Corrección

Dende eltiempoentuojete queremos dar conta dunha corrección na Clasificación Xeral sísmica. No artigo que resumía a 7ª etapa, tanto meteo coma sísmica, falábamos das vitorias de Lukas e a súa proxección nas clasificacións. Pois atopóuse un erro na táboa xeral da OjeteQuake. Lukas acarrexaba unha penalización por tempo na primeira xornada e, ainda sen coñecer o motivo exacto, despareceu da táboa orixinal. Este erro xa está arranxado e a clasificación sísmica xa amosa o resultado real.

O curioso do asunto é que o erro foi notificado polo propio Lukas. Algo así coma “sacádeme 100 puntos que teño de máis!!”. Este alarde de sinceridade e competitividade (irmáns pequenas da soberbia) precisaba de aplauso e alabanza pública. Pois iso, que reine a competividade san e xusta…

Agradecemos a Lukas a axuda prestada para a resolución do erro de esta propia casa.

Saúde e sorte!!!

Corrección Ler máis »

A etapa desexada

Cando un meteoludópata de eltiempoetuojete soña co final dunha etapa, agarda verse no alto da táboa, e a ser posible, en soidade. É sinxelo de imaxinar… O que non é tan sinxelo é verte sosiño,no máis alto dunha etapa sen chuvia e descubrir que ademáis levas o trunfo, tamén en soidade, na nosa competición dos terremotos, a OjeteQuake.

O inicio da etapa en Tupelo foi fria e descartou vari@s apostantes xa a primeira hora. O termómetro baixou ata os 17º C. na mañanciña. As máximas chegaron na sobremesa, acadando os 33º C. nun momento puntual. Ainda que as nubes fixeron aparición, as prediccións foron boas e non caeu unha pinga de auga. Os refachos foron febles durante todo o día, marcando 15 km/h., que na actualización final presentou unha suba ata os 22 Km/h.

A etapa estivo controlada pol@s xogadores coas apostas de vento máis baixas e as temperaturas altas. Kalandrakas, Popolo e Nanuq lideraron a clasificación da xornada por longo tempo, mentras o refacho e a temperatura ian medrando.

Pero os resultados definitivos aumentaron o refacho ata os 22 km/h. e deixaron un gañador en soidade con 59 puntazos: Lukas. Somentes perdeu 1 punto na temperatura mínima, mallando o resto dos parámetros. Trepa na xeral ata o posto 19, añorando os 10 puntos perdidos por penalización na etapa inaugural.

Ata 7 meteoludópatas ateigan a segunda praza da etapa. Xowi, Jose Lopez, Nanuq, Modesto, Mina, Punteiro e Oscar achegan 58 pts. ao seu marcador. Outr@s 5 participantes suman 57 pts. Rasta76, Aki, Balboa, Ocandepavlov e Bar Pequeno.

O liderato segue en poder de Breogán77, ainda que viu mermada a diferencia con Xowi a só dous puntos. Rasta76 sube á terceira praza para completar o podio. Por tras un cuarteto con Compoñente Sur, Sarabia, Michi e Jose Lopez, a 6 pts. do líder. Un punto menos teñen Víbora, Nanuq e Modesto, que coronan o Top-10 da xeral meteorolóxica. Coas vacas sagradas máis aló do décimo posto, semella que unha segunda clase de xogador@s tratan de ascender ata o Olimpo Meteorolóxico de eltiempoentuojete. Unha grande oportunidade para xogadores de gama media que podería significar un pulo á súa carreira meteorolóxica amateur.

Se queres indagar nos datos recollidos a etapa de Tupelo, preme no botón embaixo estas liñas.

A OjeteQuake foi o detonante da entrada de Lukas no Rexistro Estadístico de eltiempoentuojete. Gañou, tamén en soidade, a etapa da semana da Liga dos Terremotos. Este sismoludópata é o expoñente a batir nesta competición. Entre os mellores en vitorias, escada ata o 4º posto na xeral, a pouco máis de 50 pts. do líder. Éste segue a ser Jose Lopez, que puntuou por riba dos 400 pts. A continuación atopamos ó líder meteorolóxico, Breogán77, que busca a machada de dous fíos. Víbora completa o podio nunha clasificación xeral moi apertada, con apenas 300 pts. dende o líder ata o posto 20.

Para coñecer todo o acontecido na 7ª etapa da OjeteQuake 2021, pica no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

A etapa desexada Ler máis »

Bye, bye, Mississippi

A sétima etapa da VIII Liga de Primaveira despídese do estado de Mississippi na casa de Elvis Presley. Tupelo semella que o xogo será sobre seco, polo que a vitoria vai ser moi desputada e o gañador terá que traballar moito para acadar un trunfo e soidade. A falta de catro xornadas, a Clasificación xeral está moi apertada, ainda que non periga o liderato de Breogán77, pero mellor estar preto dos mellores cara a parte final do torneo.

As apostas e temperatura máxima van dende os 27 ata os 34º C. As apostas sobre temperatura mínima oscilan entre os 16 e os 21º C. De novo temos baleiras as casillas de apostas sore pluviosidade. No refacho de vento, as prediccións van dende os 7 ata os 39 Km/h. Un detalle, a máxima aposta de refacho corresponde a Denodeno, que historicamente ten as apostas máis baixas neste parámetro. Algo está a mudar en Denodeno ou a etapa é unha trampa para o resto?. A resposta, o domingo.

Esta etapa será moi desputada e con trascendencia na clasificació xeral comezará cara as 07:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.

A OjeteQuake segue a liña de apostas no oeste do Pacífico, pero desta vez atopamos localizacións no norte e sur do continente americano, no Golfo de Bengala e en Oriente Medio. Xornada con opcións variadas que podes seguir ao vivo neste enlace dende as 02:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

  • Seguimos agardando por Zalamera e a súa aposta. Recorda que o límite de aposta o tempo remata ás 16:00 horas de esta tarde.

Saúde e sorte!!!

Bye, bye, Mississippi Ler máis »