A xustiza de Lorenzo

A xornada desputada en Lira esta fin de semana estivo marcada polo tempo solleiro e un vento feble que resultou nunha alta puntuación de case tódol@s meteoludópatas.
A temperatura máxima rondou os 18º C., pero quedou en 17. Mesmo caso para a mínima, que se achegou ós 11º C., pero rematou nos 12 definitivos. Co parámetro da auga no peto, o vento poido ter protagonismo, pero quedou nunha marca pouco por riba dos 20 km/h. Poucos trocos ó longo da xornada, e non mudaron na távoa de resultados dende o mediodía, cando, as 12;00 , quedaron fixos os parámetros. Ainda así houbo que agardar ata o final da xornada para acadar os resultados definitivos.
Éstes resultaron nunha vitoria cuádruple, con Iago, Popolo, Víbora e Nanuq coma protagonistas con 58 bonitos puntos. Para Iago e Popolo supón unha inxeción de moral vendo cómo lles vai nesta edición. Olvidados máis alá do posto 20, estas vacas sagradas non atravesan o mellor momento. Isto muda para Nanuq e Víbora. O primeiro trata de se achegar ó Top-3, consolidando a posición. Víbora ingresa no Top-10, tentando recuperar sensacións cara o tramo montañoso da liga.
Un punto por tras, 57, unha recua de ludópatas. Botikas colle o mando, ainda que a távoa non fai conta das vitorias. Beocha queda a un só punto do liderato compartido e mete o Top-3 nunha puñada. Nanuq tenta pechar o burato con este grupo e coller aire cos persecutores. Xowi afiánzase na 8ª praza. Juanito Caminante, Aki e Budainca petan na porta do Top-10 recuperando confianza cara a montaña. Tamén asoma a cacheira Kaltxón, ainda que dende un posto preto do purín. Isto pecha o Top-10 da xornada.
Algúns detalles importantes. Verducido perde o liderato, ainda que só por unha vitoria, pero ve como Beocha tamén ameaza a posición. Michi segue caindo na clasificación xeral, esta semana somentes 52 puntos. E coma case tódolos anos, unha leción de vida. Mutombo perdeu 10 puntos por tardón. Estaría na plantilla de gañadores en Lira se non fora por apenas unha hora. E, como dicimos, non é a primeira vez…
E para acadar tódolos datos da xornada desputada en Lira, preme no botón abaixo exposto.
Na próxima xornada, en A Gándara, despediremos a costa de Galicia para percorrer o interior do país, con especial virulencia nas provincias de Lugo e Ourense.
Grazas por seguir a competir con nós e por coidarte.
Saúde e sorte!!!
Lentes de sol
Non semella normal que teñamos que sacar as jafas de sol en manga corta. Mediados de novembro e as temperaturas máximas acadan niveis fora de contexto. Pero se saes da casa na mañanciña recordas que o inverno está enriba. O normal é morrer afogado no mediodía coa roupa que precisas no amencer.
Vista a situación anticiclónica semella un respiro despóis das derradeiras xornadas. E iso reflicten as apostas en Lira.
As temperaturas máximas oscilan entre os 14 e os 20º C. As mínimas non superan os 12º, amosando 8º na faceta máis baixa. Ninguén apostou auga, polo que o parámetro non será decisivo nesta ocasión. Polo que compete ós refachos de vento, van dende os 15 ata os 65 km/h., ainda que se agrupan na sua maioría entre 20 e 35 km/h. Con apostas tan axustadas nas mínimas, no refacho e, por suposto, na auga, pode ser a temperatura máxima o parámetro a ter máis en conta. Sería unha milagre que obtivéramos un único vencedor@, pero non sería estrano ver un pleno histórico.
Se queres seguir ao vivo esta xornada tan apertada, podes picar neste enlace á xornada ao vivo en Lira, a partires das 01:00 desta madrugada.
As apostas:
Saúde e sorte!!!
Subestimada
Moitas veces dende eltiempoentuojete desprezamos, e incluso avergonzamos ás axencias meteorolóxicas profesionais. Hoxe debería de ser unha desas ocasións, pero de cando en vez miramos o noso embigo. E non podemos falar de ledicia polo traballo feito. A pesares de ser unha das estacións de Meteogalicia que máis chuvia recolle dende tempo atrás, a realidade sobrepasou á maioría de apostantes.
Cara as 05:00 horas da madrugada a estación Muralla xa recollera 40 litros de auga e e reportara un refacho de vento de 77 km/h. Fin da partida para moit@s meteoludópatas. O refacho non mudou, pero na cubeta da estación cairon 11 litros máis ata chegar ós 51 litros definitivos. Iso rematou cos derradeiros puntos que ainda quedaban na casiña da chuvia.
No tempo de facer as contas, somentes dous competidores acadaron algún puntiño pluviosidade. O gañador da etapa, Balboa, colleitou 9 puntos en auga, o que lle deu a vitoria cuns míseros 40 puntos. 3 puntos en auga colleitou Nanuq, pero quedou nuns 29 puntos escasos para un Top-5. O mellor sen puntos en auga foi Marius con 38 pts., que cubriu con creces o resto dos parámetros e chega na segunda praza da xornada. Con 37 atopamos a Botikas, Julio e Landrán, presuntos aspirantes ó título. Con 36 están Verducido, Beocha, Modesto e Oscar. Punteiro, Xowi e Mina, con 35, pechan os mellores da xornada. O pior da xornada, aparte dos penalizados, Kalandrakas con 22 pts. Breogán77 con 25. e Michi con 26 puntos.
Na clasificación xeral Verducido segue a liderar, con Botikas e Beocha a 1 e 2 pts. respetivamente. Julio acada o Top-5 xunto con Nanuq, pero cun burato de 16 pts. respecto ó Top-3. Punteiro chega ó 6º posto despois da debacle de Michi, que baixa ata a 6ª praza. Pouco por tras, Marius, Mina, Xowi e Balboa escadan posición cara o Top-10, do que caen Sarabia, Jose Lopez e Aki, ainda que están na fronteira. O resto, procesionarias con distintas puntuacións…
Se queres consultar os resultados do acontecido na xornada de Muralla, pica no botón embaixo estas liñas.
P. D. Semella que o do anticiclón ainda está por ver. Cousas do outono…




