Un final repousado

As previsións para a derradeira xornada do Torneo de Vran en Alaska semellan moi quedas. A auga promete pouco movimento, o refacho de vento aparenta frouxo e as temperaturas, con bastante amplitude térmica, quizais sexa o parámetro a seguir. Pouca marxe de movimento para quen quere entrar no clube do Top-16, tamén para aquel@s que tentan mellorar a súa posición e incluso para gañar a competición.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 14 e os 22º C. As mínimas, con menor amplitude, van dende os 10 ata os 15º C. As apostas sobre pluviosidade están baleiras na súa maioría, con 4 apostas na mínima e unha aposta que chega ata os 4 litros. Nos refachos de vento atopamos prediccións dende os 9 ata os 36 km/h.

Con estas apostas temos por diante unha derradeira xornada con moita emoción por coller praza no Top-16, mellorar a que xa tes ou incluso gañar unha competición. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 10:00 horas da mañanciña do domingo.

Na OjeteQuake 2021 as apostas seguen a concentrarse no lugar de sempre, no noroeste do Anel de Fogo. Atopamos apostas tamén en China, Alaska, a costa de Estados Unidos e a zona noroeste de Sudamérica e duas apostas con epicentro nas Illas Sandwich. Coma dato curioso, a zona de Fiji e Nova Zelanda aparece baleira de apostas, sendo un lugar onde, sen ir máis lonxe, a semana pasada deixou alí a sua marca, a maiores da grande cantidade de sismos que rexistra.

  • Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Se queres seguir a xornada de preto, deixamos este enlace ao vivo, que comezará o seu funcionamento cara as 02:00 horas da madrugada de hoxe mesmo.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Un final repousado Ler máis »

Chuvia insuficiente

A 4ª xornada do Torneo de Vran en Alaska quedou sen marcas de auga a pesares das prediccións das axencias e d@s nos@s apostantes. As temperaturas estiveron dentro do rango apostado ainda que as mínimas foron baixas. Sen chuvia suficiente para encher unha litrona, o vento subíu a súa intensidade na prórroga, no axuste final de parámetros, acadando os 27 km/h.

Daquela atopamos dous gañadores ó unísono con 56 puntos. Oscar mantén e incluso mellora a súa clasificación dentro do Top-16, cunha marxe de 6 puntos sobre o precipicio. Bar Pequeno anota unha vitoria no taboleiro de vitorias de etapa e pouco máis, tendo unha xornada de incomparecencia que impedirá a clasificación para a Ojete’s Cup.

Xowi e Zalamera achegan 55 puntos no marcador e conservan as posicións de privilexio no Top-16. Iago e Michi, coa mesma puntuación, presionan na antesala dos postos de inmunidade. O regulamento fai que Iago entre no Top, sacando pola mínima a Julio do empate polo derradeiro lugar. Tamén con 55 puntos, Modesto e Landrán agardarán en segunda fila o faio dos seus predecesores combinado cunha derradeira xornada maxistral para poder coller sitio na Ojete’s Cup.

O Top-16 segue a ser o mesmo da semana pasada, coa única diferenza de Iago dentro e Julio fora. Toda unha manda de lobos persecutores agarda ao rececho, un faio de calqueira dos seus superiores, o que fará da derradeira xornada en Juneau unha loita a vida ou morte por un posto na Ojete’s Cup.

Para coñecer todo o sucedido na 4ª xornada do Torneo de Vran en Alaska, preme no botón embaixo exposto.

A OjeteQuake viviu unha estrana xornada cun terremoto máximo de 5,8 Mg. con epicentro nas Illas Kermadec, zona xa moi repetida nos terremotos máximos de esta edición. Pois esta semana esa parte do Océano Pacífico estaba baleira de apostas. A vitoria foi para Zalamera, cunha aposta nun lugar indeterminado do Océano Pacífico. 459 puntos que non a sacan do pozo da xeral, pero que inaugura a sua casiña de vitorias no contador sísmico. Por tras, con 441, Beocha colle o posto 10 da clasificación. Jose Lopez e Balboa engaden 436 puntos. Jose Lopez toma un liderato que non soltaba Víbora dende moitas xornadas atrás. Balboa chega ata a 4ª praza e ameaza o podio que segue a manter Mina.

Se queres coñecer tódolos detalles acaecidos na 16ª xornada da OjeteQuake 2021, pica no enlace abaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Chuvia insuficiente Ler máis »

Albiscando o obxetivo

Penúltima das xornadas programadas para o Torneo de Vran en Alaska e ainda non está nada decidido de maneira definitiva. A desputar en Ketchikan, as predicción volven ser de tempo inestable e posibilidade de chuvia miúda. O resto dos parámetros seguen a liña indicada por xornadas pasadas, con vento frouxo e pouca amplitude térmica.

Con este panorama temos, no que respecta as posturas de temperatura máxima, valores entre os 14 e os 17º C. As mínimas amosan apostas entre os 10 e os 13º C. Os valores para a pluviosidade van dende 0 ata 9 litros, sendo un dos parámetros máis abertos. Nos refachos de vento, as estimacións comprenden dende os 13 e os 41 km/h.

Xornada de moita emoción e probablemente inestable, co reto de acadar posto clasificatorio e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires das 10:00 horas da mañanciña do domingo.

Polo que atingue á OjeteQuake, o groso das apostas segue a emplazarse no oeste do Océano Pacífico. Fora desta zona atopamos apostas na cara oeste de todo o continente americano e, a maiores, unha aposta sospeitosa preto de San Petersburgo.

  • Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Albiscando o obxetivo Ler máis »