Benvidos a Luisiana

A VIII Liga de Primaveira troca de estado e visita Baton Rouge en Luisiana a súa terceira cita en territorio americano. A semellanza das etapas anteriores voltamos ter calma despois da treboada. Estas estiveron presentes durante o venres e tamén estarán activas neste sábado, pero seica imos ter un domingo seco e sen alteracións reseñables. Tamén estiveron activas as alarmas por tornado, pero esvaecéronse nas derradeiras horas.

Deste modo, preséntase unha etapa máis competida ainda que a de Tuscaloosa, cunha alta probabilidade de pleno ou cando menos de vitoria multicompartida.

As apostas en temperatura máxima, cunha marxe axustada de entre 25 e 28º C., a máis de unha aposta de 21º C. As mínimas oscilan entre os 11 e os 16º C. As apostas de pluviosidade voltan estar baleiras e os refachos de vento establécense entre os 11 e os 40 km/h. Un nivel de apostas apertadas coma nunca antes se vira.

Esta etapa merece ser controlada ao vivo e podes seguila neste enlace dende as 07:00 horas desta mesma madrugada.

Na OjeteQuake temos unha maioría de apostas na cara oeste do Anel de Fogo, pero desta vez amplíase o espazo ata á costa norte do continente americano e a Oriente Medio. As apostas en magnitude non superan o grado 6, polo que semella que as diferenzas serán pouco abultadas.

Para seguir a xornada quake ao vivo, podes acceder dende este enlace a partir das 02:00 horas.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Benvidos a Luisiana Ler máis »

Tuscaloosa meu lar

Seica no estado de Alabama ten unha réxime estricta de chuvias que restrinxe esta actividade a días laborais, deixando libre o fin de semana. Esta xornada voltou suceder, pero alí tamén é primaveira e xa sabemos como de imprevisile pode ser a estación.

Agardabamos unha etapa moi reñida e con alta probabilidade de pleno. E Xowi apoderouse do mesmo durante 2 horas, con competidores que botaban ás mans á cacheira. Por tras tamén abondaban as puntuacións altas e calqueira troco mudaría a situación favorable e desfavorable e viceversa.

Pero suíu a temperatura e esvaeceuse a puntuación perfecta. Xowi mantiña a vitoria, pero o axuste final do refacho de veto obrigóuno a compartilo coa nova incorporación á Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Zalamera inaugura a sua alacena de vitorias e presenta xa na segunda xornada as súas cualidades predictivas. E faino da man dun dos mellores meteoludópatas, pioneiro de primeira xeración e cun gran nivel de competición. Am@s, con 58 pts. deixan a súa firma cal ferro de marcar o gando.

Ata 6 xogador@s suman 57 pts. Kaltxon, Compoñente Sur, Víbora, Modesto, Botikas e Mina. Non sendo Kaltxon, o resto presenta clasificacións o ámbito do Top-10.

Outro grupo numeroso acada os 56 pts. Oscar, Rasta76, Jose Lopez, M. B. Juaquín, Beocha, Nanuq, Breogán77, Michi, Ladrán e Sarabia.

Se queres indagar ainda máis o acontecido a segunda xornada da III Liga de Primaveira, pica no enlace abaixo exposto.

A OjeteQuake andivo bastante activa xa dende o inicio da xornada, cando un sismo de 5,6 Mg. petaba na costa de Xapón. Todo trocaría cun terremoto de magitude 5,8 en Irán, que deixaba a maioría das apostas e evidencia. Cara a tardiña tremía o chan e Taiwán e a USGS valoróuno e 5,9. Ainda que pouco despois rebaixaba a marca a 5,8 Mg., a comparativa co o sismo de Irán validaba o de Taiwán pola cercanía de competidores.

O resultado encumbra a Popolo, cunha aposta magnífica e tódolos parámetros e que engade 485 pts. no peto da clasificación xeral. Preto de Popolo unha gran cantidade de competidores dos que destacan o trio do podio, Jose Lopez, Víbora e Bar Pequeno.

Para consultar tódolos datos da 2ª etapa da OjeteQuake 2021, clica no enlace baixo este texto.

Pedimos desculpas polo retraso na publicación dos resultados. Agardamos sen prometer que arranxaremos o problema do retraso e tratarémolo coa mesma rigurosidade que aplicamos no regulameto.

Saúde e sorte!!!

Tuscaloosa meu lar Ler máis »

Moon of Alabama

A segunda xornada da Liga de Primaveira segue no sureño estado de Alabama. Se a etapa de Montgomery foi axustada, nesta ocasión pode ser que as apostas estén ainda máis apertadas. A (posible) carencia de chuvia e uns valores moi semellates en tódolos parámetros van facer case imposible unha vitoria en soidade. Pero ese tamén era o pronóstico da 1ª etapa…. Benvidos a Tuscaloosa.

As temperaturas máximas oscilan entre os 21 e os 24 º C., cun apunte de 10º C. As mínimas, ainda máis ceñidas, entre 8 e 11º C., cunha soitaria aposta en 13. Sometes unha aposta sobre mollado, con 2 litros. O resto das cubetas, baleiras. Os refachos de vento, un pouco máis espallados, varían entre os 10 e os 38 km/h.

Xornada pois, con valores moi semellantes e onde a competitividade chegará a límites fora do común. Podes seguir a xornada meteo ao vivo dende este elace a partir das 07:00 horas desta madrugada (as táboas dende as 11 da mañá).

Apunte: a web da NOAA que enlaza dende a xornada ao vivo ten duas pestanas importantes para o seguimento da etapa. Unha é a de “5 minute observations”, que permite profundizar os valores acadados e a de “Int. Units”, que troca os valores de temperatura a grados Celsius, a chuvia a litros e o refacho de vento de millas a kilómetros por hora. Está á vista nos PC’s e nun menú nos teléfonos.

Na OjeteQuake temos un éxodo masivo cara o oeste do Pacífico, na parte occidental do Anel de Fogo. Dende Alaska ata Nova Zelada, preto de 30 apostas amoreadas, máis unha aposta no océano Indico e outra no Polo Norte compoñen o pronóstico sísmico da xornada do domingo.

Podes seguir a etapa sísmica ao vivo neste enlace a partir das 02:00 horas desta mesma noite.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Moon of Alabama Ler máis »