Sen nada resolto

A persistencia da seca nas xornadas da VII Liga de Primaveira fixo que deixemos todo o importante para a derradeira xornada. Ademáis de temperaturas dentro do agardado, o vento foi medio/baixo e tampouco estivo lonxe da maioría das apostas.
Vitoria en grupo, 6 morlacos 6, con 58 puntos. Somentes un repetidor, o resto inaugura o seu casilleiro nesta edición. Destaca o novato, preto da vitoria pero sen sorte, suma o primeiro trunfo en eltiempoentuojete. O tema das vitorias será decisivo no caso de empates en puntos ó final da competición. Os 7 primeiros teñen vitoria, dous deles dúas. Entre o primeiro e o cuarto, somentes 1 punto de diferencia. Se a derradeira xornada, Perisher Valley, xogásemos sobre seco, nestes 4 estará o trunfo final. Pero a xornada final é unha estación de montaña e, no caso de chover, os 7 primeiros poderían optar ó título. Incluso, no caso de moita chuvia, calqueira podería estar en disposición de gañar.
Pero se o que queres é analizar os datos de Sydney por tí mesmo, preme no botón abaixo exposto.
Saúde e sorte na derradeira!!!
A penúltima
A Liga de Primaveira pode marcar un hito nas competición de eltiempoentuojete. Pode ser a primeira Liga xogada integramente sobre seco, se non se resolve esta cuestión nas 2 xornadas que quedan para rematar.
As prediccións da xornada incluen temperaturas máximas entre 19 e 22º C. As mínimas van dende os 10 ata os 13º C. As postas en pluviosidade somentes contemplan unha aposta en mollado con 2 litros. O resto, baleiro. O refacho de vento vai dende os 25 ata os 45 km/h.
Con esta perspectiva atísbase unha xornada moi moi apertada e que podes seguir ao vivo dende este enlace.
As apostas:
Saude e sorte!!!
O medo (seco) no corpo

A 8ª xornada de Primaveira en New South Wales amosou que non se precisa chuvia para trocar a xeral. Somentes fai falta que exista unha ameaza leve para que moit@s meteoludópatas perderan moito do acadado ata o de agora. A chuvia non fixo a sua aparición e, ainda que as apostas en pluviosidade non foron altas, a perda de puntos foi considerable. As temperaturas, tanto máximas como mínimas estiveron por riba do agardado pola maioría. O refacho de vento estivo na media xeral das apostas e non foi tan decisivo coma o resto dos parámetros.
Gañador en soidade, dos que se deixan ver pouco a pesar de ser modelo (coma persoa). A vitoria fai que acade o Top-10, a somentes 10 puntos do liderato. Éste volve cair nas mans do cacique de eltiempoentuojete nas derradeiras tempadas. Está a buscar a gloria de ser o primeiro xogador en gañar as catro competicións da tempada meteorolóxica. Pero os cans persecutores van facer o impensable para evitar un desenlace sen premio. Como derradeiro comentario, mención especial a un dos “tardosos” da xornada, a quen eses 18 minutos de retraso cóstalle o liderato en soidade na clasificación xeral. Estaría primeiro se non fora por 18 minutiños!!. Eu tatuaría o noso logotipo na man do mexo…
Para acceder a tódolos datos da xornada en Port Macquarie, New South Wales, preme no botón embaixo exposto.





