O efecto antipodal

O terremoto de onte nas Kermadec Islands, de magnitude 6,3, conleva un aviso por efcto antipodal. Este efecto fai que no lado oposto do planeta ao terremoto rexistrado se produzan pequenos terremotos ou réplicas antipodais. Iso fai que nestes próximos días sexan posible sismos de menor intensidade nunha área que fai centro na fronteira entre Marrocos e Arxelia. O radio de acción abarca ata Noruega polo norte, ata o Golfo de Guinea polo sur, Turquía, Exipto e Sudán cara o este e dende as Illas Azores ata Cabo Verde polo oeste. Europa está nesa área, polo que non sería de estranar a producción de sismos no Mar Mediterráneo ou incluso eiquí na Galiza. Avisad@s estades…

Polo que respecta á 11ª xornada da OjeteQuake 2021, hai dous titulares principais. Un deles, triste, a non comparecencia ou retraso dunha gran parte dos apostantes da Liga dos Terremotos. A outra, a primeira vitoria na competición sísmica de Compoñente Sur. Dous dos participantes loitaron pola desputa do territorio neozelandés das Kermadec Islands. Ambos con magnitudes relativamente baixas, derimiron a cuestión pola cercanía do obtetivo. Oscar, no oeste do sismo, quedaba máis lonxe e deixaba a vitoria a Compoñente Sur. Os dous rebañan puntos na xeral nunha xornada na que somentes media ducia de xogadores acadaron os 400 puntos.

Compoñente Sur sube ata o posto 14, cada vez máis preto do Top-10. Éste esta dominado ainda por Víbora, con Jose Lopez e Breogán77 coma “leais” compañeiros. Mina e Rasta76 están a pouco máis de 100 puntos do líder. Balboa, Xowi e Oscar seguen de preto ós seus superiores, mentras Julio e Iru notan a presión de manter as suas prazas no Top-10.

Se queres analizar por tí mesmo o acontecido na 11ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no botón embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

O efecto antipodal Ler máis »

Agardando Alaska

Esta semana somentes temos competición sísmica, na espera da chegada do VIII Torneo de Vran en Alaska. Este domingo faremos pública toda a información relativa a esta competición que da acceso á Ojete’s Cup 2021.

Pero antes temos unha cita coa OjeteQuake 2021, onde semella que moit@s participantes esqueceron a súa responsabilidade coa geofísica mundial. Pero nesta competición non hai ainda nada decidido, a falta da metade das etapas en xogo.

Coma xa é habitual a maioría das apostas están concentradas no Anel de Fogo. Tamén podemos atopar apostas en Oriente Medio, China, o Golfo de Bengala, o Atlántico na zona sur e norte, Alaska… Moitas opcións nunha xornada con gran cantidade de apostas con penalización de 100 puntos. A magnitude máxima ascende ata os 6,3 Mg.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Agardando Alaska Ler máis »

A osadía premiada

Espectacular xornada final a desputada este domindo en Orlando, para poñer remate a unha das Ligas máis desputadas das xogadas en eltiempoentuojete. Moit@s eran os candidatos nesta etapa que viña co sambenito xa repetido de trebóns e chuvasquería, case sempre insignificantes. Pero agardábanos unha sorpresa en forma de chuvia e vento en abundancia.

Durante o inicio da xornada fóise acumulando a temperatura ata chegar no mediodía a 34º C. Nese momento comezou a formarse unha boina treboenta que deixaba tronadas e Trazas de chuvia, pero que non foron suficientes para mover o pluviómetro. Non foi ata pouco antes das 18:00 h. que comezou a soplar o vento e a chuvia facía a súa aparición a cachón. En 5 minutos o medidor acadaba os 5 litros. Cara as 18:30 subía a marca a 9 litros e pico e a clasificación xeral daba un capitón case definitivo. Neses momentos de chuvia intensa o vento rexistrou refachos de 54 km/h. Ademáis, engadíronse 0.3 litros, que deixaba o reconto final de chuvia redondeado á alza en 10 litros. Esta perturbación tamén fixo baixar a temperatura mínima ata os 24º C.

Orlando premiou a valentía case soicida dos apostantes con máis cantidade de auga. Ainda que o refacho foi un parámetro importante, o loureiro recollido polos mellores da etapa foi debido ás apostas máis húmidas. Botikas pasou agachado toda a competición, pero os grades nomes da meteoroloxía amateur sempre levan u recordo. 19 putos na temperatura, 19 na pluviosidade, e somentes unha perda de 3 puntos no vento, que non evitou a súa enésima vitoria, desta vez en soidade con 55 pts. Esa puntuación permítelle entrar o Top-10, directamente no posto 7. Un punto por tras, Sarabia acada máis que un podio de etapa. Aposta moi similar a Botikas, perdeu un punto máis no refacho, pero o mellor falarémolo despois. Rasta76, Balboa e Kaladrakas despiden a liga con 53 pts. Marius e Punteiro acadan os 52. Modesto, Compoñente Sur e Budainca pechan o Top-10 da etapa con 51 pts.

E como dicimos, a osadía ás veces ten recompensa. Dende o 6º posto saltou Sarabia ata a vitoria final na Liga. Tras o derrumbe de Breogán77, empatou a puntos con Xowi, pero a maior cantidade de vitorias abaneou o trunfo cara Sarabia. Porta aberta do Olimpo meteoamateur de eltiempoentuojete para unha das competidoras senlleiras da familia meteoludópata. Grande aplauso para a primeira vitoria nunha competición das grandes de eltiempoentuojete. Ata o ano que ven, a Primaveira xa ten dona. Noraboa!!

No podio acompañan Xowi, cunha liña moi seria e que somentes o desempate alonxou do trofeo das flores. A Breogán77 faltóulle a experiencia e quizais tamén sufríu do síndrome do “dedo frouxo“. aquel que fai que o teu dedo clique medidas baixas nos parámetros de xogo cando estás na vangarda da clasificación. Compoñente Sur perde unha posición con respecto á derradeira xornada, a que lle rouba Sarabia. 4ª posición cun xogo moi serio que permite albergar esperanza no futuro próximo. Nanuq fai 5º e Jose Lopez 6º, notando melloría dende fai un par de tempadas e semella queren ficar no Top-10. Van no bo camiño. Botikas logra o 7º lugar, acompañado a puntos por Rasta76 e Modesto. Pouco premio para todos eles. Iago pecha o Top-10. Podía ser mellor, pero facía tempo que non o atopábamos nestas posicións adiantadas. Parabéns para toda a tropa.

Para acadar toda a información relativa á etapa final da VIII Liga de Primaveira, en Orlando, preme no botón abaixo exposto.

Na OjeteQuake, labazada sísmica para todol@s competidores, que obviaron o continente americano e foi precisamente alí, no centro do continente onde se xestou a traxedia para o sismoludópatas. O maior sismo do día producíuse preto de Nueva Concepción, en Guatemala, cunha intensidade media, 5,4 Mg. O máis preto do epicentro sí estaba en continente americano, pero en Alaska, lonxe de Guatemala. Así, Verducido acada a vitoria case de rebote, sen poder superar os 400 puntos e deixando a clasificación xeral con poucos trocos e moita incertidumbre. O liderato segue en poder de Víbora, con Breogán77 e Jose Lopez continuando a ocupar o podio.

Se queres investigar sobre o acaecido na 10ª xornada da OjeteQuake 2021, fai clic no enlace embaixo estas liñas.

Esta semana daremos todos os datos do VIII Torneo de Vran, con calificación para a Ojete’s Cup. De momento xa podemos adiantar que o Vran pasarémolo en Alaska, tamén territorio americano, ainda que menos “sudista”. En breve, toda a información necesaria. Continuade atent@s!!!

Saúde e sorte!!!

A osadía premiada Ler máis »

A maxia de Disney

Estamos de parabéns en eltiempoentuojete. Derradeira xornada da Liga de Primaveira en USA e, amáis de ter unha xeral moi apertada, a etapa vai ter a emoción necesaria que require a Liga. Ameaza de treboadas, calor abafante e vento medio é o que agardamos para o domingo. O Top-10 está cheo de novos valores que loitan contra algunha das vacas sagradas que ainda optan ao título. Quizais o luns teñamos que sacar o pestiño para deixar pasar a algún novo inquilino, ou quizais aumente o ego dalgún dos meteoludópatas senlleiros de eltiempoentuojete.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 31 e os 35º C., cunha aposta á baixa de 28º. As apostas na mínima van dende os 23 ata os 25º C., cunha aposta á baixa de 18º C. A pluviosidade pode ser un factor decisivo, e as apostas amosan entre 0 e 11 litros, cunha aposta á alza de 24 litros. Nos refachos de vento, as apostas teñen valores entre os 24 e os 50 km/h.

Polo tanto, xornada de grande emoción en Orlando, que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires das 07:00 horas da mañanciña.

Na OjeteQuake 2021 segue o cultivo sísmico de apostas no oeste do Anel de Fogo, dende Fiji ata o norte de Xapón, pero tamén cunha presenza importante en Oriente Medio e o sureste asiático. China e Alaska rexistran sendas apostas. A magnitude máxima acada os 6,1 Mg.

A etapa sísmica podes seguila ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 horas desta magrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

A maxia de Disney Ler máis »