Un terremoto “standard”

Pouca actividade sísmica intensa rexistróuse o domingo, con variados movimentos sísmicos a pequena escala, pero cun terremoto máximo de 5,4 Mg. con epicentro no surleste de Filipinas. O que podemos chamar un resultado “standard” no que ás apostas se refire. Moit@s apostantes nos arredores o que posibilitou que unha vintena de xogadores foran quen de acadar os 400 puntos.

A vitoria caeu do lado de Budainca, cunha grande localización do obxetivo e un notable na forza do tremor. Somentes perdeu 13 puntos dos 500 posibles. 5 nas coordenadas e 8 na magnitude. Noraboa!!. Con esta vitoria pasa a liderar a clasificación de vitoria sísmicas, con 6, todas elas en soidade.

A xeral segue a ser comandada por Víbora, con algo máis de medio cento de puntos sobre Breogán77. O terceiro do podio esta semana é Rasta76, que relegou a Jose Lopez ata a 5ª posición, por tras de Mina. Estes tres apostantes forman un grupo con somentes 4 puntos entre eles. Balboa, 6º e Xowi, 7º acadan puntuacións por riba dos 450 puntos e manteñen diferencias. Tamén obteñen marcas de alto nivel Lukas, Popolo e Iru que, neste orde, pechan o Top-10 sísmico nesta 12ª etapa. Están separados por 7 puntiños de nada, tendo en conta que dende o 10º posto ata o líder os separan menos de 150 puntos. A gañadora da xornada, Budainca, sitúase no 12º lugar. Pero ainda falta moito camiño, tanto para andar coma para desandar.

Se queres analizar os datos recollidos na 12ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no botón embaixo exposto.

E por fin esta semana volve desputarse a competición meteorolóxica. Nesta ocasión, o Torneo de Vran en Alaska. Xa podes atopar toda a información necesaria nos menús e nos enlaces correspondentes. Agardamos que comeces con bo pé na primeira, e o primeiro paso é non deixar atrás 10 puntos por unha penalización. O venres recibirás unha menxase de aviso entre as 19 e as 22 horas, pero mellor pon o despertador….

Saúdos e sorte!!!

Un terremoto “standard” Ler máis »

Na espera de Alaska

Cando somentes quedan 8 días para o comezo do Torneo de Vran en Alaska, a competición sísmica segue no seu camiño, desta vez na 12ª etapa da OjeteQuake. As apostas seguen a concentrarse no Anel de Fogo, pero moito máis espalladas. Atopamos apostas en Xapón, na Fosa das Marianas, Filipinas, Indonesia, Papua, Fiji, Australia, a Illa de Pascua, Chile, Perú e Alaska. Fora de rango tamén podemos ver apostas en Irán, Afganistán e Turquía, xunto a unha aposta no nordeste da India. A magnitude máxima apostada e de 6,5.

Topamos varias apostas sospeitosas de erro no valor positivo ou negativo, polo que o apostante que teña que trocar ese valor pode facelo cun email ó noso enderezo electrónico antes das 20:00 horas deste sábado. O enderezo é eltiempoentuojete@gmail.com. Dentro destas apostas confusas destacan as apostas de Mina e Bar Pequeno. Pero non podemos sabelo de maneira segura, polo que invitamos ó troco no caso de erro. Se o lugar está correcto, non fagas nada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Na espera de Alaska Ler máis »

Visa cara Alaska

Hoxe eltiempoentuojete presenta a súa nova competición, correspondente ó Torneo de Vran. Desta vez viaxamos ata Alaska, onde debemos loitar por un dos 16 postos que conseguen unha invitación para a Ojete’s Cup 2021. Somentes 5 xornadas para este cometido, polo que haberá que estar atent@s dende o principio para non perder o fío da competición. Ademáis non se permitirá retraso en nengunha das etapas, dada a corta duración do torneo.

Xa estamos a trocar enlaces, táboas e etapas para que teñas acceso canto antes a toda a información necesaria. Podes consultar o novo desafío no enlace exposto embaixo este párrafo. Tamén pedimos a túa colaboración para atopar faios, carencias ou enlaces incorrectos. Da conta no noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com no caso de atopar algún erro.

cartel viii torneo de vran 2021 alaska thumb

E por suposto, seguimos a competición sísmica, que ainda se atopa no ecuador, na etapa 11 das 22 que completan a liga. Xogaremos durante o Torneo de Vran, na etapa de descanso posterior e durante toda a Ojete’s Cup, rematando ao unísono no domingo 5 de septembro.

Saúde e sorte!!!

Visa cara Alaska Ler máis »

Algúns datos da Primaveira 2021

Antes de presentar a nova competición meteorolóxica, queremos amosar algúns datos estadísticos baseados no rendimento dos competidores de eltiempoentuojete na recén rematada Liga de Primaveira 2021. A páxina está en construcción, á espera de novos datos e gráficos. De momento, será moi interesante coñecer as porcentaxes de acerto por xogador e parámetro, así como as vitorias e retrasos por meteoludópata. Os datos non contemplan os retrasos nin as xornadas non xogadas. Están baseados nas apostas e nas xornadas desputadas. Para acceder, fai clic no enlace embaixo este párrafo.

Saúde e sorte!!!

Algúns datos da Primaveira 2021 Ler máis »