Treboada en Luisiana. Parte II

A xornada de Shreveport ven asociada á posibilidade de tormentas vespertinas. Semella unha repetición do acontecido en New Orleans. E pode vir acompañada de trocos radicais na clasificación xeral. Haberá que estar atentos, sobre todo despois do xantar.

As apostas en temperatura máxima están moi próximas entre si, oscilando entre os 26 e os 29º C., cunha baixa de 21. En temperatura mínima, as apostas están entre os 16 e os 22º C., cunha baixa de 13. A pluviosidade ven moi dispersa, con apostas dende os 2 ata os 38 litros, polo que será o factor determinante. Os valores de refacho de vento amosan apostas dende os 19 ata os 72 km/h., polo que terá moito que dicir xunto á pluviosidade.

Non podes perder o relato ao vivo, que podes topar neste enlace a partires da 07:00 horas. A actualización será cara as 11:00 horas da mañán do domingo.

Na OjeteQuake segue a concentración de apostas no Anel de Fogo, no Océano Pacífico, ainda que tamén no Índico, na zona do Mar Arábigo. Dende Xapón ata Nova Zelanda, todo cheíño de xente, a máis de Sudamérica, Alaska e Oriente Medio, onde tamén atopamos rexistros.

  • Recorda que se non atinaches ó colocar positivo ou negativo, podes enviar unha mensaxe trocando o que precises. Somentes aceptamos trocos no valor positivo ou negativo, nunca nas coordenadas. Podes trocar a tua apostas ata as 20:00 horas deste sábado enviando un correo ó noso enderezo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com

A xornada ao vivo da OjeteQuake comeza ás 02:00 horas e podes seguila ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Treboada en Luisiana. Parte II Ler máis »

Tronadas e lóstregos

New Orleans ten fama de cidade chuviosa dentro da Costa do Golfo. E nesta 4ª xornada da VIII Liga de Primaveira foi a primeira en deixar chuvia acumulada. Despois de tres xornadas sobre seco, as treboadas foron o factor principal neste pasado domingo.

As temperaturas estiveron dentro das marxes das apostas, con 27º de máxima e 21 de mínima. A chuvia acumulada acadou os 13 litros e un refacho puntual chegou ata os 61 km/h. O dato do vento foi collido dos resultados minutais da xornada ao vivo, pois o amosado na taboa final era inferior ó recollido nos minutais.

Breogán77 acadou a máxima puntuación, 57 pts., perdendo somentes un punto na auga e dous na temperatura, despois de atinar no refacho de vento. Primeira vitoria nesta edición que o leva ata o liderato da competición, con tres puntos de vantaxe sobre os persecutores. Parabens pola magnífica xornada.

Coma segunda marca da xornada está Punteiro, con 56 pts., acadando a 5ª praza na xeral. Tras del, con 55, Víbora, que chega ata o 3º posto. Rasta76 queda ás portas do Top-10 e Lukas, no posto 21 botando en falta os 10 puntos de penalización que o colocarían no podio.

Balboa está no grupo dos 54 puntos, permitindo o segundo posto xeral. Jose Lopez colócase 6º, entre a élite. Kaltxon achégase ó Top-20 na clasificación.

Xowi, Landrán e Popolo marcan 53 puntos. Xowi e Landrán manteñen o Top-10 e Popolo segue afundido máis aló do posto 20.

Se queres coñecer tódolos datos relacionados coa etapa de New Orleans, podes atopar respostas no enlace embaixo estas letras.

Na OjeteQuake prevaleceu o sismo recollido en Chile, con 5,8 na escada de magnitude. Isto resultou nunha vitoria en soidade de Landrán, que superou a Zalamera por un so punto, apenas 100 km. nun mapa mundial. Con esta puntuación Landrán sube ata o segundo posto da xeral. Zalamera entra no Top-10 nunha xornada na que somentes estes participantes, xunto con Iru, superaron a barreira dos 400 puntos.

Se queres indagar no acontecido na 4ª xornada da OjeteQuake 2021, pica no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Tronadas e lóstregos Ler máis »

O noso pequeno Katrina

Nova xornada da VIII Liga de Primaveira no Sur dos USA e semella que desta vez a chuvia vai facer aparición en New Orleans, posiblemente para trocar a clasificación xeral e espallar ós competidores segundo a súa valía predictiva. Agárdanse treboadas dende a hora do vermú ata o final do viño e tapa dominical. Por iso, nesta ocasión deberíamos contar con apostas dispares. Pero seica non tanto…

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 25 e os 29º C. As mínimas, tamén moi axustadas, van dende os 20 ata os 24ºC. As diferenzas están nas apostas de pluviosidade, con valores dende os 3 ata os 21 litros, cun apunte máximo de 35 litros. O curiosos, unha gran parte das apostas, ata 8, coinciden en 15 litros. As apostas sobre refacho de vento tamén poden marcar a diferencia, con valores entre 30 e 63 km/h.

Desta forma agardamos unha xornada sobre mollado, con especial atención ás probables treboadas que aportarán auga e vento, xa veremos en que nivel. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partir das 07:00 horas desta madrugada. A primeira actualización farémola cara as 11 da mañán do domingo.

No canto da OjeteQuake, ainda en cueiros, segue acumulando apostas no oeste do Anel de Fogo, dende Xapón ata Nova Zelanda. Apostas tamén no sur de Perú, en Alaska, no Caribe, a maiores dunha aposta no Polo Norte. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partir das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

O noso pequeno Katrina Ler máis »