Suit jhom Alabama

Si, como dí a canción, “when the skies are so blue”. E así estivo o ceo a maior parte do día, e non se rexistrou chuvia na xornada inaugural da VIII Liga de Primaveira. Despois dun sábado moi tormentoso, o domingo amenceu solleiro, ideal para a caza de caimáns.

A temperatura baixou ata os 16º C. Na madrugada do domingo, pero cara a chegada da medianoite, no final da etapa os valores chegaron a uha mínima de 12º C. Todo mentras moit@s de nos durmiamos. Na hora da sobremesa acadóuse a máxima, con 26ºC. Os rexistros de vento da xornada ao vivo quedaron pequenos, cando a axencia comunicou un refacho de 27 km/h.

E a pesar da igualdade nas apostas, temos o pracer de aplaudir a vitoria en soidade de Sarabia. fomentada por unha boa predicción das temperaturas e cun vento baixo que a beneficiou no marcador. 57 puntazos. Noraboa polo inicio de competición.

Balboa, Landrán e Mutombo acadan a seguda mellor puntuación da etapa, con 56 pts. Moi consistentes nas súas apostas, presentan credeciais de seriedade nesta primaveira.

Unha mezcolanza de rapazada e experiencia forma o grupo coa terceira marca en Montgomery. Iago, Beocha, Nanuq, Mina, Breogán77, Michi e Botikas posiciónanse preto da cacheira da clasificación.

Así se completa o Top-11 da xeral de Primaveira. O resto, moi apertado e sen diferencias significativas de cara á resolución do torneo.

Podes profundizar nos datos da xornada no enlace baixo estas letras.

Polo que respecta á competición sísmica, a magnitude final foi baixa para o tipo de competición, 5,2 Mg, Despois de varios sismos menores en Papua, nas illas Kermadec e en Chile, a terra (auga) tremeu nas Illas Marianas, entre Filipinas e Xapón.

Víbora estaba no lugar correto e, ainda que outr@s andiveron máis finos, a combinación final foi a mellor. Michi e Jose Lopez dous puntos por tras, e tres máis alá, Xowi e Sarabia, que redondea a fin de semana coa vitoria meteo.

Se queres acadar tódolos datos da xornada sísmica, preme no botón que atoparás embaixo.

Saúde e sorte!!!

Suit jhom Alabama Ler máis »

A invasión USA

thumb logo viii liga primaveira eltiempoentuojete

eltiempoentuojete inicia o seu periplo no exilio na busca do clima húmido e inestable. E a parada e fonda establecéuse no continente americano, na zona do sur leste dos Estados Unidos de América. A primeira toma de contacto vai ser en Montgomery, no estado de Alabama. Agardabamos tormentas con gran recollida de chuvia pero semella que rematarán este mesmo sábado. Pero se fora seguro non fariamos prediccións… Ademáis a zona ten avisos (moderado/baixo) de posibilidades de formación de tornados.

As apostas de temperatura máxima oscilan entre os 22 e os 27º C., cun apunte á baixa de 14. As temperaturas mínimas, con alta amplitude, van dende os 7 ata os 16º C. Un terzo das apostas de pluviosidade auguran ata 2 litros de chuvia. O resto, en baleiro. As apostas de refacho de vento acadan os 48 km/h. cun mínimo de 12.

Grande amplitude nas apostas que permiten infinitos resultados onde o gañador pode ser calquera, ou, inda máis, poderías ser tí. Se queres seguir a xornada ao vivo podes facelo dende este enlace. O horario de inicio debería estar entre as 06:00 e as 07:00 horas desta mesma madrugada. As táboas actalizaranse á partir da mañá do domingo.

Pola banda da OjeteQuake World Globe, na sua cuarta edición, presenta unha maioría de apostas na costa oeste do Anel de Fogo, dende Fiji ata o norte de Xapón. Apostas tamén no continente americano e unha en Europa. A magnitude máxima rexistrada acada os 6.4 Mg. A etapa comeza ás 01:00 horas desta mesma madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.

Saúde e sorte!!!

A invasión USA Ler máis »

O novo horizonte

Dende eltiempoentuojete emprazámoste a un novo reto meteorolóxico. Desta vez será no exilio, como cada primaveira, buscando a chuvia e os climas húmidos. E desta vez escollemos un destino que poderíamos adxetivar de polémico. eltiempoentuojete visita por primeira vez ó “gardián do mundo libre”, o país con máis triglicéridos da paisaxe mundial: os Estados Unidos de América.

10 xornadas temos preparadas para a desputa da VIII Liga de Primaveira. Están encadradas en Alabama, Luisiana, Mississippi e Florida, os estados do Golfo (agás Texas). Visitaremos algunha das cidades con pasado colonialista francés, incluida New Orleans. Faremos parada e fonda na localidade natal de Elvis Presley, Tupelo. Tamén escolas militares de rancio abolengo coma Fort Lauderdale ou mitos das vacacións organizadas coma West Palm Beach ou a sede do Walt Disney World Resort, en Orlando. Semella que imos xogar entre o tempo dos tornados e o inicio da tempada de furacáns, pero os periodos nunca son estables cando falamos do clima. O que fai estilo común nas etapas da Liga do Sur dos USA son as zonas pantanosas, a música “dixie”, o gusto polas armas de fogo e o cariz republicano das políticas locais. O inicio da competición está datado para o domingo 11 de abril, con apostas no venres 9 de abril. A normativa será a mesma que rixe ás competicións en formato liga. Podes consultar a presentación da Liga, xunto co Calendario de Competición e o Regulamento meteorolóxico.

Pero ainda temos máis novidades para esta primaveira. A convocatoria anual coa nosa competición sísmica, a OjeteQuake, volta na súa 4ª edición a nivel mundial. O comezo da competición coincide co inicio da Liga de Primaveira e o seu remate será na derradeira cita da Ojete’s Cup, aló no inicio do mes de Septembro. Serán un total de 22 xornadas, a edición máis longa das desputadas. Podes atopar unha exposición máis precisa no enlace seguinte.

Se alguén advirte algunha falta de información, enlaces baleiros ou calqueira tipo de errata, rogamos a comuniquedes no noso correo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com

Tamén podedes utilizalo para solventar calqueira tipo de dúbida sobre a competición, o regulamento ou comentarios de mellora na execución da páxina web.

En breve iremos engadindo ás novas actualizacións en menús e enlaces coas páxinas correspondentes. O necesario para a desputa das competicións de primaveira.

Saúde e sorte!!!

O novo horizonte Ler máis »

Detalles da Liga

Despois do remate da VII Liga da Inverneira de Galiza podes atopar o máis destacado na Clasificación Xeral final. Pero imos resumir algúns datos estadísticos máis pequenos pero que poden dar lugar a comportamentos fachendosos pero fundamentados no ineludible escrutinio estadístico. Avanzamos algunhas delas, co compromiso de ampliar os datos en próximas datas. Publicamos unha orgullosa porcentaxe de acerto por parámetro e e xeral, gráfica de vitorias e penalizacións e un resumo das cifras manexadas nesta edición da Liga da Inverneira.

Ademais podemos ir avanzando a celebración da VIII Liga da Primaveira. Desputarase a partir do domingo 11 de abril, con aposta o venres 9 de abril. O lugar escollido é o profundo sur dos estados do Golfo, en Estados Unidos. A primeira visita ó gran país de Norteamérica, o máis (… escolle o adxetivo…) do mundo. Durante 10 xornadas percorreremos o gran pantano dos USA, entre xente descalza, con pantalón de peto e barbas vermellas, con mazarocas de centeo na boca e montados en furgonetas con rodas de tractor.

Durante a fin de semana publicaremos tódolos detalles da nova competición en exilio. E como, non, todo o que atingue á OjeteQuake World Globe, a nosa competición anual de terremotos, que arrincará na mesma data da Liga meteorolóxica de Primaveira.

eltiempoentuojete inicia a súa propia Invasión USA.

Saúde e sorte!!!

Detalles da Liga Ler máis »

Foto finish no Xistral

Impresionante final de Liga desputada na inédita estación de O Xistral, en Muras. E non defraudou o desenvolvemento da etapa nin as apostas d@s meteoludópatas implicad@s nas distintas loitas que se presentaban. Basta destacar que chegamos ao desempate por puntos en tres ocasións para o Top-10.

As temperaturas entraban nas prediccións de vari@s apostantes, pero entre as máis baixas. Ainda que a tarxeta da históricos de Meteogalicia amosa un 0, os gráficos diarios reflicten 0,1 litros recollidos cara as 22:30 h. Non muda nada. Os refachos de vento tamén soplaron no agardado, pero pola parte superior.

A xornada comezou con temperatura baixo 0 e mantívose estable ata o amencer para marcar unha mínima de -1º C. que foi definitiva. Isto deu vantaxe a Verducido sobre Botikas, pero o refacho, que iniciou a xornada por riba dos 80 km/h, acadaba os 95 km/h. cara as 02:00 horas e devolvía o liderato a Botikas na espera da resolución da temperatura máxima. Despois do amencer a temperatura comezou a medrar con facilidade. As 11 da mañá había 4,6º e ás 12:10 a marca era de 5,4º C., o que presaxiaba altas temperaturas no xantar. Pero nada máis lonxe da realidade. O mercurio estancóuse, oscilando entre os 5 e os 5,4, ata que pouco máis alá das 14 horas claudicou e iniciou o descenso coincidindo coa entrada de brétemas no norte do país. As esperanzas de Botikas esvaecíanse. Pero ainda o vento tiña algo que dicir e, ainda que decaeu no transcurso do serán, cara a noitiña voltou deixar valores por riba dos 80 km/h. O suficiente para acolloar a Verducido ata o remate da xornada.

Un único punto recuperou Verducido a Botikas, pero a vitoria de etapa fai que o desempate o beneficie pola maior cantidade de vitorias (3 a 2). Foi a Liga de Inverneira máis desputada ata o de agora. Nunca se chegara o desempate para derimir un vencedor final. Tras cortar unha xeira inédita de 3 vitorias finais consecutivas, Botikas cede de mala gana o trofeo a Verducido, que logra o seu segundo título, tras vencer na edición inaugural. Seis anos de paciencia e traballo despois chega a recompensa, adozada por superar (por moi pouco) ó mito meteorolóxico amateur de Botikas. Beocha acada unha das suas mellores participacións na competición, pero segue a agardar unha vitoria final que culmine a grande cantidade de podios que amorea. O bronce que pecha unha Liga sen vitorias para ela.

Por detrás, Modesto dominou a xornada do “grupo soicida”. Vitoria de etapa, a quinta da tempada, e un posto 4 que lle merecen o título de “novato do ano” e un dos mellores inicios na historia de eltiempoentuojete. Semellante ós inicios dalgún dos compañeiros de grupo, que non tiveron opción de réplica no Xistral. Víbora rebañou a distancia con Julio cunha aposta arriscada en vento, pero o desempate foi favorable a Julio no reconto de vitorias. No mesmo caso, Punteiro levou o desempate con Marius, á conta dunha mala aposta en refacho de Punteiro e unha gran xornada de Marius, que lle restou 6 puntos, pero sen mellora na xeral. Xowi acada o 9º posto nunha xornada sen obxetivos que perseguir. Pero na 10ª praza saltou a sorpresa. Un abatido Balboa, con 5 puntos de colchón cos antecesores, perdeu 7 con Mina, que acada unha posición máis acorde co seu pedigrí. Balboa tamén sentíu a presión con Landrán, quen, na sua 4ª vitoria da Liga, achegóuse a dous puntos despois de deixar cravado a Michi.

Destaca tamén a xornada de Breogán77, subindo 4 posicións na xeral, ata o posto 18. Popolo remata no 15, subindo tres postos.

En resumo, vitoria compartida en O Xistral de Verducido, Modesto e Landrán. Na Clasificación Xeral, Verducido primeiro, Botikas segunda praza e caixón de bronce para Beocha. Durante esta semana publicaremos algunhas estadísticas xeradas nesta VII Liga da Inverneira de Galiza. Ata entón, podes consultar o acontecido nesta derradeira xornada e os resultados xerais de toda a competición no botón exposto embaixo..

Tamén esta semana falaremos dos retos preparados para a Primaveira e o Vran nas competicións meteorolóxicas, e a OjeteQuake, con nova competición sísmica. Non perdas nada do que temos preparado para esta semana. Eso sí, sen a tensión da competición. Relaxa, relaxa… Ohmmmmmm…

Saúde e sorte!!!

Foto finish no Xistral Ler máis »