Antes do anticiclón

Predición de Meteovigo na vindeira semana.

Semella que as altas presións van collendo forza no litoral galaico e agárdase unha situación anticiclónica cara a semana que entra. Pero antes do sol, imos ter unha chegada de ventos húmidos do Atlántico que van achegar chuvia á fachada oeste da comunidade. Ademáis, a estación metorolóxica de Muralla adoita entrar entre as Top entre pluviosidade das de Meteogalicia.

Nas apostas atopamos moitas diferenzas, sobre todo nos parámetros de chuvia e vento, polo que agardamos moitos movimentos ó longo da xornada. Nas apostas de temperatura máxima temos valores dende os 13 ata os 18º C. As mínimas, establecidas entre os 7 e os 14º C. Moita apertura nas apostas sobre pluviosidade, que van dende os 3 ata os 40 litros. Os refachos de vento comezan en 23 e acadan os 75 kms/h. Con estas cifras somentes podemos agardar unha xornada a cara de can, con emocións cambiantes e trocos variados na clasificación da xornada e, por alusión, na xeral absoluta.

Se queres seguir a xornada ao vivo, pica neste enlace á etapa en direto, que refresca cada 10 minutos (se todo sae ben).

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Antes do anticiclón Ler máis »

Os outonos de sempre

Seica nestes dous últimos anos o outono volta ofrecer a cara máis coñecida do país galego. Chuvia e vento achegados polas borrascas que surcan o Océano Atlántico fan das xornadas de eltiempoentuojete unha incógnita constante neste inicio de tempada.

Landrán foi o máis acertado en Cequeliños con 54 pts., axustando a chuvia ó límite e perdendo 3 puntos en cadanseu parámetro. Un derradeiro litro déulle a vitoria por diante de Xowi.

Xowi, con 53, achégase ó Top-10 compartindo posición con Botikas, tamén no segundo caixón do podio. Budainca sitúase pouco por tras de Xowi, e, na mesma zona atopamos ó novato, Modesto, recuperando o terreo perdido no inicio da competición.

A seguir a este grupo están Verducido, que conserva o liderato con 2 puntos de adianto, e Kaltxón, que trata de sair do pozo do purín. Acadaron os 52 pts.

Con marca e 51 está Michi e Punteiro, metidos na loita interna do Top-10. Marius sube con obxetivo no Top-10 e M. B. Juaquín demostra que cando se chega sen retraso o resultado é mellor.

Con 50, Beocha comparte agora a segunda praza da xeral. Oscar tamén mellora, pero moi afundido no esterco.

Estes 13 nombrad@s son os únicos que acadaron os 50 puntos nunha xornada moi compricada, pero que non afecta en demasía á clasificación xeral.

Na zona séptica afogaron Mingos e Kalandrakas, perdendo posicións importantes, Denodeno simplemente botou máis chumbo no lastre e semella cómodo fondeado na piscina do xurro. Un saudo agarimoso para Mutombo, que marchou de farra con Jean Reno, facendo cine no sur do noso país. Vaia excusa… a ver se apañas un Goya!!

Para acceder a toda a información correspondente a Cequeliños, 7ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete, pica no botón embaixo estas liñas.

Saude e sorte!!!

Os outonos de sempre Ler máis »

Tolemia no Atlántico

Imaxe do Atlántico hoxe ó mediodía

Nova xornada baixo a influencia das borrascas formadas no Atlántico. Para nós, reflíctese nunha nova etapa sobre mollado na VII Liga da Inverneira. Agora recordo as prediccións que para Galicia dedicou a axencia estatal de meteoroloxía, Aemet. Eiquí deixo un enlace a La Voz de Galicia onde se recollen estas declaracións: “Galicia tendrá un otoño cálido y seco”.

Para os competidores na porra meteorolóxica de eltiempoentuojete significa un novo domingo de emoción ata o derradeiro minuto. Desta vez na comarca da Paradanta, tanto as nosas prediccións coma os das axencias PRO indican tempo revolto, con chuvia, vento e pouca amplitude térmica. Outra ocasión para reivindicarse e tratar de escalar na clasificación xeral.

Nas apostas sobre temperatura máxima, os valores van dende os 13 ata os 17º C. As mínimas, entre os 9 e os 15º C. No que atingue á chuvia, as apostas están entre os 6 e os 24 litros, cunha única e arriscada aposta sobre seco. Os refachos de vento oscilan entre os 15 e os 74 km/h.

Deste xeito agardamos unha axustada e emocionante competición, que comezaremos a emitir ao vivo dende as 02:00 h. da madrugada do domingo e que podes seguir dende este enlace ao vivo.

As apostas:

Saudiña e sorte!!!

Tolemia no Atlántico Ler máis »