Víbora e Ocandepavlov tívose que decidir na prórroga. Os puntos mutuamente roubados en tódalas áreas empataban a eliminatoria, que se decidiu polo maior acerto no vento por parte de Víbora, que califica en verde.

Xowi sacóulle 2 puntos na temperatura e outro na auga á aposta de Kaltxon. 3 puntos definitivos nunha eliminatoria con apostas semellantes.

Julio demostrou afouteza en tódolos parámetros e, coa mellor puntuación da xornada, derriba a Botikas, o cachola número 2 da competición, sobre todo á conta da auga.

Oscar levou o outro enfrontamento pluviosamente negacionista. Un punto de diferenza na auga foi o detonante, ainda que un kilómetro por hora máis trocaría a báscula cara Aki. Pero non foi así…

Jose Lopez non deu burato a Breogán77, cunha das mellores apostas en pluviosidade e elimina o campión da Ojete’s Cup 2020, que non poderá manter o cinto.

Lukas tamén superou na pluviosidade a Beocha, para superar a rolda. Foi o factor decisivo cunha aposta destemida pero precisa. E leva o premio da vitoria compartida.

Ainda que xa coñecedes as eliminatorias, esta noite apresentaremos o cadro de competición para a 2ª rolda da Ojete’s Cup.

Para analizar tódolos datos da 1ª rolda da Ojete’s Cup 2021, pica no botón embaixo estas letras.

Na OjeteQuake, cando xa non esperabamos nada máis aló do sismo en Alaska, a falta de duas horas para o remate da xornada, picaba un sismo de 5,5 Mg. preto de Macquarie Island e e do casquete polar sur. Botikas gaña por cercanía, un método utilizado nas derradeiras xornadas da OjeteQuake. Con o Mar de Coral e o Mar de Tasmania polo medio, acada a mellor posición con respecto o epicentro.

Os catro primeiros da xeral entraron en somentes tres puntos de diferenza. Víbora mantén o liderato con 7 puntos sobre Jose Lopez, que lle leva case 100 a Breogán77, terceiro caixón do podio, que mantén a Mina a menos de 20 puntos. Pero agora entran na liza dous lobos expertos nesta competición sísmica. Balboa e Lukas, vellos gañadores da Liga dos Terremotos xa están na 5ª e 6ª plaza e ameazan a un cuarteto que leva toda a liga nas prazas de éxito. Comeron a Rasta76, no 7º lugar. Por tras, Julio, Xowi e Popolo completan un Top-10 que se mantén a menos de 300 puntos da cacheira.

Para obter toda a información resultante da 18ª xornada da OjeteQuake 2021, preme no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Pura Escocia Ler máis »