Todo por decidir

A xornada de West Palm Beach deixa todo por decidir para a etapa final en Orlando. A temperatura mínima quedou moi alta, en 26º C. Imaxinamos unha noite tropical, ainda que as treboadas non descargaron máis que tronadas e un par de pingas de chuvia, insuficientes para marcar algo máis que un 0. As temperaturas máximas acadaron os 32º C., deixando ó líder en evidencia. O refacho de vento foi moderadamente forte, chegando ata os 45 km/h. na actualización definitiva.

Desta maneira obtivemos 4 gañadores ó unísono con 58 pts. Nanuq, Jose Lopez e Sarabia amolaron as navallas e entran en disposición de gañar o título, con 4 puntos de retraso os dous primeiros e 5 no caso de Sarabia. Tamén acada vitoria Aki, que queda nos límites do Top-10 a 8 puntos da cacheira da clasificación.

Con 57, Xowi e Compoñente Sur recortan un punto co líder, quedando respectivamente a 1 e 2 pts. de distancia. A mesma puntuación que Marius e Kaltxon, na parte media da clasificación xeral. Kalandrakas tamén aporta 57 pts. e, ainda que tarde, vai asomando a cachola fora do lodo purinesco.

E ata 8 apostantes chegaron ata os 56 puntos, con Breogán77 á cabeza dun grupo que compretan Iago, Víbora, Michi, Modesto, Beocha, Botikas e Julio.

A clasificación xeral segue comandada por Breogán77 cun punto de vantaxe sobre Xowi e dous sobre Compoñente Sur. Nanuq e Jose Lopez asoman 3 pts. por tras. Sarabia a 4 pts. e Iago a 5. Víbora e Michi, 6 puntos de retraso. Modesto, a 7 pts. pecha o Top-10 máis apertado, con destino a unha derradeira xornada de emocionante final en Orlando. Calqueira destes meteoludópatas está en disposición de levar o título á sua vitrina. Preparade a xornada final coma se fora un exame psicotécnico. Moitos son descoñecidos no Olimpo meteoludópata de eltiempoentuojete e xa sabedes que a entrada vai moi cara e non se permiten as zapatillas deportivas brancas. Ou sexa, vestídevos a modiño que imos con prisa…

Se queres contrastar todo o sucedido na penúltima etapa da Liga de Primaveira 2021, en West Palm Beach, pica no enlace embaixo exposto.

A OjeteQuake cedo comezou a tremer a terra por riba dos 5 puntos de Magnitude. Cara a 01:30 xa se rexistraba un sismo de 5,3 Mg. no risco Atlántico, no oeste do Golfo de Guinea, nas Illas Ascensión. Pero entrou en conflicto co acontecido cara as 05:00 horas en Irán. O competidor máis preto apuntaba á prevalencia do sismo en Oriente Medio. Máis de 12 horas máis tarde tremía o chan en Wallis e Futuna, entre Samoa e Fiji. Con unha magnitude de 5,6 semellaba case definitivo. Pero á falla de menos de 45 minutos para o remate do tempo límite, un novo terremoto situaba a cota de magnitude en 5,7 e situando o epicentro nas Illas Kermadec, ao norte de Nova Zelanda.
Lume leva a etapa en soidade, que xa comandaba antes deste derradeiro sismo. Non lle aporta nada á súa clasificación xeral, pero sí para engadir unha nova vitoria e lamber algo doce nun ano para esquecer.
22 puntos por tras entrou Punteiro, que apostou na mesma zona do sur do Océano Pacífico.
Con 50 puntos menos atopamos a Balboa, Víbora e Lukas.
Na Clasificación Xeral Víbora colle o liderato, con Jose Lopez na segunda praza e Breogán77, ainda que destronado, mantén o peldaño baixo do podio.
Se queres compretar a información da 9ª xornada da OjeteQuake 2021, preme no botón exposto embaixo.

Saúde e sorte!!!

Todo por decidir Ler máis »

A incertidume

Penúltima xornada da Liga de Primaveira 2021, a desputar e West Palm Beach e coa incertidume sobre as posibilidades de chuvia, pero que tamén afecta á Clasificación Xeral. Éste complexo turístico acolle a 9ª etapa da Liga nun momento decisivo da competición, con moit@s pretendentes para a altura na que estamos.

As temperaturas máximas oscilan entre os 29 e os 33º C. As mínimas, ainda máis apertadas amosan apostas entre os 24 e os 26º C. As prediccións para chuvia amosan unha grande maioría de apostantes descreid@s con valor 0. Somentes un terzo dos participantes son proclives unha xornada húmida, con valores dende 1 ata 3 litros. No refacho de vento, as apostas van dende os 26 ata os 64 km/h., sendo o parámetro con máis discusión.

Ainda agardamos por Bar Pequeno, que ten ata as 16:00 horas para presentar a súa aposta.

Esta decisiva etapa pode deixar as cousas máis claras para a derradeira xornada, ainda que tamén, de acordo ás apostas recibidas, podería manter a emoción ata o derradeiro minuto da Liga en USA. Podes seguir esta xornada ao vivo dende este enlace a partires das 07:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas na OjeteQuake temos a maioría de apostas facendo a palleira na zona este do Anel de Fogo. Dende Indonesia cara o norte, ata territorio ruso. A maiores, apostas en Alaska, a costa pacífica dos Estados Unidos e en Centroamérica. A aposta máxima reflicte 6.6 Mg.

  • Recorda que podes trocar a tua aposta no caso de erro, ainda que somentes para trocar negativo-positivo ou trocar latitude por lonxitude. Fáinolo saber enviando unha mensaxe ó noso correo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com antes das 20:00 horas.

Xornada para non perder o tren de cabeza, podes seguir a xornada sísmica ao vivo dende este enlace, a partires das 02;00 horas da madrugada do sábado.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

A incertidume Ler máis »

A liga nunha puñada

Non fai falla que chova para que se mova a clasificación xeral. E unha mostra é o acontecido e Fort Lauderdale. Os negacionistas da chuvia están de festa, pero non pola verificación dos seus trastornos, senón porque a chuvia que se recolleu foi insuficiente para ser tomado en conta. Polo tanto, etapa na que choveu, pero o marcador quedou a cero. Nas temperaturas, as mínimas quedaron por riba de 24º C. na madrugada, e xa cara ás 09:00 horas acadaba os 28º C. A subida chegou ata os 31º no mediodía, cando as nubes de trebóns ocultaron a luz direta do sol. O vento foi decisivo para a resolución da etapa, quedando en 35 antes do retoque final. A vitoria caia nese momento en Iago, cunha xornada case perfeita. Pero o retoque no refacho levaba o trofeo a Verducido, que contou coa sorte de mallar o vento definitivo, 39 km/h.

Verducido conquire a vitoria con 59 pts., deixando un punto na temperatura máxima. Na segunda praza, con 58 pts. entraron Compoñente Sur, Iago e Aki. 57 pts. fixeron Nanuq e Beocha. E ata 7 meteoludópatas marcaron 56 pts. Son Jose Lopez, Víbora, Botikas, Marius, Balboa, Budainca e Denodeno.

A Clasificación Xeral está a ferver, con 10 pts. entre o primeiro e o posto 14. E somentes 5 entre os 5 mellores. Segue Breogán77 en poder do liderato con dous puntos de vantaxe sobre Xowi e outros dous sobre Compoñente Sur. Dous pts. tras os do podio, tres competidores que recuperan espazo. Jose Lopez, Nanuq e Iago, que de non ser pola penalización da 2ª etapa estaría no primeiro lugar con 5 pts. por riba dos persecutores. Ainda pode ser o primeiro en gañar unha competición conn unha penalización ás costas.

Se queres coñecer todo o resultante da xornada de Fort Lauderdale, preme no enlace abaixo exposto.

A OjeteQuake rexistrou un sismo máximo de 5,4 Mg. Nesta gama media movéuse coma un peixe o gañador, Michi. Preto da Fosa das Marianas estaba a sua aposta, ainda que outros participantes estaban mellor posicionados. Superou a Víbora, Mutombo, Popolo e Iru, que rexistraron magnitudes superiores ou inferiores á oficial.

Breogán77 consegue unificar ás ligas, collendo o primeiro posto xunto co liderato da Liga meteorolóxica. Unha ameaza este rapaz, que xa na súa tempada inaugural levou a Ojete’s Cup. Pero na OjeteQuake ainda resta moito percorrido e ten inimigos preto del. Víbora e Jose Lopez tamén renden a gran nivel nas duas competicións. Mina, Rasta76, Julio, Michi, Popolo, Balboa e Xowi completan o Top-10 nesta 8ª xornada. Con apenas 300 pts. entre os 17 primeiros, ainda promete movimentos varios ata o final. Pero mellor non perder moita comba…

Para indagar nos resultados da 8ª etapa da OjeteQuake 2021, clica no botón baixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

A liga nunha puñada Ler máis »

Etapa decisiva?

A falta de somentes tres xornadas para o remate da VIII Liga de Primaveira, semella que Fort Lauderdale pode ser decisiva para o devenir da competición. Unha pequena porción de chuvia pode decidir moitas cousas de cara ó final e pode ser a derradeira etapa con posibilidade de chuvia. Preparados para o gran remate en Florida? Hoxe, a primeira…

As apostas de temperatura máxima oscilan entre os 29 e os 32º C. Pouca marxe de erro neste parámetro. Polo que atingue ás temperaturas mínimas, atopamos valores dende os 20 ata os 26º C. No que refire á pluviosidade, temos marcas entre 0 e 3 litros. O refacho de vento ven representado por apostas dende os 21 ata os 52 km/h.

Polo tanto, etapa moi importante e que pode ser decisiva para a resolución da Liga. Podes seguir a xornada a o vivo dende este enlace a partires das 07:00 horas da madrugada.

Na OjeteQuake voltamos a reunir unha gran parte das apostas na zona que abarca dende Xapón ata Fiji. Pero tamén atopamos apostas en Oriente Medio, China, Alaska, o Caribe e no norte de Chile. A magnitude máxima é de 6,2.

Esta etapa da OjeteQuake podes seguila ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 h. desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Etapa decisiva? Ler máis »