O comezo do final

Desputóuse en Jackson a primeira xornada da segunda parte da VIII Liga de Primaveira. Os resultados non son definitivos para a clasificación xeral, pero cada paso vai reflectir no resultado final.

As temperaturas estiveron dentro do agardado, cunha máxima de 28º C. e unha mínima de 16º C. A chuvia non fixo aparición e fixo boas as apostas da maioría de meteoludópatas. O refacho de vento acadou os 41 km/h., tamén dentro das prediccións.

A vitoria (59) foi para a novata da competición, Zalamera. Conquire o seu segundo trunfo en seis xornadas, ainda que a sua clasificación na xeral é baixa por mor do retraso na etapa anterior. Pero non impide a celebración ao grande dunha vitoria que vale máis por ser en soidade nunha praza compricada polos valores recollidos. Parabéns polo xogo!!!

O líder, Breogán77 non perde comba e chega ata os 58 puntos, un marcador que lle permite manter e consolidar a súa praza na clasificación xeral. Amósase forte con catro etapas por desputar.

E ata 8 competidores atopamos cunha puntuación de 57. Son Xowi, Michi, Sarabia, Modesto, Julio, Marius, Lukas e Kaltxon. Acadan serias subidas en diversos puntos da clasificación xeral.

Breogán77 segue a liderar a clasificación xeral, xa con 4 puntos de distancia con Xowi e 5 con Michi, formando o podio provisional. Compoñente Sur, Rasta76 e Sarabia están a 6 puntos. Víbora e Beocha a 7 puntos e Iago, Landrán e Jose Lopez a 8, pechando as 10 mellores puntuacións.

Se queres investigar no acontecido na 6ª xornada da Liga de Primaveira The South of USA, preme no botón abaixo exposto.

Na OjeteQuake 2021 rexistráronse abondosos terremotos ó longo do día, pero o maior marcóuse cedo no tempo, na recén iniciada madrugada do domingo, á altura do leste da illa de Hokkaido, a gran illa do norte do arquipélago nipón. A aposta que máis preto estaba foi a de Jose Lopez, que somentes deixou 9 puntos de erro na predicción. Dura foi a loita con Marius, un punto por baixo e con Zalamera, a dous de diferencia. Tras deles, Oscar, Popolo e Ocandepavlov superaron os 460 puntos. Breogán77 e Michi sumaron por riba dos 450. Boas marcas acadaron tamén Rasta76 e Kaltxon, con puntuacións superiores os 445 puntos.

Jose Lopez salta do terceiro ata o primeiro posto na xeral. No Top-10 somentes quedan fora Balboa e Bar Pequeno, ambos por penalización. e Landrán. Ingresan Michi, Iru e Rasta76.

Para recabar tódolos datos extraidos da 6ª xornada da OjeteQuake 2021, pica no enlace embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

O comezo do final Ler máis »

Esquivando á chuvia

Comezamos a segunda parte da VIII Liga de Primaveira cunha nova xornada, desta vez e Jackson, ainda no estado de Mississippi. Non se agarda chuvia ata o luns, polo que apenas atopamos apostas húmidas no taboleiro. Por certo, plagado de tardos@s, o que pode trocar algunhas cousas na clasificación xeral. Polo miúdo, penaliza o terceiro posto mais o duodécimo. O resto de castigad@s habitan no sótano da clasificación.

En temperatura máxima as apostas son moi semellantes, con valores entre os 27 e os 31º C. As mínimas, sen embargo, amosan unha disconformidade pouco habitual e abarcan dende os 13 ata os 20º C. Os contadores da auga están baleiros, non sendo dúas apostas de meteoludópatas rezagados, que aportan 2 litros por cacheira. Os refachos de vento amosan variedade intermedia, con rexistros que van dende os 21 ata os 52 km/h.

Tamén atopamos “unanimidade” no eido dos terremotos, a OjeteQuake. Todas as apostas están enmarcadas entre o norte de Xapón e o norte de ova Zelanda. Somentes Sarabia desvincúlase do oeste do Océano Pacífico e sinala Kazastán coma obxetivo alternativo. A magnitude mínima é de 4 Mg. e a máxima de 6.3 Mg.

  • Recorda que se te equivocaches o signo (positivo ou negativo) de algunha das coordeadas apostadas, podes trocalo enviando un mail ó noso enderezo electrónico antes das 20:00 horas deste sábado. Somentes faremos trocos no signo, nunca na propia coordennada, a menos que sexa un troco de latitude por lonxitude. Esta semana o aviso vai para Botikas, cun sismo apostado sospeitoso de erro polo signo da súa latitude.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Esquivando á chuvia Ler máis »

Desfeita hídrica

De novo temos que recibir uha labazada, desta vez o campo da pluviosidade. Moito trono e lóstrego, pero de chuvia, dous litros, apenas unha chispa. As tormentas pasaron a zoar durante a tardiña, pero sen afectar á nosa zona de influencia. As temperaturas foron altas, con caracter bochornoso e ceos toldados, que acadaron os 30º C. de máxima a tardiña e 21º C. de mínima cara o final da xornada. O refacho de vento subíu ata os 47 km/h. a actualización definitiva.

A vitoria foi para Iago, que marchou para a cama coma gañador. Sufriu cando a temperatura mínima baixou un grado, regalando a vitoria a Denodeno. Pero foi efímero, pois o retoque á alza do refacho de vento devolvía o trunfo a Iago mallando o vento. Con esta vitoria sae do pozo e chega ata o posto 14.

A punto estivo Denodeno de coquerir a sua primeira vitoria e eltiempoetuojete, pero quedou ás portas e deberemos agardar para dar a badalada do trunfo. De momento, segue no estrato baixo da clasificación.

Estes foron os únicos participates e acadar os 50 puntos. Por tras, Michi fixo 48 pts. e volta ó Top-10, a oitava praza. Julio rexurde con 46 pts., pero so lle valeu para chegar ata o Top-20. Coa mesma puntuación, Sarabia colle praza no Top-10 e Budainca segue esquecida máis aló dos 25 primeiros.

Compoñente Sur ten 45 pts. e mantén a segunda praza da xeral. Mesmos valores para Rasta76, que o aupa ata o quinto lugar da clasificación. Nanuq e M. B. Juaquín aportan 44 pts. O primeiro ataca ó Top-10 e o segundo afoga na fochanca do purín.

Se queres acadar toda a información do acontecido e Shreveport, pica no enlace embaixo exposto.

A xornada da OjeteQuake entrou cedo en estado adormecido. Toda a etapa cun sismo de 4,9 Mg. e non foi ata os derradeiros instantes que un terremoto de 5 Mg. fixo tremer a terra nas illas Kuril, ó norte de Xapón, xa en territorio ruso. Vitoria moi competida que se tivo que repartir entre Michi e Sarabia, cunha aposta similar. E se o premio está repartido, somentes un punto separou a Bar Pequeno dos gañadores. Unha etapa das máis desputadas na historia da Liga dos Terremotos de eltiempoetuojete.

Para acceder a tódolos datos da xornada da OjeteQuake 2021, preme o elace aixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Desfeita hídrica Ler máis »

Treboada en Luisiana. Parte II

A xornada de Shreveport ven asociada á posibilidade de tormentas vespertinas. Semella unha repetición do acontecido en New Orleans. E pode vir acompañada de trocos radicais na clasificación xeral. Haberá que estar atentos, sobre todo despois do xantar.

As apostas en temperatura máxima están moi próximas entre si, oscilando entre os 26 e os 29º C., cunha baixa de 21. En temperatura mínima, as apostas están entre os 16 e os 22º C., cunha baixa de 13. A pluviosidade ven moi dispersa, con apostas dende os 2 ata os 38 litros, polo que será o factor determinante. Os valores de refacho de vento amosan apostas dende os 19 ata os 72 km/h., polo que terá moito que dicir xunto á pluviosidade.

Non podes perder o relato ao vivo, que podes topar neste enlace a partires da 07:00 horas. A actualización será cara as 11:00 horas da mañán do domingo.

Na OjeteQuake segue a concentración de apostas no Anel de Fogo, no Océano Pacífico, ainda que tamén no Índico, na zona do Mar Arábigo. Dende Xapón ata Nova Zelanda, todo cheíño de xente, a máis de Sudamérica, Alaska e Oriente Medio, onde tamén atopamos rexistros.

  • Recorda que se non atinaches ó colocar positivo ou negativo, podes enviar unha mensaxe trocando o que precises. Somentes aceptamos trocos no valor positivo ou negativo, nunca nas coordenadas. Podes trocar a tua apostas ata as 20:00 horas deste sábado enviando un correo ó noso enderezo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com

A xornada ao vivo da OjeteQuake comeza ás 02:00 horas e podes seguila ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Treboada en Luisiana. Parte II Ler máis »