Interpretar Met Office ao vivo

Dende eltiempoentuojete queremos dar un par de detalles que axuden a entender cómo interpretar a páxina ao vivo de Met Office, a axencia meteorolóxica de Gran Bretaña, e a sua web de observacións, WOW.

O enlace da Xornada ao vivo lévate ata a páxina principal de observacións da xornada en curso (nos exemplos, Croftgarrow). O primeiro que vemos é o Dashboard. Ainda non sabemos a cencia certa o tempo de recollida dos datos, nin se son dun día, dunha hora ou de 5 minutos. Polo tanto, mellor pasar desta pestana.

A seguinte pestana é a de Table. Clica nela. Nos filtros podes ver a data da consulta de datos. Embaixo, unha pestana na que poder ler Observation options.

En Observation options podes escoller os parámetros a consultar. Clicaremos en Air temperature (temperatura do aire), Rainfall accumulation (chuvia acumulada) e Wind Gust (refacho de vento), os necesarios para a nosa tabla.

Un pouco máis abaixo atoparás unha pestana que indica Table summary. Esa vai ser a referencia final para acadar os datos necesarios para a etapa. Se picas, ábrense os datos acumulados diarios. Recorda revisar na parte superior que a data escollida é a que precisas. Embaixo esta sumario podes visionar tódolos datos da xornada tomados cada 5 minutos.

Por último, na pestana de Graph, alóxanse os datos con intervalos de 1 hora. Son menos precisos, pero son unha referencia máis.

Da mesma maneira que a pestana Table, podes seleccionar a data e escoller os parámetros a visionar, desta vez na pestana Filter Options.

Recorda que cada vez que troques a data ou os parámetros, deberás pulsar o botón azul de Update Table ou, no caso das gráficas, Update Graph para actualizar a consulta. Por último, recomendamos usar a Table Summary da pestana Table. É a que tomaremos coma referencia, está baseada en datos cada 5 minutos e está actualizada ó derradeiro fluxo de datos.

Agardando que sexa de axuda…

Saudos e sorte!!!

Interpretar Met Office ao vivo Ler máis »

Inicio decisivo

Primeira rolda da Ojete’s Cup en Escocia. Semella que temos por diante unha xornada chuviosa, con pouco vento e temperaturas inestables. A primeira xornada é a máis importante, pois escolle se vas xogar cos 8 mellores ou vas para o posto do 9 ó 16. Algúns enfrontamentos vanse decidir pola chuvia, ainda que noutros o decisivo vai ser a temperatura. O refacho de vento pode ser decisivo no caso de desempate por puntos.

Nanuq e Michi teñen unha desputa de negacionistas da chuvia. A temperatura será moi importante e incluso a diferenza no vento pode intervir no resultado.

Zalamera e Sarabia teñen grandes diferenzas en tódolos parámetros. A auga será un factor decisivo.

Víbora e Ocandepavlov teñen apostas semellantes nos parámetros e seica váise decidir pola mínima.

Xowi e Kaltxon comparten moitos parámetros e semella que o resultado se vai decidir por pequenos detalles.

Botikas e Julio tamén teñen unha eliminatoria apretada con valores semellantes en tódolos parámetros.

Aki e Oscar, con apostas similares, derimirán as súas diferenzas na temperatura mínima.

Jose Lopez e Breogán77 teñen parámetros similares excepto na auga, que será a base da vitoria.

Lukas e Beocha comparten temperatura e cun refacho similar, a pluviosidade será o factor decisivo para o pase de ronda.

Para seguir a xornada inaugural da Ojete’s Cup, preme no seguinte enlace para seguir a xornada ao vivo, a partires das 02:00 desta madrugada.

Polo que respecta a OjeteQuake, fora do Anel de Fogo sometes atopamos apostas en Perú, China, Birmania, Libia e nas Illas Sandwich. A magnitude máxima apostada establécese nos 6,4 Mg.

  • Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Se queres seguir a xornada de preto, deixamos este enlace ao vivo, que comezará o seu funcionamento cara as 02:00 horas da madrugada de hoxe mesmo.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Inicio decisivo Ler máis »

A cabessa non para

Ainda celebrando o final do Torneo de Vran en Alaska, con Nanuq recén aposentado no trono do estío 2021 e xa temos que comezar a pensar na Ojete’s Cup, con inicio de competición esta mesma fin de semana. Escollemos 4 localizacións na primeira competición localizada en Europa sen ser España nin Galicia. As terras altas escocesas acollen a Ojete’s Cup 2021 en Escocia.

As datas están erradas. Dende o 8 ata o 29

A clasificación no Torneo de Vran serve de padrón para elaborar o Cadro de Competición para a Ojete’s Cup. @s 8 primeir@s clasificad@s son cacheiras de serie, e enfrentaranse por orde de máximo a mínimo. O 1º contra o 16º, o 2º contra o 15º e así sucesivamente. Podes consultar o Regulamento específico neste enlace. O Cadro de Competición apresentámolo de seguido.

Estamos a trocar os enlaces nos menús para amosar tódala información referente á Ojete’s Cup 2021 en Escocia. Por tanto, desaparecerán a maioría de referencias ó Torneo de Vran en Alaska 2021. Podes atopar os resumos do torneo en Ligas no Tempo ou neste enlace directo ó Resumo para calqueira consulta. Tamén están preparadas as estadísticas que nos deixou a competición en Alaska en Estadísticas do Torneo de Vran.

Ó longo desta tardiña imos ir trocando os enlaces e menús, adaptando o mecanismo á desputa da derradeira competición da nosa tempada meteorolóxica. Os participantes clasificad@s recibirán hoxe un mail de aviso de inicio de competición e outro de recordo de aposta este mesmo venres.

Recordamos que a competición sísmica continúa o seu camiño, que rematará á par da competición meteorolóxica, aló por o 29 de agosto. Por tanto, non esquezas a tua aposta para a OjeteQuake 2021. Podes facelo ainda que non compitas na Ojete’s Cup, sempre dentro dos términos de tempo adecuados. Ou sexa, antes das 24:00 horas do venres.

A cabessa non para Ler máis »

Novos valores

Xornada espectacular a desputada en Juneau para esclarecer o resultado final do VIII Torneo de Vran en Alaska. A maioría dos participantes deron o máximo de si mesmos para acadar os seus obxetivos. Nalgúns casos o lograron e noutros non.

A xornada comezaba con temperaturas altas, con mínimas moi altas que foron atenuándose na madrugada. A máxima chegou ata os 25º C. na sobremesa, superando calqueira predicción dos meteoludópatas. A chuvia non fixo aparición e o refacho estivo todo o día en 20. Os resultados definitivos da NOAA baixaron a temperatura mínima ata os 13º C. e reaxustaron o refacho de vento ata os 24 km/h.

Botikas levou unha etapa compricada de gañar en soidade con 56 pts., pero os derradeiros trocos de NOAA beneficiaron ós seus intereses e trepa na clasificación de vitorias históricas.

Por tras un trio con 55 pts, con Jose Lopez, Modesto e Verducido. Con 54 Lukas, Rasta76, Nanuq e Aki. E con 53 puntos chegaron Denodeno, Víbora, Iru, Kaltxon e Marius.

Deste xeito abrimos por segunda vez esta tempada, para engalanar un novo gañador de competicións. Nanuq ascende de nivel e amilana ás vacas sagradas de eltiempoentuojete. Gañou o Torneo de Vran 2021 cunha puntuación axustada. Botikas fixo todo o que estivo na sua man, incluindo a vitoria de etapa. No terceiro chanzo do podio, Jose Lopez, atacando dende o 5º posto e relega a Víbora e Xowi fora dos postos de máxima honra. Lukas perde o desempate e acada o posto 6. Aki, Zalamera, Sarabia e Oscar, nesta orde, completan o Top-10 final.

Se queres coñecer tódolos detalles e revisar o Top-16 que pelexará en Escocia pola Ojete’s Cup, clica no enlace embaixo estas letras.

A OjeteQuake volveu rexistrar un sismo nunha zona do mundo abandonada polos apostantes da Liga dos Terremotos. Coma sempre, a xornada estivo moi activa na madrugada do domingo, con varios sismos con epicentro en Islandia, Colombia e Guam. Preto das 04:00 horas rexistróuse o que sería o sismo definitivo con sede en Europa. Sismo de 5,7 Mg. en Mandráki, no Mar de Creta, deixando a sua pegada en Grecia.

Quen estaba máis preto localizara o seu epicentro en Birmania. Sarabia foi a única que superou os 400 puntos nesta 17ª etapa e acada a súa terceira vitoria nesta edición, ainda que segue perdida máis aló do posto 15. Pero ninguén lle quita que todas as súas vitorias símicas foron conseguidas nesta 4ª edición da OjeteQuake. Por tras, Breogán77 egade 381 puntos e mantén a posición de podio. Coa mesma puntuación entrou Ocandepavlov, que segue afundido máis aló do posto 20.

A xeral volve estar comandada por Víbora, con Jose Lopez na sua caza. Mina cae do podio coa entrada de Breogán77 e Balboa cede ante o empuxe de Rasta76, agora no 5º posto. As diferenzas son mínimas a falta de 4 xornadas e nada está decidido polo momento.

Para acadar tódolos datos da 17ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no botón embaixo exposto.

Os clasificados para a Ojete’s Cup xogan esta mesma semana a primeira das confrontacións preparadas para Escocia. Recibiredes un mail en breve e a partires de mañán toda a información sobre as etapas, calendario e cadro de competición nos menús da web. Este ano non hai xornada de descanso.

Para o resto, vacacións ata finais de septembro, cando se inicie unha nova tempada meteorolóxica de eltiempoentuojete.

Saúde e sorte!!!

Novos valores Ler máis »