Meteopiratas do Caribe

Saudos, meteoludópatas.

Poñemos en coñecemento de tod@s, pero especialmente a quen se clasificou para a derradeira competición da tempada 2019/20. Tempada estrana pola irrupción da pandemia do COVID-19, pero que nós, deportistas da ciencia, pouco nos afectou a efectos do desenrolo das nosas funcións. E agardamos que non sexa un contaxio o que nos arrede a ningún/ha dos compoñentes de eltiempoentuojete da nosa labor filantrópica.

Para rematar a tempada, os 16 mellores xogador@s da VII edición do Torneo de Vran en Perú enfrentaranse nunha competición de un-contra-un no territorio caribeño de Belice, antiga escisión de Honduras e que presentará 4 xornadas onde cada contendente poderá mellorar ou rebaixar as posibilidades de clasificación. Non hai eliminados despois de cada rolda, os perdedores voltarán xogar para obter un posto mellor e os gañadores por chegar ó cumio da competición. Podes consultar a normativa e as fórmulas de desempate no Regulamento.

Tamén podes botar unha ollada ás etapas e o suministrador de datos dende a presentación da Ojete’s Cup 2020. Se queres coñecer o teu contrincante nesta primeira rolda, dalle un vistazo ó Cadro de Competición.

E recordade que a competición comeza o 9 de agosto, pero esta semana continúa a competición sísmica da OjeteQuake 2020, non esquezas apostar polo maior terremoto deste domingo.

Se tes algún tipo de dúbida, escribide o noso email eltiempoentuojete@gmail.com ou deixa unha mensaxe en Fala con nós!!, dende este enlace ou na barra lateral do blog principal.

Saúde e clima!!!

Meteopiratas do Caribe Ler máis »

Loitando ata o final

A 5ª e derradeira xornada do VII Torneo de Vran en Perú Selva déixanos o empuxe final de distintos meteoludópatas para acadar os seus obxetivos. O binomio de gañadores buscaba finalidades distintas, un por riba e outro por baixo. Julio loitou con pericia para recortar a diferencia co líder, roubando 4 dos 5 puntos que precisaba. O empate dáballe o Torneo por vitorias, pero Botikas é un líder con cachola suficiente para desenvolverse nestas tesituras. Acada o seu 5º título consecutivo e comeza a dar acidez estomacal. Norabóa a Botikas polo título e a Julio pola loita final. No terceiro posto do caixón está Breogán77, que da un paso adiante entrando na Ojete’s Cup coma cabeza de serie.

Atopamos ó outro compoñente do binomio gañador na parte máis baixa da clasificación. Precisaba achegarse ó posto 16, e conseguíuno. Ademáis, a vitoria fai que gañe o desempate con Sarabia, que queda fora do Top-16, para beneficio de Bar Pequeno. Noraboa polo torneo e polo final de infarto. A primeira participación no Torneo un-contra-un e xa lle toca o demo en persoa. Quizáis salte a sorpresa…

Para acadar tódolos datos da derradeira xornada do VII Torneo de Vran en Perú Selva, pica no botón de embaixo.

Na OjeteQuake World Globe, o epicentro do maior terremoto da xornada desplazóuse fora da zona de acción das apostas. Marchou cara o sur e localizóuse nas Illas Sandwich, con magnitude 6.3 Mg. Isto fixo imposible achegarse ós 400 puntos. A vitoria, en soidade, voltou cair nas mans dun especialista en quakes fora do establecido, ainda que nesta ocasión foi por cercanía. Oscar leva a vitoria, a terceira de cinco, e comeza a ameazar a Lukas, que mantén o liderato por unha puñada de puntos. Todo moi aberto pensando que restan ainda 5 xornadas e a inestabilidade da xeral é manifesta. Recorda que esta semana descansa a xornada meteorolóxica, pero a OjeteQuake segue o seu camiño e agarda as apostas antes das 24 horas deste venres.

Se queres coñecer o sucedido na 5ª xornada da OjeteQuake 2020, preme no botón baixo estas letras.

O longo desta semana desvelaremos os detalles da Ojete’s Cup 2020, a xogar en Belice, no mar Caribe e as eliminatorias ben postas nun cadro de competición. Recorda que esta semana continúa unha xornada máis da OjeteQuake 2020. E pon a mascariña…

Saúde e sorte!!!

Loitando ata o final Ler máis »

Non vai máis

Chegamos á derradeira xornada do VII Torneo de Vran en Perú Selva e moitas cuestións quedan ainda por dilucidar. Sobre todo moitos dos postos que dan acceso á Ojete’s Cup. O que semella que non vai trocar, a tenor das apostas, vai ser o líder destacado. A carencia de apostas en mollado pon máis sinxela a continuidade da racha vencedora do cacique de eltiempoentuojete.

As apostas de temperatura máxima van dende os 27 ata os 32º C. As de mínima oscilan entre os 16 e os 22º C. Somentes contamos con duas apostas en mollado, un litro por cachola, mentres o resto se mantén no seco. As apostas en refacho de vento, con máis amplitude, abarcan dende os 10 ata os 35 km/h.

Polo tanto, xornada moi apertada e coa emoción ata o final. Podes seguila ao vivo dende este enlace.

Na OjeteQuake temos un mapa bastante espallado, pero con epicentro no Anel de Fogo. Fora do mesmo somentes atopamos unha aposta en Oriente Medio, cara Yemen. Despóis dos grandes quakes desta semana en China (6.3 Mg.) e Alaska (7.8) deberiamos agardar unha xornada sen sobresaltos. Pero a Terra ten a sua propia movilidade…

Podes seguir o desenrolo da 5ª xornada da OjeteQuake ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Non vai máis Ler máis »

Caballococha sen regadío

A penúltima xornada do Torneo de Vran en Perú Selva deixa variados trocos na clasificación xeral. E todo pola carencia de precipitación na estación de Caballococha. As temperaturas estivron entre o agardado polos apostantes, mentras o vacío do capacho da auga penalizou a unha grande porcentaxe das apostas. O refacho sobrepasou a barreira dos 20 km/h., cousa pouco vista nestas latitudes.

Temos un gañador en soidade con 57 puntos que fan que ingrese no Top-16 chegando dende a fochanca do purín. Bó exemplo a tomar en conta na derradeira xornada se estás alá embaixo. O líder reforza o liderato e semella compricado que non acade a sua 5ª competición consecutiva. Os dous novatos da tempada están no Top-10, mantendo un nivel máis que óptimo e ainda poden loitar pola vitoria. Na zona que da acceso á Ojete´s Cup 2020 abundan os defensores de posición e @s múltiples depredadores que tentarán derrocar @s predecesores. Pode ser unha loita sen piedade e quizais teñamos que acudir ó desempate para desentrañar o misterio. Non perdades Iñapari, a triple fronteira con Brasil e Bolivia.

Acada os resultados recollidos da 4ª xornada do Torneo de Vran en Perú Selva no botón de embaixo.

E achegándonos ó ecuador da Liga OjeteQuake, a 4ª xornada ven definida pola non aparición dun dos expoñentes da predicción sísmica. Así, deixa o camiño libre ó que hoxe ten máis de 100 puntos de vantaxe sobre os persecutores. Pero nunha competición destas características, con trocos moi contundentes. Ademáis atopamos o gañador en soidade, con 479 puntazos, xa na parte alta da xeral. Segunda vitoria nesta edición, as mesmas que na sua historia, polo que pode que ande na llama. Ninguén está lonxe de máis coma para non recuperar os puntos cando ainda quedan 6 xornadas.

Para examinar os datos da 4ª xornada da OjeteQuake World Globe 2020, pica no botón de embaixo.

Saúde e sorte!!!

Caballococha sen regadío Ler máis »