Vento decisivo

A xornada en Castro Vicaludo desputóuse sobre seco e baixo o sol. As temperaturas estiveron dentro do agardado, ainda que por baixo da media das prediccións. Tamén o vento rexistrou valores acorde as apostas, pero cara a caida da tarde foi decisivo para escoller o gañador.

A vitoria levóuna en soidade Jose Lopez, que ata as 21:00 horas compartillaba o primeiro posto con vari@s meteoludópatas. Unha subida do parámetro de 1 km/h fixo que a balanza caese do lado do vencedor final. Primeira vitoria do ano e 6º posto na clasificación xeral.

Con un punto por baixo atopamos a grande cantidade de apostantes, moit@s deles perxudicados polo derradeiro troco no vento. Kaltxon e Mutombo saen do pozo a conta dos 57 puntos. Mina e Juanito Caminante achéganse ó Top-10, mentras as tres B’s, Botikas, Beocha e Balboa acomódanse neste Top. Balboa ademáis acada o liderato con 3 puntos de diferenza cos persecutores.

Con 56 puntos e historias variadas topamos con Oscar, Kalandrakas, Julio, Verducido e Nanuq, ascendendo na xeral en diferentes tramos.

55 puntos teñen Lume e Punteiro, o que lles vale para entrar no Top-10 da xeral. A Xowi e Aki esta puntuación achégaos ás portas do mesmo top. Budainca e Modesto, o novato do ano tentan sair do pozo, da mesma maneira que o tardoso M. B. Juaquín, faroliño bermello do pelotón. Aquí remata a lista d@s que merece a pena resaltar no concello de Oia.

Coma descensos máis destacados, os do antigo líder, Michi, que mantén o segundo posto, pero cos lobos lambéndolle os talóns. Landrán e Popolo perden o Top-10 e deberán remar para recuperar o terreo perdido.

Por baixo dos 50 puntos, somentes 3 xogadores. Marius fixo boa xornada a pesar da penalización por tempo. Pouco máis fixeron Denodeno e Bar Pequeno, que van tirando polo chan o comezo esperanzador en Corrubedo.

Se queres sacar as tuas propias conclusións do acontecido en Castro Vicaludo, preme no botón de embaixo para acceder a toda a información.

Saúde e sorte!!!

Vento decisivo Ler máis »

Destino Oia

Semella a priori que a de Castro Vicaludo vai ser unha xornada case de transición, por mor do anticiclón que reina na península ibérica. Pero de sobra sabemos que as estacións de Meteogalicia sitúanse en lugares onde o clima é moi extremo.

Nas apostas de temperatura máximas temos valores entre os 16 e os 24º C. As mínimas van dende os 7 ata os 14º C. Uniformidade na pluviosidade, ninguén arriscou na chuvia. Polo que toca ós refachos de vento, están enmarcadas entre os 22 e os 71 km/h.

Polo tanto, xornada que vai ser moi competida á conta da uniformidade nas apostas. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace, a partires das 02:30 h. da madrugada do domingo.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Destino Oia Ler máis »

Outono no Penedo

Grande xornada a desputada no Penedo do Galo este domingo baixo a influencia de Alex, a borrasca que fixo das suas en Centroeuropa. Eiquí na Galiza non foi tanto, pero deixou unha competición espetacular para os meteoludópatas de eltiempoentuojete.

A temperatura tivo pouca amplitude térmica e deixou rexistros de 12 e 8º C. A auga recollida chegou ata os 13 litros e o refacho acadou unha velocidade de 84 Km/h.

Balboa foi o vencedor en soidade cunha aposta que somentes perdeu un punto por parámetro. O resultado deixóuno na segunda praza da xeral, a somentes un punto do líder.

O líder, Michi, acadou a segunda praza da xornada e mantén a posición de privilexio na távoa xeral.

Verducido e Beocha están no terceiro peldaño da etapa e entran no Top-10, a 4 e 5 puntos respetivamente do liderato.

Por tras, Nanuq, Landrán e Modesto acadan 54 puntos. Nanuq sube ata o terceiro posto, Landrán achégase ó Top-10 e Modesto, novato con aspiracións que esquece o varapau da xornada inaugural e comeza a trepar pola clasificación xeral.

Sarabia, Lume e Botikas pechan o Top-10 en Penedo do Galo e tod@s entran no Top-10 da xeral, posicionad@s coma aspirantes ó título.

Por baixo, unha mala selección en tódolos parámetros soterran a Breogán77 e a Bar Pequeno, vapuleados por un penedo duro de roer.

Pero se queres acadar tódolos datos resultado da etapa en Penedo do Galo, pica no enlace de embaixo.

Saúde e sorte!!!

Outono no Penedo Ler máis »