Nas terras do vento

Segundo asalto desta XII Liga da Inverneira, desta vez trocamos ata de provincia, para achegarnos ata a costa luvense, no concello de Viveiro, na estación de Penedo do Galo, un referente nos refachos de vento da comunidade galega. A ameaza de borrasca quedou en nada, ou case nada pola oposición do anticiclón, pero ainda así temos ante nós unha etapa que non será un camño de rosas, ainda que tampouco unha toxeira. E non nos esquecemos de saudar moi cordialmente a Bar Pequeno, que perdeu a etapa inaugural na súa casa, Corrubedo. Benvido á túa casa!!

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 15 ata os 22º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 11 e os 17º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 4 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 65 km/h.

Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Nas terras do vento Ler máis »

Amosando a calidade

Deu comezo a XII Liga da Inverneira de Galicia, de novo no concello de Ribeira, na mítica estación de Corrubedo. E sendo unha etapa cunha probabilidade de chuvia morniña, os resultados foron espectaculares. Somentes os 3 penalizados estiveron por baixo dos 50 puntos, e dous deles, de cumpriren os prazos, estarían no Top-10 en Corrubedo. Non sendo Julio, os grandes aspirantes ó título apíñanse en menos de 5 puntos, cinguidos polo resto de candidatos caladiños para non espertar sospeitas. Incluso temos que felicitar ós morróns, eses novatos de 1º ano. A calidade das apostas estivo por riba de calqueira espectativa imaxinada.

A temperatura mínima acadou na madrugada os 12º C. Na tardiña acadóuse a máxima diaria con 319º C. A presencia da chuvia non foi acusada nin sequera na humidade, a seca foi predominante. O vento marcou un refacho máximo de consideración con respecto a este país de 40 km/h.

E deste xeito atopamos os primeiros vencedores da tempada de outono. Ata 3 concursantes, a cada cal nun momento máis distinto, acadaron os 59 puntos, preto do pleno que aquí xa se acadara fai un par de tempadas. Botikas, recente gañador da Ojete’s Cup en Pakistán, Xowi, que concluíu coma derradeiro clasificado e Mingos, desaparecido durante o vran, foron o trío triunfante nesta etapa inaugural. Mallaron por igual as temperaturas e a pluviosidade, deixando menos de 5 km/h do bingo en refacho, nunha exhibición de predicción nostradámica. Encabezan a primeira posición da xeral en Corrubedo.

Con 58 puntos e un desenvolvemento notable no concello de Ribeira, sítúanse un punto por tras Verducido, Beocha e Modesto, que durante un breve periodo de tempo foron líderes desta xornada. Díxitos moi axustados para situarse no Top-10 agochados á espera do erro dos destacados. Verducido e Beocha sempre aspirantes e Modesto coa nasa lanzada.

No terceiro grupo, con 57 puntos, tamén atopamos candidatos que precisan dar un paso adiante. Marius, Landrán e Kaltxon son eternos rapaces de ouro á espera de eclosionar. Temperaturas con xeito pero dos que se agardaba máis, ainda con predición xeral resultona. Neste grupo colóuse M.B.Joaquín, gran xogador de etapas soltas con chuvias torrenciais que nesta ocasión completou unha grande etapa en seco. Completan o Top-10 desta aperura nas montañas de area.

Estes foron os 1o mellores competidores nesta etapa de Corrubedo. Para acadar tódolos datos recollidos na primeira etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Amosando a calidade Ler máis »

Apertura de curso

Unha vez máis nos atopamos en Corrubedo, no concello de Ribeira, para inaugurar o curso meteorolóxico amateur de eltiempoentuojete. Iniciamos deste xeito a XII Liga da Inverneira, con sede en Galicia, na primeira das 27 etapas que nos van levar ós catro puntos cardinais do país. Esta xornada semella que non vai ter moita zorza pra chourizo pero alomenos existe a posibilidade de precipitacións, dentro dunha pequena fronte que vai cruzarnos sen tempo a darnos conta.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 17 ata os 21º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 11 e os 15º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 24 ata os 49 km/h. cunha aposta á baixa de 6 km/h.

Semella compricado de predicir vencedores con estas pequenas diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Apertura de curso Ler máis »

XII Liga da Inverneira. Galicia calling

Xa está argallada a 12ª tempadas das competicións de eltiempoentuojete. E, como non, comezaremos coa competición senlleira das que se compón o periplo anual da porra meteorolóxica.

XII Liga da Inverneira de Galicia está en preparada e agardamos que todo, ou case todo, esté disposto e amañado con toda a información precisa para o inicio desta primeira xornada, que será, coma sempre, na estación meteorolóxica de Corrubedo, no concello de Ribeira. Sendo a primeira xornada agardamos faios, erros e demáis contratempos, como adoita ser lóxico e corrente ó longo dos anos. Coma sempre esperamos da túa colaboración exercendo de “chivatos” dos desatinos que atopedes. Agradecerémolo de corazon e evitaranse males maiores de cara ó resto da competición, que é moita.

Unha característica especial vai definir esta edición. Vai ser a máis longa ata o de agora con 27 etapas. Isto débese á celebración da xornada número 500 de eltiempoentuojete. Que menos que festexala na casa, por este motivo as 27 etapas. E, por suposto, vai cadrar na derradeira, a que conmemora o final da Liga da Inverneira en Xesteiras, no concello de Cuntis.

Benvida con pasarrúas e gaiteiros para os novos integrantes, The Profesor, Cris e Enrico Ferni. Agardamos que vos sintades cómodos e que demostredes ás vellas glorias que o viño novo ten grado e acedume.

Queres entrar na historia da meteoroloxía amateur? Este é o teu lugar. Únicos e pioneiros. Festeiros e pseudo científicos. Quén da máis?

XII Liga da Inverneira. Galicia calling Ler máis »