Caos en Alaska

Albíscanse nubes no horizonte. Semella que a segunda xornada do Torneo de Vran en Alaska vai poñer a proba todo o coñecimento adquirido durante anos en eltiempoentuojete. Incluso a sorte deberá estar da túa parte para poder levar unha vitoria que decidirá moito o desenrolo da competición. Incluso pode ser decisiva para a selección dos 16 mellores que acudirán á Ojete’s Cup. Pero non vendámolo peixe antes de arribar o barco. Para este domingo temos unha grande variedade de apostas que, de calqueira modo, vai axitar a clasificación xeral coma un olivo en xaneiro.

Desta maneira temos unha xornada apocalíptica, que merece a pena ser seguida ao vivo dende este enlace. Será a partires da mañanciña do domingo, por mor das 10 horas de diferenza horaria.

As apostas en temperatura máxima van dende os 11 ata os 13º C. As mínimas, entre os 8 e os 13º C. Todo moi apertado nestes parámetros. Nada que ver cos valores recibidos para a pluviosidade. A aposta menor é de 1 solitario litro, mentras que o valor máximo acada os 66 litros. Polo medio, distintas cantidades de chuvia que promete ser o parámetro a seguir. Pero tampouco defraudan as apostas en refacho de vento, con cifras entre os 20 e os 61 km/h.

Polo que atingue á OjeteQuake, A maioría das apostas seguen a estar concentradas no Anel de Fogo, con máxima concentración entre o norte de Xapón e Papua. Fora desta zona atopamos apostas no Golfo de Bengala, no Mar Caspio, en Alaska, California e norte de Chile. Todo isto despois do sismo de 6 Mg. que sacudiu a fronteira entre California e Nevada. Se queres casar en Las Vegas cun Elvis afeccionado, vai pedindo cita…

Podes seguir esta xornada sísmica neste enlace ao vivo dende as 02:00 horas desta madrugada.

  • E recordamos que @s non presentad@s ainda poden achegar as súas apostas ata as 16:00 horas. No caso de erro en coordenadas, podes avisar dos trocos no sigo positivo ou negativo antes das 20:00 horas de hoxe. Agardamos, pero temos límites.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Caos en Alaska Ler máis »

Grelados un 4 de xullo

Xa dispoñemos dos resultados da 1ª xornada do VIII Torneo de Vran en Alaska. eltiempoentuojete grelou nas illas Aleutianas no día da festa dos barrotes e as estrelas, dando comezo a unha carreira non armamentística. Pero o clima é unha arma de destrucción masiva máis poderosa que as convencionais.

A madrugada foi morna, con temperaturas inmóviles e que deixou unha temperatura mínima de 8º C. O calor medrou no mediodía e na sobremesa acadaba os 14º C., por riba da maioría das apostas. Nese momento a chuvia non chegaba a completar o litro e o refacho de vento marcaba 50 km/h. Pero estes parámetros trocaron coa chegada da noitiña, cando se superou o litro, que xa foi definitivo, xunto cun incremento no vento que no final da xornada asinaba 69 km/h., moi por riba das prediccións d@s meteoludópatas.

Os resultados finais amosan dous vencedores ó unísono con 54 puntos. Botikas e Compoñente Sur toman o mando da clasificación xeral, nunha posición envidiable para acceder ós 16 postos que dan acceso á Ojete’s Cup. Jose Lopez accede ó terceiro paso do podio en soidade con 53 puntos. A continuación tres aspirantes con 52 puntos. Xowi, Aki e Beocha presentan as súas cartas, ben colocad@s. Víbora e Lukas de seguido con 51 puntos. Dende este 9º posto ata o 16 comparten valor de 50 puntos. Breogán77, Balboa, Sarabia, Michi, Ocandepavlov, Verducido, Iago e Nanuq completan os 16 lugares con aceso á Ojete’s Cup. Poucas diferencias atopamos no resto dos competidores, ainda con moitas posibilidades de remontar, dadas a mínima disparidade nos marcadores.

Para acceder a tódalos detalles do acontecido na 1º etapa en Alaska, preme no botón de enlace embaixo exposto.

Na OjeteQuake 2021, os sismos seguen a escapar dos sismoludópatas de eltiempoentuojete. De novo o sismo de referencia deixou @s apostantes por baixo dos 400 puntos. Localizado en Atacama, Chile e cunha magnitude de 6 Mg. o sismo, coma o “gordo de nadal”, saíu cedo, xa na primeira hora da etapa. Terremotos nos lugares habituais non poideron superar a marca chilena. O participante con aposta máis preto do epicentro foi Landrán, que acada a súa 2ª vitoria neste 2021 e tamén no histórico. As penalizacións fan que ocupe un posto baixo na clasificación xeral. Ésta segue co dominio de Víbora, que sobrevivíu esta xornada cunha baixa pountuación e cos “lobos” pisándolle o calcañar. Mina e Jose Lopez son os “lobos” que completan o podio. Breogán77, Rasta76, Balboa, Xowi, Lukas, Popolo e Iru, nesta orde, conforman o Top-10 na competición sísmica.

Se queres comprobar o sucedido na 13ª etapa da OjeteQuake 2021, clica no botón exposto baixo estas letras.

Saúde e clima!!!

Grelados un 4 de xullo Ler máis »

Obxetivo: Alaska

Este domingo damos comezo ó VIII Torneo de Vran en Alaska. Máis de 30 competidores toman a saída en dirección ó norte do continente americano, que van ter que acadar unha praza entre os 16 mellores que entrarán directamente na desputa da Ojete’s Cup. Dende eltiempoentuojete queremos dar a benvida a tod@s @s meteoludópatas que participarán nesta competición e desexamos toda a sorte posible (e tamén coñecimento) para chegar a bó fin a final deste mes de Xullo.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 10 e os 13º C., con dous apuntes por riba destas cifras, quizais desubicad@s. Nas temperaturas mínimas atopamos valores entre os 6 e os 9º C., coas duas apostas dos “desubicad@s” por riba destas cifras. As apostas en pluviosidade están divididas entre os que apostan por xornada sobre seco e os que apostan entre 1 e 2 litros, cunha punta na alza de 5 litros. Os refachos de vento veñen representadas por apostas dende os 25 ata os 52 km/h., cunha punta mínima de 11 km/h.

Con estas apostas tan semellantes será mellor que sigas a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 09:00 horas da mañanciña do domingo.

Na OjeteQuake, na súa 13ª etapa, o groso do pelotón de apostas segue a estar situado no Anel de Fogo, desta vez desprazando o seu eixo cara o sur, con o espazo entre Fiji e o sur de Nova Zelanda coma novo grial. Xapón, Filipinas, Indonesia e Papua tamén comparten espazo, da mesma maneira que Alaska, a costa oeste de USA e Hawaii. Fora do Anel de Fogo somentes reportamos unha aposta en Mongolia e outra no norte de Rusia.

Esta xornada podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Obxetivo: Alaska Ler máis »